Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Fosas de San Xián Homenaxe ás vítimas das fosas de San Xián.
Skip to content

Relacionados

Homenaxe ás vítimas das fosas de San Xián. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Fosas de San Xian
Mércores, 28 Xullo 2010 00:10
Como xa se vos informou nun anterior artigo o próximo sábado 31 de xullo ás 12 da mañá, na sede do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, avda. da Feira 10 baixo, Gondomar) procederemos á entrega aos seus familiares dos restos de Abilio Araújo Barbosa e Manuel de Prudencio del Rosario que exhumamos na Fosa 1 de San Xián (O Rosal).
Os dous están debidamente identificados polo informe anatómico forense realizado polo doutor Fernando Serrulla e polo análise de ADN realizado polo Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago que dirixe o prof. Carracedo.
Así mesmo faremos entrega dos restos do terceiro cadáver sen identificar e que supomos pertence a un mozo chamado Manuel ou Jesús e que traballaba na panadería de Laureana en Gondomar e que a familia de Abilio Araújo vai soterrar con este.
No acto, aberto a todas aquelas persoas que queiran render homenaxe a estas tres vítimas da brutal represión desencadeada despois da sublevación militar-fascista de xullo de 1936, estarán presentes ademais dos familiares de Abilio e Manuel e dos membros do IEM que participaron na investigación histórica e na escavación arqueolóxica e será conducido pola escritora e profesora Rexina Vega e contará con breves intervencións de Carlos Méixome e Xosé Lois Vilar, do doutor Fernando Serrulla, do catedrático da Universidade de Santiago e director do proxecto Os nomes, as voces, os lugares, Lourenzo Fernández Prieto, da ex-conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e dos familiares de Abilio e Manuel.