Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

De A a X. Unha historia de amor e resistencia. Venres 24 de novembro ás 20:30h.

O vindeiro venres 24 de novembro ás 20:30 , o IEM acollerá a obra De A a X. Unha peza de teatro contada en cartas de John Berger. Unha historia de amor e resistencia.
O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 baixo, Gondomar.

Xela Marx e Fiona Battersby convidan a compartir a escritura deste poeta, humanista, activista que deixou este mundo no comezo do ano.

Nas súas palabras:

"Cada ser é de máis breve de todas as cousas. Todo o mundo é todo o mundo; e a única cousa que nos frea nese coñecemento, é este ego que é mortal "

De A para X é uma história escrita em forma de cartas. John Berger a escreveu depois de escutar hora tras hora histórias das pessoas na Palestina. A história, porém, poderia acontecer em qualquer lugar.
Aida escreve ao seu amado Xavier que está na prisão. É uma ode ao amor tanto quanto um grito contra a injustiça no mundo.
As palavras que foram infundidas com ternura e uma profunda consciência do estado humano, são chamadas a serem encarnadas.
John Berger escreve: " Uma história escrita é como uma linha reta, um caminho que vai em direção ao horizonte.
Quando as palavras entram no teatro, porém, se convertem em parte de um círculo. "

Está en:  Inicio
Skip to content
TERTULIA do IEM con Miguelanxo Prado PDF Imprimir Correo-e

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Luns, 28 Xaneiro 2013 23:50
18213_I_Miguel-Anxel-Prado

Este venres, 1 de febreiro, TERTULIA do IEM con Migelanxo Prado, o coñecido creador vinculado á ilustración, os comics, a cinematográfía, así como a outros eidos da cultura. O convidado será
presentada polo debuxante e biólogo do CEMMA, Alfredo López (TOKIO).
Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será o próximo vernres 1 de febreiro de 2013 ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ata o xoves 31 de xaneiro ás 22 horas.