Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación do libro: Carlos Casares. Vida e literatura. De Damián Villalaín.

Presentación de

Carlos Casares. Vida e literatura.

De Damián Villalaín.

Unidos pola amizade con Carlos Casares, Camiño Noia desde a súa etapa de compañeiros de carreira na Universidade de Santiago e Damián Villalaín compartido responsabilidades na Editorial Galaxia durante máis dunha década, ambos amigos ofrecerán unha breve “tertulia” á maneira do lembrado e celebrado Carlos Casares.
Damián Villalaín (Vigo, 1958) é licenciado en Historia da Arte e na actualidade profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Escritor, crítico teatral, editor e xornalista, traballou na revista "Tintimán" e nos xornais "Atlántico diario" e "La Voz de Galicia", foi director do Centro Dramático Galego e subdirector da editorial Galaxia (1991-2002). En 2002 encargouse, xunto con Xan Carballa, da edición do libro Carlos Casares. Os amigos, as imaxes, as palabras. Membro da Fundación Carlos Casares, é un dos mellores coñecedores da figura humana e literaria deste escritor.
O acto terá lugar o vindeiro venres 2 de xuño ás 20:30 horas, para poder rematar ás 22:00, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.
Está en:  Inicio
Skip to content
O Cabrón mostra a súas primeiras xoias
Mércores, 28 Xullo 2010 22:14
limpeza-web6Xa comezaron os traballos arqueolóxicos na estación arqueolóxica de O Cabrón, no Concello de Arbo. Entre as viñas que dominan a paisaxe, o primeiro "choio" foi limpar o eido onde comezará a escavación para descubrir os perfiles que permitirán analizar a estratigrafía do lugar.
Ler máis...
 
Nova Xeira do IEM: A Groba: de A Valga a San Xián.
Martes, 27 Xullo 2010 22:46
webA Chan da Lagoa é o noso próximo punto de encontro, é a serra da Groba o obxectivo desta nova xeira. Teremos por guía a un dos homes que máis a quere e coñece: Xilberte Manso. Levaranos  polos roteiros máis fermosos e máxicos desa perola dos concellos de Oia e O Rosal. A saída é ás 18 h do próximo mércores 18 de xullo. Axuntamos a folla informativa e picando aquí o mapa do punto de encontro. Esperámolos
 
Os restos dos veciños de Gondomar exhumados en San Xián (O Rosal) serán entregados aos seus familia
Mércores, 28 Xullo 2010 21:18
plotter-recortado-webO próximo sábado 31 de xullo ás 12h. na sede do Instituto de Estudos Miñoranos (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da feira 10, Baixo, Gondomar) procederase á entrega aos seus familiares dos restos de Abilio Araújo Losada e Manuel Prudencio do Rosario. Os restos do terceiro asasinado, do que se descoñece a súa identidade, será soterrado xunto aos de Abilio Araújo Losada no cemiterio parroquial de Chaín. A súa vez os restos de Manuel Prudencio do Rosario serrán soterrados en Santo Tomé de Freixeiro.
Ler máis...
 
Novos muíños atopados enriquecen o patrimonio arqueolóxico do Val de Miñor.
Martes, 27 Xullo 2010 22:33
xuventude_estudos_mioranosPreto da Chan da Lagoa (Os Outeiros da Tomada de Pías) na serra da Groba atopáronse catro novos muíños naviculares de soporte fixo. O descubrimento tivo como protagonista a Anxo Rodríguez Lemos, membro da Xuventude do Instituto de Estudos Miñoranos.
Ler máis...
 
Un músico miñorán: Germán Lago Durán.
Mércores, 28 Xullo 2010 19:52
Orquesta_IbricaO noso compañeiro Antonio Valverde Alonso  (IEM) achegounos unha xoia do director musical Germán Lago Durán, fillo adoptivo do Val de Miñor. Trátase dun conxunto de gravacións da Orquesta Ibérica de Madrid: "un conjunto español de guitarras y laúdes único en el mundo", tal cal reza na portada do álbum.
Ler máis...
 
Reportaxe en imaxes da Xeira Rupestre de Monte Tetón
Martes, 27 Xullo 2010 19:02
Monte_tetnVisita o roportaxe en imaxes da Xeira Rupestre de Monte Tetón. Pica aquí.
 
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 195 196 197 198 199 Seguinte > Final >>

Páxina 192 de 199