Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

O IEM e o Concello de Gondomar homenaxean a María Victoria Moreno.

O acto terá lugar na Paradela, na praza Latino Salgueiro de Gondomar, e comezará ás 19:30 horas

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o concello de Gondomar, a través da concellaría de Cultura, celebrarán as Letras galegas cunha homenaxe á escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica a data este ano.

Os escritores Iria Misa e Miguel Anxo Mouriño lerán fragmentos da obra desta profesora estremeña que namorou da lingua galega e dedicou a súa vida a escribir en galego, especialmente para os máis novos e novas. Ese lectorado tan presente para María Victoria Moreno estará representado neste acto por alumnado do CEIP Neira Vilas e IES plurilingüe Terra de Turonio, que lerán fragmentos de Eu conto, ti cantas.

Acompañando á palabra recitada estará o grupo musical Xardín desordenado que interpretará pezas do seu último traballo, "A vitoria da luz", baseado en textos de María Victoria Moreno e pechará o acto. Tamén, durante todo o acto a pintora Irene Silva realizará un mural en directo.

Palabra, música, pintura únense así para festexar a nosa lingua, esta que tanto amou María Victoria Moreno, quen non dubidou en utilizala no ensino ou en dar aulas de lingua alí onde for requirida en tempos da ditadura franquista. Os seus versos, os seus relatos en que os animais teñen un papel principal, o seu amor pola lingua son o legado que nos deixa unha estremeña que un día namorou deste noso país.

Está en:  Inicio
Skip to content
Fillos de Roxos: Testemuña de Antonio Monroy
Martes, 23 Novembro 2010 03:44

{youtube width="200" height="160"}uC6O9psgC1Q{/youtube}

Antonio Monroy tiña tres anos cando un grupo de falanxistas e gardas civís irromperon na súa casa, pola noitiña, para levarse ao seu pai. Uns días despois cando ía coa súa nai a levarlle o xantar a cadea recibiu a nova de que xa non estaba alí. Na súa memoria quedou rexistrado o drama familiar simbolizado na tristeza e profunda dor que afogou, en vida, á súa nai, e tamén á miseria económica que os acompañou durante os anos de terror do franquismo.

Ler máis...
 
Don Francisco Fernández del Riego
Venres, 26 Novembro 2010 22:27
lazopara-webO Instituto de Estudos Miñoranos informa aos seus socios/as , amigos/as da triste nova do falecemento de Don Francisco Fernández del Riego ocorrido no día de hoxe, 26 de novembro de 2010.
Don Paco, socio de honra do Instituto de Estudos Miñoranos e fillo adoptivo de Nigrán, foi para nós un gran fornecedor de ideas e actitudes en defensa da lingua e da cultura nacional.
No noso recordo permanente continuará a selo como deixamos escrito na praia de Lourido en 2002: "Nestas pedras será sempre lembrado don Paco del Riego".
 
Entregáronse os restos de JOAQUÍN IGLESIAS PORTELA á súa familia
Luns, 29 Novembro 2010 23:40

bandera-web

Acompañados polas autoridades do Concello de Nigrán, membros do IEM, familiares e público en xeral, o sábado 27 de novembro de 2010, ás 12h. no Salón de Plenos da casa do Concello de Nigrán, entregáronse os restos de JOAQUÍN IGLESIAS PORTELA á súa familia . Os mesmos foron soterrados no cemiterio de San Pedro da Ramallosa.

 

Ler máis...
 
Exposición Atopados nas Fosas de San Xian no Concello de Nigrán.
Xoves, 25 Novembro 2010 00:09
joaquin_de_la_iglesiaAchegamos pdf dos ploters da exposición que se realizará no salón de plenos da casa do concello de Nigrán, o sábado 27 de novembro de 2010, ás 12h. con motivo da entrega dos restos de JOAQUÍN IGLESIAS PORTELA á súa familia para que sexan soterrados no cemiterio de San Pedro da Ramallosa.
Ler máis...
 
As cinzas de Francisco Fernández del Riego depositaránse no camposanto de San Pedro da Ramallosa.
Luns, 29 Novembro 2010 21:14

Paco-del-Riego

O Concello de Vigo, a Fundación Penzol e a Biblioteca Museo Francisco Fernández del Riego informan que mañá, día 30 de novembro de 2010, ás 17 horas, as cinzas de Francisco Fernández del Riego serán depositadas no camposanto de San Pedro da Ramallosa. O acto é público para todos os que desexen asistir.

 
Inauguración da exposición de Enrique Conde
Mércores, 24 Novembro 2010 03:21

enrique-condeO próximo venres 26 de novembro ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, (Avda. Campo da Feira, 10, baixo, Gondomar) inaugurarase a exposición do escultor Enrique Conde: LUGARES-TERRITORIOS. UNHA DÚCIA DE CONSTRUCIÓNS EN MADEIRA
No acto inaugural intervirá Enrique Conde que será presentado polo deseñador gráfico, doutor en Belas Artes e profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde , Xosé Manoel González Rivera.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 Seguinte > Final >>

Páxina 193 de 211