Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PROXECTO EQUUS CONFIRMANDO O NOVO PARADIGMA. A ARTE DESPOIS DOS LUMES.

PROXECTO EQUUS
CONFIRMANDO O NOVO PARADIGMA.

A ARTE DESPOIS DOS LUMES.

Hoxe, venres 29 de decembro, nunha roda de prensa no salón de actos do Centro de Interpretación do Patrimonio de Taboexa (As Neves) presentouse ao público a que, sen dúbida, é a mellor superficie de arte rupestre descuberta en Galicia nas últimas dúas décadas.

Estiveron presentes na mesa Xosé Manuel Rodríguez, alcalde de As Neves; Cándido Verde, Xosé Álvarez "O Buraco" e Xilberte Manso, descubridores do petróglifo, Xosé Lois Vilar, Eloy Martínez e Manolo Ledo, da sección de arqueoloxía do IEM, acompañados polo presidente da Comunidade de Montes de Taboexa.

Os participantes apoiaron as súas intervencións na proxección de fotografías e renderizados de modelos 3D resaltando as principais características e singularidades do conxunto de petróglifos descuberto.

Ó remate da roda de prensa desprazáronse á zona do descubrimento para completar as súas explicacións.

Desde o Instituto de Estudos Miñoráns continuaremos cos traballos que nos leven a completar o estudo deste extraordinario conxunto de gravados rupestres considerado xa un dos mellores de Galicia polo seu tamaño, pola súa tipoloxía e pola cantidade e variedade de figuras representadas.

Está en:  Inicio
Skip to content
Xeira polos petróglifos de "A Porteliña da Corte" e "Portoval"
Martes, 21 Setembro 2010 22:25

{youtube width="200" height="160"}Fhybm6ATxOk{/youtube}

O pasado venres 17 de setembro realizouse  unha xeira nocturna polos petróglifos de "A Porteliña da Corte" (parroquia de Aguasantas - Cotobade) e Portoval  (barrio de Chielas,  parroquia de Valongo - Cotobade).  Xosé Lois Vilar (IEM) comezou cunha charla sobre a arte rupestre en Galicia que contextualizou o percorrido previsto. A continuación o grupo visitou os petróglifos xunto aos guías do IEM, Xilberte Manso, Eduardo Méndez e Xosé Lois Vilar.

 
Conferencia de Carlos Méixome na Escola da parroquia de San Xián (O Rosal)
Venres, 17 Setembro 2010 01:01

plotter-recortado-webO próximo venres 24 de setembro ás 20h. na Escoliña de San Xián, concello do Rosal, inaugurárase a exposición composta de 7 paneis explicativos sobre o proceso de investigación histórica, escavación arqueolóxica e identificación das dúas fosas de San Xián.

Ler máis...
 
Comezou a segunda fase de escavacións no xacemento de O Cabrón
Martes, 21 Setembro 2010 19:57

{youtube width="200" height="160"}SWNb_kl2DlM{/youtube}

Onte pola maña, o ruído das pas e picos batendo contra a terra anunciou o inicio da segunda fase dos traballos arqueolóxicos nas viñas de O Cabrón, no municipio de Arbo.  O obxectivo da xornada era avanzar na primeira terraza escavada e no segundo rectángulo da sondaxe ata aproximarse aos estratos onde se atoparon as primeiras pezas.

Ler máis...
 
Escolma de imaxes: O IEM nos CEIP de Nigrán
Xoves, 16 Setembro 2010 23:49

{youtube width="200" height="160"}hH6bsFDNHEA{/youtube}

O noso compañeiro Eduardo Méndez Quintas realizou unha charla o mércores 15 de setembro, para os alumnos do CEIP Carlos Casares e o CEIP Humberto Juanes do Concello de Nigrán, sobre o tema " A prehistoria en Galicia e no Val do Miñor".

Ler máis...
 
O IEM participará no Foro 2010 en Santiago de Compostela.
Venres, 17 Setembro 2010 19:21

foro-2010-scDende o próximo 3 de decembro terá lugar o Foro 2010 en Santiago de Compostela, evento que aglutinará a institucións e persoeiros destacados no ámbito científico e cultural tanto no nacional como internacional.

Unha serie de conferencias, congresos e obradoiros daranse sita na cidade compostelán ao longo do mes. O IEM foi invitado a participar no Congreso internacional sobre memoria da guerra, reconciliación e cultura de paz, a través da presenza do seu director Carlos Méixome Quinteiro.

Ler máis...
 
Imaxes da presentación do libro "Cántico dos topónimos esdrúxulos"
Xoves, 16 Setembro 2010 23:06

{youtube width="200" height="160"}hJcIiB6E6iU{/youtube}

Coincidindo coa inauguración (10 de setembro de 2010) da exposición "MATERIAL METÁFORA" tivo lugar a presentación do libro Cántico dos topónimos esdrúxulos de PEPE CÁCCAMO, editado por Espiral Maior nunha edición limitada de 100 exemplares con ilustracións do autor.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 Seguinte > Final >>

Páxina 194 de 208