Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación do libro: " Non des a esquecemento" de Luís Bará Torres. Xoves 30 de marzo ás 20:30h
O xoves 30 de marzo ás 20.30h, terá lugar a presentación do libro " Non des a esquecemento" de Luís Bará Torres na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.
Intervirán ademais do autor, Montse Fajardo e Xosé Lois Vilar e gozaremos da actuación musical do guitarrista Fernando Blanco.
"Este libro é unha compilación dos artigos publicados no blog Non des a esquecemento ao longo de case tres anos, desde comezos de 2014 a setembro de 2016. Mais sobre todo é a resposta a unha necesidade vital: a procura da verdade e da xustiza arredor das vítimas da represión franquista en Galiza, a vontade de contar o que pasou nun relato emocional, subxectivo, belixerante, impregnado da memoria oral, receoso dos informes oficiais e afastado tamén da neutralidade e da distancia de moitos estudos académicos.
Porque a crónica de acontecementos como os que aquí se relatan só ten sentido se forma parte dunha arela ética e política fundamental: a da reivindicación dos ideais e valores polos que loitaron e foron perseguidas tantas persoas ao longo de décadas; a militancia na causa da liberdade, da xustiza social, da igualdade; o compromiso por construír unha Galiza dona de si, próspera, solidaria, respectada. Esa é a mellor maneira de rescatalos do silencio das gavias e dos cemiterios; a victoria última contra a inxustiza, o terror e a mentira do franquismo; a verdadeira e definitiva homenaxe despois da amnesia e a amnistía decretadas na transición e no tempo que veu despois."

Fragmento do Epílogo do libro Non des a esquecemento
Está en:  Inicio
Skip to content
Premio Nano Cambeiro de periodismo 2009
Escrito por IEM   
Luns, 28 Setembro 2009 18:53

O suplemento mensual do xornal A PENEIRA, A PENEIRA DO VAL MIÑOR, recibe o VII Premio Nano Cambeiro polo seu esforzo informativo sobre a comarca do Val Miñor.

O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos para lembrar ao xornalista e ao amigo. Cumprindo co establecido na convocatoria, faise pública a súa resolución ao cumprirse o oitavo aniversario da irreparable perda do xornalista Nano Cambeiro.

Ler máis...
 
O Instituto de Estudios Miñoranos cumpre 10 anos
Escrito por IEM   
Xoves, 29 Outubro 2009 18:44
O Instituto de Estudos Miñoranos cumpre 10 anos

O 27 de outubro de 1999 constituíse o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM). Naquela altura fixábase como obxectivos:

  • Divulgar a cultura e, en xeral, todo o referente ao patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico, etc. dos tres concellos do Val Miñor.
  • Promover a realización de estudos de todo tipo sobre os ámbitos sinalados
  • Impulsar calquera actividade encamiñada á divulgación destes aspectos
  • Fomentar a conservación e respecto polo patrimonio miñorano como un ben económico
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 195 196 197 Seguinte > Final >>

Páxina 197 de 197