Mércores, 15 Setembro 2010 23:03 |
{youtube width="200" height="160"}IAQApEmpUFc{/youtube}
O martes 14 de setembro o IEM recibiu a visita de Luís Aballe Rial, fillo de Manuel Aballe Domínguez, uns dos nove asasinados, na madrugada do 16 de outubro de 1936, na estrada de Camposancos, ao saír de Baiona e antes de chegar a Baredo, no lugar hoxe coñecido como Volta dos Nove.
|
Ler máis...
|
Venres, 10 Setembro 2010 23:28 |
Deixamos unha escolma de imaxes do acto de presentación do poemario Cántico dos Topónimos Esdrúxulos, e da inauguración da exposición "Material Metáfora", do autor Pepe Cáccamo, celebrado hoxe na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
|
|
Mércores, 15 Setembro 2010 19:43 |
O próximo venres 17 de setembro, ás 21h. na antiga Escola Aguasantas, no Concello de Cotobade, Xosé Lois Viar (IEM), dará unha charla sobre arte rupestre en Galicia. Posteriormente os asistentes visitarán xunto aos membros do IEM, os petróglifos de A Porteliña da Corte e de Portoval. Deixamos esta escolma de imaxes da última xeira en Cotobade.
{youtube width="200" height="160"}azHpZIQjUgU{/youtube} |
Venres, 10 Setembro 2010 16:02 |
Gañadora: Mª GORETTI FARIÑA CAAMAÑO coa obra Devastacións dispoñibles
{youtube width="200" height="160"}dPxsXzRpmMY{/youtube}
No día de onte, 9 de setembro de 2010, o Xurado da Terceira Edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo, instituído pola Entidade Local de Morgadáns (Gondomar) e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), e integrado por:
Gonzalo Navaza Blanco, profesor e escritor, membro do IEM
Marta Dacosta Alonso, poeta e profesora, membro do IEM
Elvira Riveiro Tobío, poeta e cogañadora da segunda edición deste premio
Mª Carmen Caramés Gorgal, poeta e cogañadora da segunda edición deste premio
Araceli Gonda Cabreira, xornalista e guionista
|
Ler máis...
|
|
Martes, 14 Setembro 2010 22:10 |
O noso compañeiro Eduardo Méndez Quintas realizará unha charla, mañá mércores 15 de setembro, para os alumnos do CEIP Carlos Casares e o CEIP Humberto Juanes do Concello de Nigrán, sobre o tema " A prehistoria en Galicia e no Val do Miñor". Eduardo Méndez Quintas é o director da sección de Arqueoloxía e Etnografía do IEM e ten nestes momentos baixo a súa responsabilidade os traballos de campo do Xacemento do Paleolítico Inferior en O Cabrón, Concello de Arbo
|
Ler máis...
|
Martes, 07 Setembro 2010 21:08 |
{youtube width="200" height="160"}yuEXH76Agv0{/youtube} O Instituto de Estudos Miñoranos xunto con outra moitas Asociacións para a Recuperación da Memoria Histórica e as demais entidades adheridas á Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) participou no 18 de xullo na Illa de San Simón nunha homenaxe nacional ás vítimas do franquismo, seguindo a xeira comezada no 2006 -o ano da memoria- dedicado especialmente nesta ocasión a lembrar as familias dos represaliados que tiveron e teñen que sufrir as consecuencias do acontecido ao seu parente. Consecuencias polas que aínda hoxe non foron resarcidos.
|
Ler máis...
|
|