Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Laura Ramos Cuba gaña o XIº Premio de poesía VictorianoTaibo coa obra presentada baixo o título de A situación actual

O xurado do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, integrado polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición, resolveu que o libro gañador desta XIª edición era o presentado co título de A situación actual que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Laura Ramos Cuba.

O xurado valorou que se trata dunha obra absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación límite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo. O xurado tamén salientou a unidade do libro, que mantén ao longo da lectura o pulso e o ritmo.

Laura Ramos Cuba, é unha moza burelá graduada en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Este é o seu primeiro premio e, será, o seu primeiro libro publicado, co que o certame Victoriano Taibo ten a satisfacción de permitir que saia á luz esta voz actualísima que nos fala desde as súas propias coordenadas inseridas neste século XXI.

A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
Noite máxica no Monte Terroso
Luns, 09 Agosto 2010 22:53
xeira-rupestre-a-guarda-webAs xeiras nocturnas teñen a maxia que escenifica a escuridade. A  presenza da natureza ten outras cores e outras mensaxes que baixo o reinado do sol non podemos observar. Si alguén o tiña claro foron os antigos habitantes da nosa terra, que deixaron os seus  gravados nas rochas para que só se amosen cando o astro rei se deita ou apenas se ergue polo horizonte.
Ler máis...
 
Queda alguén aí?
Venres, 06 Agosto 2010 18:46

cartel-queda-alguen-ai-web"Pedroso é unha aldea de Ourense habitada por vellos, como en todo o rural do interior de Galicia. En Pedroso, onde o futuro e os mozos son pura anécdota, están todos ilusionados coa súa maior obra comunitaria: un tanatorio. Ao igual ca noutros moitos lugares da súa contorna, péchase escolas e abren tanatorios. Se non se pon remedio, neles axiña haberá que preguntar: Queda alguén aí? O tanatorio de pedroso levou case dous anos rematado pero sen estrear, porque –como dicían os veciños- despois de que estaba listo non aparecían voluntarios". Continua o ciclo GONDOMARDOCUMENTA, organizado polo IEM e ACHEGO coa colaboración do Cancello de Gondomar. O próximo martes, 10 de agosto, ás 22h. na Praza do Centro de Saúde de Gondomar, proxectarase o documental de Rafael Cid  Queda alguén aí?. Achegamos cartel e folla coa ficha técnica e a mellor sinopse posible que fixo o mesmo director neste artigo da Voz de Galicia.

Ler máis...
 
Viaxe virtual pola Xeira dos montes de Couso.
Venres, 06 Agosto 2010 22:28
couso-webA xeira  iniciouse no Local do IEM ás 18 h, para continuar en coche ata a área de lecer do alto do Viso, perto de Santo Antoniño, onde deixamos os veículos. Logo subimos a pé ata o alto dos Castros para ver as fermosas vistas sobre o Val Miñor e a posible ubicación dun poboado castrexo.
Ler máis...
 
Rematou o prazo para III Premio Victoriano Taibo- Entidade Local de Morgadáns
Xoves, 05 Agosto 2010 20:32
obras_iii_vtRematou o prazo para a entrega de orixinais no III Premio Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. Co mesmo éxito que nas pasadas edicións rematou a recepción de orixinais para o III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. O xurado reuniuse para recoller os traballos presentados, nun total de corenta e tres obras, cifra similar á da primeira e segunda convocatoria. O fallo farase público nos primeiros días de setembro, en data que se anunciará nesta páxina e nos medios de comunicación.
Ler máis...
 
Xeira “Noite de estrelas e lobos” na serra da Groba, mércores 11 de agosto.
Venres, 06 Agosto 2010 19:23

lobo-y-lunaXeira que comeza co punto de encontro ás 22 h. do mércores 11 de agosto na Chan da Lagoa, no concello de Baiona. Hai que subir pola estrada da Virxe da Roca. Despois de xuntarnos todos, continuaremos en coche ata a Cruz de Pao, uns 11 km. Pica aquí para ver o mapa. Agora toca andar e ver o campo de mámoas antes de chegar ao Foxo Pedriño para escenificar a captura do lobo. Co lobo xa no foxo, metaforicamente falando, tocaralle a quenda as estrelas.

Ler máis...
 
Cando Gondomar se converteu no “Afastado Oeste”.
Mércores, 04 Agosto 2010 20:18
GondomarCARTELnaipedesangueCando os directores José Ballesta e Manxo Fernández decidiron rodar Naipe de Sangue (unha mediametraxe de ficción) como parte do documental M.L. Estefanía. Galicia, máis Oeste que nunca (en fase de producción), atoparon na Serra do Galiñeiro o lugar ideal para galeguizar a mítica Serra de Sonora no Far West norteamericano.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 Seguinte > Final >>

Páxina 207 de 216