Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

O IEM e o Concello de Gondomar homenaxean a María Victoria Moreno.

O acto terá lugar na Paradela, na praza Latino Salgueiro de Gondomar, e comezará ás 19:30 horas

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o concello de Gondomar, a través da concellaría de Cultura, celebrarán as Letras galegas cunha homenaxe á escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica a data este ano.

Os escritores Iria Misa e Miguel Anxo Mouriño lerán fragmentos da obra desta profesora estremeña que namorou da lingua galega e dedicou a súa vida a escribir en galego, especialmente para os máis novos e novas. Ese lectorado tan presente para María Victoria Moreno estará representado neste acto por alumnado do CEIP Neira Vilas e IES plurilingüe Terra de Turonio, que lerán fragmentos de Eu conto, ti cantas.

Acompañando á palabra recitada estará o grupo musical Xardín desordenado que interpretará pezas do seu último traballo, "A vitoria da luz", baseado en textos de María Victoria Moreno e pechará o acto. Tamén, durante todo o acto a pintora Irene Silva realizará un mural en directo.

Palabra, música, pintura únense así para festexar a nosa lingua, esta que tanto amou María Victoria Moreno, quen non dubidou en utilizala no ensino ou en dar aulas de lingua alí onde for requirida en tempos da ditadura franquista. Os seus versos, os seus relatos en que os animais teñen un papel principal, o seu amor pola lingua son o legado que nos deixa unha estremeña que un día namorou deste noso país.

Está en:  Inicio
Skip to content
Tertulia con Albino Prada
Escrito por IEM   
Mércores, 03 Febreiro 2010 21:54
Albino PradaContinúan os faladoiros do IEM. Nesta ocasión estará con nós o economista e profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, ALBINO PRADA que será presentado polo membro da Xunta de Goberno do IEM, Xosé Manuel García Crego.
O relatorio do profesor Albino Prada versará sobre: “Galicia fronte á crise: Estructura e estratexia económica”.
Ler máis...
 
Tertulias do IEM con María do Cebreiro Rábade
Escrito por IEM   
Venres, 06 Novembro 2009 01:00
María do CebreiroO próximo venres 6 de novembro dará comezo o novo ciclo de Tertulias do IEM. Nesta ocasión estará con nós a poeta e profesora MARÍA DO CEBREIRO RÁBADE

VILLAR qye será presentado polo tamén poeta e estudante de Filoloxía Anxo M. Rodíguez Ratel.

Ler máis...
 
Exposición de pintura de Manuel Izquierdo
Escrito por IEM   
Martes, 26 Xaneiro 2010 22:54

Manuel IzquierdoO próximo venres 22 de xaneiro ás 20:30h. será inaugurada, na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (avda. do Conde 10, baixo, Gondomar), a exposición do pintor MANUEL IZQUIERDO baixo o rótulo “CONSTRUCIÓN E VARIACIÓNS”

Na Aula de Cultura Ponte de Rosas, actual sede do Instituto de Estudos Miñoranos, (IEM), estreamos ano e, polo tanto, nova programación. Aínda sensibles, tralas datas que nos deixan, a certa noción repetitiva e circular do tempo, e recuperándonos dunha abusiva exaltación das emocións, sentimentos e aparencias, atopamos pracenteiro e especialmente pertinente presentar a obra singular de Manuel Izquierdo, un rara avis no panorama plástico contemporáneo.

Ler máis...
 
Ciclo de conferencias Darwin
Escrito por IEM   
Martes, 27 Outubro 2009 01:00
Charles DarwinBicentenario de Charles Darwin
Ciclo de Conferencias
150 anos de A orixe das especies
Ler máis...
 
Tertulia con Bieito Iglesias
Escrito por IEM   
Luns, 11 Xaneiro 2010 21:00

Bieito IglesiasCo novo ano continúan os faladoiros do IEM. Nesta ocasión estará con nós o escritor Bieito Iglesias Araúxo, nado en Ourense o 8 de xaneiro  de 1957. Licenciado en Historia e profesor de Lingua e Literatura Galega que será presentado polo director do IEM, Carlos Méixome.

Ler máis...
 
Tertulias do IEM 2009
Escrito por IEM   
Martes, 27 Outubro 2009 01:00
Adiantamos o programa do novo ciclo de faladoiros do IEM, as tradicionais TERTULIAS DO IEM. Este ano cambian de lugar xa que serán na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 Baixo, Gondomar; máis a cea posterior, co convidado/a será coma sempre no Pazo da Escola de Mañufe.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 Seguinte > Final >>

Páxina 210 de 211