Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Laura Ramos Cuba gaña o XIº Premio de poesía VictorianoTaibo coa obra presentada baixo o título de A situación actual

O xurado do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, integrado polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición, resolveu que o libro gañador desta XIª edición era o presentado co título de A situación actual que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Laura Ramos Cuba.

O xurado valorou que se trata dunha obra absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación límite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo. O xurado tamén salientou a unidade do libro, que mantén ao longo da lectura o pulso e o ritmo.

Laura Ramos Cuba, é unha moza burelá graduada en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Este é o seu primeiro premio e, será, o seu primeiro libro publicado, co que o certame Victoriano Taibo ten a satisfacción de permitir que saia á luz esta voz actualísima que nos fala desde as súas propias coordenadas inseridas neste século XXI.

A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
Xosé Vázquez Pintor presenta o seu último libro "Máis Vidas"
Escrito por IEM   
Mércores, 12 Maio 2010 11:42

O próximo mércores 12 de maio ás 20:30h. na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) terá lugar a presentación de "Máis vidas", último libro de Xosé Vázquez Pintor, editado por Edicións Espiral Maior, no que se inclúe unha serie de crónicas de vidas estremas, cunha prosa de alta tensión e gran beleza literaria, culminación dunha traxectoria narrativa intensa, unha das mais importantes en lingua galega do ultimo decenio.

Ler máis...
 
Carta aos amigos e amigas do IEM
Escrito por IEM   
Luns, 19 Abril 2010 18:31

 

10 anosComo ben sabedes no pasado mes de outubro o Instituto de Estudos Miñoranos cumpriu dez anos de andaina e troupeleo polo Val de Miñor e polo país adiante. Dez anos de reunións e proxectos, de entrevistas solicitando recursos, un local, apoio institucional,... para divulgar e impulsar a cultura e o patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico… dos tres concellos do Val de Miñor, para promover a realización e publicación de estudos, para fomentar a conservación e o respecto polo patrimonio miñorano, fondamente inmersos, dende unha perspectiva humanista e universalista, na defensa e promoción da nosa identidade, do noso idioma e da nosa cultura.
Ler máis...
 
Última conferencia do cliclo de arqueoloxía "Pedro Díaz" a cargo de Eduardo Méndez
Escrito por IEM   
Mércores, 28 Abril 2010 20:09
Última conferencia do ciclo de Arqueoloxía “Pedro Díaz” impartida polo director da sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos, Eduardo Méndez Quintas
Ler máis...
 
I ciclo de conferencias de arqueoloxía "Pedro Díaz".
Escrito por IEM   
Domingo, 11 Abril 2010 17:42

A sección de Xeografía, Historia, Arqueoloxía e Etnografía do Instituto de Estudos Miñoranos teñen organiza un Primeiro ciclo de conferencias sobre Arqueoloxía que leva o nome de Pedro Díaz.

Ler máis...
 
III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns
Escrito por IEM   
Luns, 19 Abril 2010 18:34
O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao que poderá concorrer calquera autor que envíe, antes do 30 de xullo próximo, ao enderezo *Apartado 30, 36380, Gondomar*, un libro de poemas escritos en galego cunha extensión mínima de 300 versos. O premio está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo, creada especialmente para este certame, e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM; o galardón será entregado nun acto cultural que se celebrará no edificio das Escolas de Guillufe (Morgadáns) na 2ª semana de novembro.
Ler máis...
 
Tertulia con Belén Regueira
Escrito por IEM   
Xoves, 08 Abril 2010 02:55
Belen_Regueira2Amigos e amigas do IEM, continúan os faladoiros do IEM. Nesta ocasión, *venres 9 de abril de 2010*, estará con nós a xornalista *Belén Regueira Leal* que será presentada polo tamén xornalista, redactor de /Xornal de Galicia/ e premio de xornalismo Nano Cambeiro (2005), *David Reinero González*.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 216 Seguinte > Final >>

Páxina 213 de 216