Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación do libro: " Non des a esquecemento" de Luís Bará Torres. Xoves 30 de marzo ás 20:30h
O xoves 30 de marzo ás 20.30h, terá lugar a presentación do libro " Non des a esquecemento" de Luís Bará Torres na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.
Intervirán ademais do autor, Montse Fajardo e Xosé Lois Vilar e gozaremos da actuación musical do guitarrista Fernando Blanco.
"Este libro é unha compilación dos artigos publicados no blog Non des a esquecemento ao longo de case tres anos, desde comezos de 2014 a setembro de 2016. Mais sobre todo é a resposta a unha necesidade vital: a procura da verdade e da xustiza arredor das vítimas da represión franquista en Galiza, a vontade de contar o que pasou nun relato emocional, subxectivo, belixerante, impregnado da memoria oral, receoso dos informes oficiais e afastado tamén da neutralidade e da distancia de moitos estudos académicos.
Porque a crónica de acontecementos como os que aquí se relatan só ten sentido se forma parte dunha arela ética e política fundamental: a da reivindicación dos ideais e valores polos que loitaron e foron perseguidas tantas persoas ao longo de décadas; a militancia na causa da liberdade, da xustiza social, da igualdade; o compromiso por construír unha Galiza dona de si, próspera, solidaria, respectada. Esa é a mellor maneira de rescatalos do silencio das gavias e dos cemiterios; a victoria última contra a inxustiza, o terror e a mentira do franquismo; a verdadeira e definitiva homenaxe despois da amnesia e a amnistía decretadas na transición e no tempo que veu despois."

Fragmento do Epílogo do libro Non des a esquecemento
Está en:  Inicio
Skip to content
8º XEIRA ALÉN MIÑOR TERRAS DE COVELO-ETNOGRAFIA, 3 de Decembro 2016
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 05 Novembro 2016 18:52
museo
8º XEIRA ALÉN MIÑOR
TERRAS DE COVELO-ETNOGRAFIA, 3 de Decembro 2016
A nova xeira alén Miñor ten un carácter sobranceiramente etnográfico, como é a relación do home cun animal que dende séculos lle proporciona un alimento extraordinario, a garantía de polinización de moitísimas especies vexetais e, neste caso que nos ocupa, luz para alumar os fogares e sobre todo unha relación co máis alá, coa espiritualidade e a devoción, grazas a un elemento fundamental que as abellas melíferas europeas (Apis mellifera L.), e especialmente as novas, de entre 10 e 20 días de vida, producen dentro das colmeas: A cera.
As características físico-químicas tan especiais que ten a cera, facilitan que teña innumerables usos e posibilidades, en diferentes sectores produtivos.
Covelo é un concello cereiro por tradición, especialmente a parroquia de Paraños, onde dende hai máis de tres séculos moitas familias fixeron da cera unha forma de subsistencia.
Toneladas de candeas e exvotos fabricáronse artesanalmente nestas terras que afornecían numerosas localidades tanto de Galicia coma do resto da península. Infinidade de romarías tiñan postos de venda de produtos feitos en Covelo. Incluso o sector da cosmética e do calzado se interesaron polas posibilidades da cera, e abriron canles de comercialización de diferentes xéneros.
Nestes momentos, o sector apícola está sufrindo, posiblemente, o período pior da súa historia. Esta xeira axudaranos a entender mellor como funciona a apicultura e todo o que a rodea, así como o futuro que ten no noso país.
CARACTERÍSTICAS DA VIAXE
Ler máis...
 
Boletín de actividades IEM 2015-2016
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 21 Outubro 2016 23:26

 

 

https://issuu.com/marialemos/docs/bolet__n_actividades__iem-

 
Inicio dos faladoiros do IEM: Que son os garranos salvaxes que habitan nos montes de Galicia? por Felipe Bárcena Varela de Limia.
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 02 Novembro 2016 03:13

dsc_0115-1

 

O venres 11 de novembro ás 20:30 horas, iniciamos " Os faladoiros do IEM" con "Que son os garranos salvaxes que habitan nos montes de Galicia?" a cargo de Felipe Bárcena Varela de Limia, especialista en mamíferos silvestres e investigador asociado do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía; Bioloxía Celular e Ecoloxía do Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias na Universidade de Santiago de Compostela. Ten sido coordinador de máis de doce proxectos científicos de larga duración financiados con fondos públicos e privados; é autor de más de cincuenta artigos en revistas científicas, de numerosos informes oficiais e de tres libros; ten presentado cerca dun centenar de comunicacións en congresos científicos. Dende 2006 a súa actividade científica está centrada na investigación da historia natural dos garranos.
Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar)

 

Ler máis...
 
Asemblea Xeral de socios/as do IEM 2016
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 21 Outubro 2016 22:43

A Xunta Xeral de Socios/as do IEM quere ser algo máis ca unha xuntanza anual obrigada polos nosos estatutos. A Xunta Directiva queremos non só dar conta das nosas actividades e presentar o estado de contas deste Instituto de Estudos Miñoráns.
Cremos todos nós que é unha obriga achegarnos todos os socios/as para agradecer todo tipo de colaboración que fai posible as distintas creacións culturais deste instituto.
Temos a esperanza de que destes encontros xurdan novas posibilidades que poidan suplir as deficiencias que as crises económicas ocasionaron nos últimos anos.
Coñecernos a nós mesmos e a nosa historia será o mellor instrumento para planificar unha vida colectiva, presidida pola alegría de compartir o patrimonio natural e cultural do noso Val de Miñor.


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL 2016


Convócase aos socios/as da Asemblea Xeral da asociación Instituto de Estudos Miñoráns con CIF: G-36867471 á reunión que se celebrará no lugar, data e hora abaixo indicados, segundo a ORDE DO DÍA que se especifica.

TIPO DE REUNIÓN: ASEMBLEA XERAL

DATA da REUNIÓN : 25 de OUTUBRO de 2016

HORA da SESIÓN, 1ª convocatoria: 19:30 HORAS

HORA da SESIÓN, 2ª convocatoria: 20:00 HORAS

LUGAR: “AULA DE CULTURA PONTE DE ROSAS” sede do IEM
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar

 

Ler máis...
 
Presentación do libro " Contos pequenos"
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 26 Outubro 2016 00:11
contos pequenos

OS CONTOS PEQUENOS

No ano 1955 o doutor Antón Beiras García, oftalmólogo de gran prestixio internacional, recibiu un entrañable agasallo: un volume manuscrito que contiña oito contos populares aos que Victoriano Taibo lle dera forma literaria. O doutor, totalmente comprometido coa causa galeguista, teimaba en educar os fillos en galego e por esa época debía estar introducindo o primoxénito na lectura e escritura nesta lingua que carecía de material axeitado, polo que mercaba libros en portugués. A dobre condición de mestre e escritor do académico, amigo seu, non debeu ser allea á súa decisión de escribir, encadernar e regalarlle ao médico aquela obriña única que titulou Contos pequenos, dedicada ao fillo Hixinio.

O IEM ofrece agora este opúsculo na súa versión orixinal acompañado de catro artigos de diversa índole; así, Hixinio Beiras Cal fala dos seus recordos daquela época; Camiño Noia Campos incardina os contos dentro do folclore internacional; Gonzalo Navaza Blanco fai un estudo do léxico e das expresións empregadas; e Xesús Alonso Montero cóntanos a historia externa do manuscrito. Leva, tamén, unha versión actualizada (cun vocabulario, ao final, das palabras que, sendo galegas, non se atopan no dicionario da RAG) do texto dos contos coa dobre finalidade de facilitar a lectura do manuscrito e de que sirva como libro de lectura para cativos en idade escolar, ilustrado por Fino Lorenzo.

 

Ler máis...
 
A Volta dos Nove
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 11 Outubro 2016 01:42
Neste mes de outubro cúmprense 80 anos do asasinato dos veciños de Sabarís Ventura Pérez, Dolores Samuelle Álvarez e os irmáns Luís e José López Luís, "Os Ineses”, en mans da represión franquista na mañá do 13 de outubro de 1936. Cúmprese tamén un novo cabodano da execución de nove mariñeiros do Val Miñor acaecida días despois, na madrugada do 16 de outubro , no lugar de Baiona que agora os lembra, A Volta dos Nove.

En honor á memoria destes veciños e veciñas da nosa bisbarra, o Instituto de Estudos Miñoráns convoca a unha serie de homenaxes que terán lugar este sábado 15 de outubro, e que contarán coas intervencións de Montse Fajardo Pérez, María Xosé González Chamorro e Cristina Fernández Ameal, e as actuacións instrumentais de David Arroyos Juan no fagot e Margarida Mariño Suárez no violonchelo.

O punto de encontro será ás 11:45h no aparcamento da rotonda do cámping da Ladeira.

Programa:

Ás 12:00 h visita á casa onde se agocharon os “Ineses” Luís e José López Luís .
Ás 12:30 h visita ó cemiterio de Sabarís.
Ás 13:00 h ofrenda floral no monumento á memoria dos Nove, obra do artista Fernando Casás
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 197