Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación do libro " Na casa da avoa" de Marta Dacosta o venres 21 de abril ás 20:00h

O venres 21 de abril ás 20:00h terá lugar a presentación do libro " Na casa da avoa" de Marta Dacosta, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.

Acompañada por María Reimóndez (escritora) e Franciso Castro (Editorial Galaxia)

Interpretarán poemas: Carlota Mosquera, Marta Fialho, Noelia Flannagan e Aldán Dacosta (estudantes da ESAD)

Na casa da avoa

Na casa da avoa é unha reflexión tecida con tres fíos: o da literatura, o da historia e o da vida. O tear en que se encontran mulleres míticas e mulleres reais, personaxes literarias e personaxes históricas, todas invisíbeis, porque se unhas son anónimas, outras, malia teren nome e coñecérmolo, foron deformadas, asimiladas e precisamos re-coñecelas.

Estas mulleres son as nosas avoas. Eses seres fabulosos que nos coidaron, que nos amaron e nos inculcaron dunha forma sutil, mais constante, o desexo de rebelarnos ou revelarnos, retirar os veos para vernos como somos, para descubrirnos, coñecernos. Abrazarnos tamén.

Avoas que nos sementaron a necesidade de falarmos coa nosa propia voz. E chegou o tempo de sermos nós as que falemos de Medea, Nefertiti, Ofelia ou Urraca.

Na casa da avoa é un libro de poesía, mais ten vocación de "cobertor desmesurado para abrigar as nosas almas do silencio". Por iso nas súas páxinas hai mulleres de carne e óso, as avoas que nos foron parindo, xeración tras xeración.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
A Volta dos Nove
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 11 Outubro 2016 01:42
Neste mes de outubro cúmprense 80 anos do asasinato dos veciños de Sabarís Ventura Pérez, Dolores Samuelle Álvarez e os irmáns Luís e José López Luís, "Os Ineses”, en mans da represión franquista na mañá do 13 de outubro de 1936. Cúmprese tamén un novo cabodano da execución de nove mariñeiros do Val Miñor acaecida días despois, na madrugada do 16 de outubro , no lugar de Baiona que agora os lembra, A Volta dos Nove.

En honor á memoria destes veciños e veciñas da nosa bisbarra, o Instituto de Estudos Miñoráns convoca a unha serie de homenaxes que terán lugar este sábado 15 de outubro, e que contarán coas intervencións de Montse Fajardo Pérez, María Xosé González Chamorro e Cristina Fernández Ameal, e as actuacións instrumentais de David Arroyos Juan no fagot e Margarida Mariño Suárez no violonchelo.

O punto de encontro será ás 11:45h no aparcamento da rotonda do cámping da Ladeira.

Programa:

Ás 12:00 h visita á casa onde se agocharon os “Ineses” Luís e José López Luís .
Ás 12:30 h visita ó cemiterio de Sabarís.
Ás 13:00 h ofrenda floral no monumento á memoria dos Nove, obra do artista Fernando Casás
 
Móllate polos ríos 2016
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 23 Setembro 2016 00:14

captura de pantalla 2016-09-23 a las 00.44.28

 
IV Cine e memoria Represaliadas
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 02 Outubro 2016 23:35
captura de pantalla 2016-10-03 a las 21.44.09
captura de pantalla 2016-10-05 a las 16.23.47
Neste mes de outubro de 2016 lembramos 80 anos máis tarde o asesinato dos Ineses, Pepe e Luís, máis de Dolores Samuelle o 13 de outubro de 1936. O 15 de outubro seguinte na Volta dos Nove en Baiona foron asasinados nove homes.
Os actos conmemorativos deste ano xirarán ó redor do mundo da muller represaliada a partir do golpe de estado do 36. Por elo o IV ciclo de Cine e Memoria leva o título de REPRESALIADAS. Celebrarémolos todos os venres do mes no Auditorio da Casa do Concello de Nigrán e comezaremos o día 7 cunha conferencia de Montse Fajardo sobre a represión da muller en Galicia logo do golpe de estado. Nos venres seguintes tres documentais nos que participarán directores, directoras, guionistas e investigadores.
IV Cine e memoria

Represaliadas

Auditorio do Concello de Nigrán
7 outubro 2016 venres 20h. Conferencia
MONTSE FAJARDO
"A represión sobre as mulleres tras o golpe de estado do 36".
Ler máis...
 
Xosé Iglesias gaña a 9ª edición do Premio Victoriano Taibo de poesía.
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 16 Setembro 2016 18:34

O xurado do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, formado polos profesores e escritores Xulián Maure, Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Iñaki Varela e Miguel Anxo Mouriño, acaba de acadar o acordo de concederlle o galardón ao poeta fisterrán de Cee Xosé Iglesias Lamela polo poemario titulado A relixión do mar. Trátase dun libro que, sen abandonar a linguaxe poética, constitúe un auténtico tratado sobre a vida en e relacionada co mar. Desfilan por estas páxinas aparellos, artes de pesca, coñecementos de navegación, embarcacións, carpintería de ribeira, lugares, sucesos e un grande

Ler máis...
 
Móllate polos ríos -Proxección 30 de setembro ás 20:30h
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 28 Setembro 2016 00:20

Este venres, 30 de setembro ás 20:30 h terá lugar na Aula Ponte de Rosas ( Sede do IEM) as proxeccións seguintes:

  • A curtametraxe “ Auga, terra, aire...A Bolsa”
  • Documental “ Os mares doces de Galicia”
 
IX Premio de Poesía Victoriano Taibo
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 10 Setembro 2016 00:46

IX Premio de Poesía Victoriano Taibo

 

A novena edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo enceta unha nova etapa deste importante certame ao estar agora integramente patrocinado polo Concello de Gondomar e ter a súa sede oficial na vila condal. Agardamos que esta nova andaina sexa polo menos tan frutuosa como a anterior, cousa que parece probable dada a importante participación acadada (44 orixinais) semellante á de todas e cada unha das edicións precedentes. O día 8 de setembro, en reunión deliberativa, o xurado resaltou a gran calidade de moitos deles e elixiu as obras finalistas, que resultaron ser, citadas a continuación por orde de entrada, as que ostentaban os seguintes títulos:

Entullo

Sobre a beleza

Relixión do mar

Dos nomes do fume

Capetón

O veredicto definitivo darase a coñecer nos próximos días, momento no que se fará público o gañador ou gañadora desta nova edición.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 198