Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

SUSPENSIÓN DO FALADOIRO DE ADRIANA NOGUEIRA POR MOTIVOS DE SAÚDE.
POR MOTIVOS DE SAÚDE DE ADRIANA NOGUEIRA, QUEDA CANCELADO O FALADOIRO ESTE MÉRCORES 22 DE NOVEMBRO.

O IEM AGRADECE O SEU INTERESE E PREGA DISCULPEN AS MOLESTIAS OCASIONADAS.

Está en:  Inicio
Skip to content
Faladoiro do historiador Xavier Castro sobre “O Cocido de Cunqueiro”.
Escrito por IEM   
Mércores, 06 Marzo 2013 22:31

xabier_castro

Dentro do programa “Fin de semana con Cunqueiro”, terá lugar un xeitoso faladoiro titulado "O cocido de Cunqueiro", con Xavier Castro (catedrático de Historia Contemporánea da USC e especialista en historia da alimentación). O mesmo terá lugar o sábado 9 de marzo ás 13 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas.  O convidado será presentado por  Gonzalo Navaza (IEM).

Ler máis...
 
Fin de semana con Cunqueiro
Escrito por IEM   
Luns, 04 Marzo 2013 23:05
alvaro-cunqueiro
Os vindeiros venres 8 de marzo e sábado 9 terán lugar dúas actividades vencelladas á figura de Álvaro Cunqueiro.
Ler máis...
 
O “Cocido de Cunqueiro” no Pazo da Escola (Mañufe)
Escrito por IEM   
Mércores, 06 Marzo 2013 21:59

cocido-cunqueiro2

Finalmente queda confirmado en 25 o prezo do “Cocido de Cunqueiro” que degustaremos este sábado 9 de marzo no Pazo da Escola. O menú está composto por: Caldo e sopa. Cocido con Porco Celta ( cacheira, touciño, pezuños, espiñazo, costelas, lacón, orella, tenreira, polo, repolo, verzas, garabanzos e feixóns ) acompañado de filloas salgadas. Sobremesas variadas : (Chulas borrachas, leite fritido e filloas gordas de sangue ). Viños: Mencía Valdeorras, augas e refrescos. Café e licores (chupito de licor convencional).

Ler máis...
 
A Universidade de Vigo rende homenaxe a Francisco Fernández del Riego no seu centenario.
Escrito por IEM   
Venres, 01 Marzo 2013 20:51

Paco-del-Riego

O vindeiro luns 4 de marzo a Universidade de Vigo procederá ao descubrimento dunha placa ao pé do pradairo plantado en 2010 na honra de Don Paco del Riego, nos xardíns do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (CACTI) . O acto terá lugar ás 12 horas e contará coas intervencións do vicerreitor Xosé Henrique Costas e o presidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta de Haz, quen lembrarán a figura do intelectual galeguista, e tamén 1º Doutor Honoris Causa do centro universitario.
Ler máis...
 
Álvaro Cunqueiro e a metafísica do Instante
Escrito por IEM   
Mércores, 06 Marzo 2013 11:46
cesar-cunqueiro
César Cunqueiro achegaranos aspectos do mundo interior do seu pai nunha conferencia que levará por título "Álvaro Cunqueiro e a metafísica do Instante". O faladoiro terá lugar o vindeiro venres 8 de marzo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), sede do IEM. O acto será presentado por Ani González Pérez (Casa dos Anxos, Chaín).
 
Nova TERTULIA do IEM: Mesa sobre Agricultura Ecolóxica.
Escrito por IEM   
Mércores, 27 Febreiro 2013 00:33

agricultura_ecologica

César Lema (biólogo especializado en agricultura e permacultura) e Roberto Álvarez (Facenda O Agro) analizarán a realidade da agricultura ecolóxica así como as súas perspectivas no que será o quinto faladoiro das TERTULIAS do IEM da tempada 2012-2013. O acto terá lugar este venres 1 de marzo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº10, baixo, Gondomar). Os convidados serán presentados por Xosé Ramón García, membro da Xunta de Goberno do IEM.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 Seguinte > Final >>

Páxina 102 de 206