Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018)

Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei.

Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
O Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o Concello de Gondomar convocan o XI Premio de poesía Victoriano Taibo

Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 14 Abril 2018 23:19
vt20171

O Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o Concello de Gondomar convocan o XI Premio de poesía Victoriano Taibo

Ponse en marcha a convocatoria do XI Premio de Poesía Victoriano Taibo por medio da publicación das seguintes bases.

BASES

O IEM, Instituto de Estudos Miñoráns, en colaboración co Concello de Gondomar convoca o XI Premio de Poesía Victoriano Taibo. O premio, dotado con 3000 € e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo, rexerase polas seguintes bases:

1. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, non poderán ser adaptacións e estarán escritos en lingua galega, de acordo coa normativa aprobada pola Real Academia Galega en 2003.

2. Cada traballo consistirá nun ou varios textos poéticos, cunha extensión non inferior a 300 versos, que constitúan un conxunto.

3. De cada obra presentarase orixinal e catro fotocopias. Os autores ou autoras concursarán polo sistema de plica. Os traballos faranse chegar por correo ao seguinte enderezo: Apartado 30 36 380 Gondomar Pontevedra

4. Os traballos presentados conservaranse durante un mes a partir da data de publicación da resolución do xurado, período durante o cal poderán ser recollidos no local do IEM en Gondomar, trnascorrido ese prazo destruiranse os que non fosen solicitados polos seus autores ou autoras.

 

5. O prazo de admisión de orixinais comezará cando se faga pública esta convocatoria e rematará o día 31 de xullo de 2017.

 

6. O xurado estará constituído por persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario.

7. A obra premiada será publicada polo IEM na Colección Victoriano Taibo e non xerará dereitos de autor durante os primeiros 1500 exemplares editados..

8. O premio outorgado será único e indivisible. O xurado poderá declaralo deserto se estima que a calidade das obras presentadas así o aconsella.

9. Calquera incidencia non prevista nesta convocatoria será resolta polo xurado.

10. O feito de participar supón a aceptación destas bases.

O Premio de poesía Victoriano Taibo recoñeceu até o de agora a obras das seguintes escritoras e escritores:Carlos Negro con Cultivos Transxénicos, Mª CarmenCaramés con Cuarto Minguante, Elvira Riveiro e Silvia Penas con Biografía da Multitude, Mª Goretti Fariña con Devastacións dispoñibles, Calros Solla con Holocausto Zacoe, Conchita Álvarez Lebredo con Distancias e Simetrías, Ramón Sandoval con Territorios Estraños, Lara Rozados con O caderno amarelo, Iñaki Varela con Do outro lado das portas, Xosé Iglesias con A relixión do mar e Rafa Vilar con Erosións.

O IEM e o Concello queren, a través deste premio, enxalzar a figura de Victoriano Taibo, escritor e mestre na parroquia de Morgadáns, e contribuír ao crecemento da literatura na nosa lingua, convertendo Gondomar e este premio nunha cita imprescindíbel para as letras galegas.

Gondomar, 9 de abril de 2018