Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación do documental “O lado escuro do carbón”. Venres 7 de decembro ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas. IEM -Gondomar

Día: venres 7 de decembro
Hora: 20:30h
Lugar: Aula de Cultura Ponte de Rosas. IEM -Gondomar

 

Presentado e realizado por Greenpeace.

O carbón deixa un escuro rastro tras de si. A súa queima en centrais térmicas como as de Meirama e As Pontes xera inxentes emisións de CO2, converténdoo no principal causante do cambio climático e de graves problemas sociais e de saúde.

O documental "O lado escuro do carbón" (Título orixinal: El lado oscuro del carbón) fai unha recompilación dos impactos da súa extracción e combustión en diferentes localizacións do Estado. As desgarradoras testemuñas de médicos, exmineiros, activistas e asociacións veciñais de zonas con centrais térmicas de carbón e zonas de extracción relatan todo o que agacha o carbón: destrución da contorna, contaminación, problemas sociais, doenzas graves... Estas voces, case que sempre ignoradas e silenciadas, son as protagonistas dunha loita chea de dificultades pero tamén de esperanza.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
Presentación do libro Serra da Groba. A formación da paisaxe de Xurxo Pérez Pintos e Xosé María Bouzó Fernández. Venres 27 de abril ás 20:30h

Escrito por IEM -Sec   
Luns, 23 Abril 2018 00:08
s. groba
O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir este venres 27 de abril ás 20:30h, á presentación do libro Serra da Groba. A formación da paisaxe do que son autores Xurxo Pérez Pintos e Xosé María Bouzó Fernández.
Esta edición fíxose grazas ó esforzo persoal dos autores. financiada na súa maior parte por eles. Contou coa axuda de varias comunidades de montes: Santa Mariña do Rosal, de Viladesuso e Oia así como as asociacións de A Jalleira e o IEM.
Este libro é o resultado dun traballo realizado hai 25 anos para un dos Paseos Pedagóxicos que os autores veñen levando a cabo dende aquela ata a actualidade, e no que se reflicte unha visión da actuación do home sobre a paisaxe, neste período de tempo que se deu en chamar antropoceno.

A Serra da Groba é un espazo onde se xuntan xeoloxía, arqueoloxía, botánica, etnografía para ofrecernos un mosaico artellado en capas que os ollos expertos dos autores amósannos dun xeito sinxelo e didáctico, facéndonos máis doada a lectura e interpretación da paisaxe da Serra da Groba.

O acto será presentado por Xilberte Manso, membro da xunta de Goberno do IEM.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.