Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio
Skip to content
II Certame escolar de creación dramática.

Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 24 Outubro 2018 18:08
b.t18.1
b.t18
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
Desde a Sección de Teatro do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) en unión dos grupos de teatro afeccionado que nela se integran como colaboradores, queremos pór en marcha o II Certame escolar de creación dramática para o estudantado, desde 5º de Primaria, até rematar a educación secundaria, cunha idade máxima de 20 anos.
O teatro é unha forma de achegarse á literatura, á música ou á plástica, mesmo outra forma de se achegar á tecnoloxía e á informática. É unha disciplina e é unha técnica. É un medio de ampliar os nosos coñecementos.

Estamos ilusionados e ilusionadas con esta proposta e agardamos que a acollades coa mesma emoción e a convicción de que é unha ferramenta pedagóxica tradicional e modernísima que redundará na formación do alumnado.
Animádevos a participar!

 

Bases do certame:
1
Poderá concorrer todo o estudantado de 3o Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que non supere os 20 anos.
2
Os participantes farano a título individual e poderán presentar un único traballo.
De decidiren crear unha obra en grupo, deberá ser presentada co nome do seu representante que será o beneficiario do premio e o responsable ante os seus compañeiros de compartilo.
3 dramática, que se
As obras deben ser orixinais e inéditas e estaren escritas en galego de acordo coa normativa aprobada pola Real Academia Galega en 2003. Deberán ter o formato propio dunha obra teatral, é dicir, presentarse en forma de diálogo. Valorarase, ademais da orixinalidade e o argumento, a calidade da lingua utilizada; tamén se valorará a utilidade dos comentarios que acompañen ao texto (vestiario dos personaxes, entradas e saídas, decorado, e calquera outra indicación en beneficio dunha mellor representatividade da obra).
4
Os traballos presentaranse, preferentemente, mecanografados por unha soa cara. Tamén se poden presentar en CD ou outro soporte informático. Non levarán sinatura ou, en todo caso, esta será un pseudónimo. En folio á parte darase a coñecer (citando o título da obra) o nome do autor así como a súa idade, curso e colexio ou instituto no que está matriculado.
5
Se os traballos se envían conxuntamente dende un centro escolar, os folios individuais de datos poden ser substituídos por un só documento no que se relacionen todos os participantes e a información que corresponde a cada un.
6
As obras enviaranse, facendo constar no sobre II Certame escolar de creación dramática, antes do día 15 de Xaneiro do 2019, ao seguinte enderezo:
Instituto de Estudos Miñoráns
Aptdo. 30
36380 Gondomar (Pontevedra)
7
O premio, único para cada nivel, consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra no web do IEM e a súa representación, por parte dalgún dos grupos integrados na sección de teatro, en, polo menos, un escenario do Val Miñor.
Os niveis estableceranse da seguinte maneira:
Nivel 1
Terceiro ciclo de educación primaria.
Nivel 2
Primeiro, segundo e terceiro da ESO.
Nivel 3
Cuarto da ESO e Bacharelato.
Ademais, o xurado poderá entregar os accésit que considere oportunos, declarar deserto algún deles ou repartilo ex aequo entre dous autores.
8
Os premios faranse públicos antes do 31
de Marzo de 2019 e as obras premiadas representaranse antes de que remate o ano.
9
O xurado estará formado por persoas ligadas ao IEM ou colaboradoras con coñecementos suficientes sobre a actividade de teatro afeccionado.
Tamén poderá facer mencións honoríficas sobre algúns traballos non premiados.
10
O alumnado que resulte premiado renuncia aos seus dereitos de autor para a estrea da obra e para a publicación no web do IEM.
11
A interpretación destas bases correspóndelle unicamente ao xurado. O feito de participar no certame supón a súa aceptación.