Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e doutor en Evolución Humana no faladoiro " Pasado e presente no coñecemento das primeiras ocupacións humanas de Galicia", o venres 30 de xuño ás 20:30H.

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza o vindeiro venres 30 de xuño ás 20:30H o faladoiro "Pasado e presente no coñecemento das primeiras ocupacións humanas de Galicia" por Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e doutor en Evolución Humana e membro do IEM, que se desenvolverá na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

PASADO E PRESENTE NO COÑECEMENTO DAS PRIMEIRAS OCUPACIÓNS HUMANAS DE GALICIA

O coñecemento sobre o “cando” e o “como” da orixe do poboamento humano do que hoxe coñecemos como Galicia sufriu un forte retraso na investigación con respecto a outros períodos da nosa Prehistoria. É máis as escasas nocións que se tiñan sobre este período esbozaban unha imaxe de atraso e de conservadorismo anacrónico, que sustentaban o a decimonónica idea do “atraso secular e Galicia”. Na actualidade as investigacións desenvoltas en diferentes puntos de Galicia, nomeadamente na bacía do rio Miño permite ter unha idea totalmente diferente desta época.Estes traballos permítennos falar do intre no que os primeiros grupos humanos establécense na rexión fai algo máis de 300.000 anos. As mostras das actividades destes primeiros galegos as podemos observar en xacementos tan representativos como as Gándaras de Budiño, O Cabrón ou Porto Maior. En Porto Maior temos as primeiras mostras seguras de presenza humana en Galicia, datadas en cerca de 300.000 anos. Tamén atopamos un escenario de ocupación, caracterizado por unha grande acumulación de útiles, a cal non atopa paralelo estrito en todo o continente europeo. Gándaras de Budiño e O Cabrón nos falan dos últimos grupos que empregan unha forma de traballar a pedra que chegou de África miles de anos antes. Os humanos que habitaban estes dous xacementos son dos últimos exemplos das xentes que usaban esta tecnoloxía e xa son
Está en:  Inicio
Skip to content
Abrimos inscricións para un curso de creación literaria a cargo da escritora Marta Dacosta no IEM.

Escrito por IEM   
Xoves, 28 Agosto 2014 23:29
MARTA_DACOSTA

O vindeiro mes de outubro dará comezo un obradoiro de creación literaria a cargo da escritora Marta Dacosta. Baixo o título "II obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo: Desenvolvendo o nobelo", 25 persoas poderán participar desta actividade que se desenvolverá durante sete sesións na nosa sede, Aula de Cultura Ponte de Rosas cas seguintes características:


Datas: Outubro: 4, 11, 25 / Novembro: 8, 15, 22 , 27.
Horario: Sábados de 11 a 12:30 horas, agás o 27 de novembro, xoves que será ás 20:30 horas.
Lugar: Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10, baixo –Gondomar.
Matrícula: 20 euros o curso completo.
Prazas: Máximo 25 e cun mínimo de 10 inscritos para desenvolver o curso.
Inscricións: A través do correo oficina @minhor.org / de luns a venres de 18 a 22 horas no teléfono 986360575.
Sesións: Iniciaremos cada sesión cunha reflexión inicial sobre: a importancia da lectura para a persoa que escribe, o uso das figuras retóricas, a selección das fontes literarias, a inspiración, a técnica... e a partir desa reflexión inicial realizarase a creación dun texto que logo leremos e comentaremos entre todas e todos. En varias ocasións traballaremos con textos de Victoriano Taibo, autor que dá nome ao Obradoiro.

 

Programa do curso preme aquí para descargar