Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018)

Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei.

Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
Coñecendo a nosa prehistoria no CEIP Humberto Juanes

Escrito por IEM   
Luns, 24 Setembro 2012 21:31
Alumnos-do-CEIP-Humberto-Ju

Un cento de nenos dos cursos de 5º e 6º grao do CEIP Humberto Juanes recibiron a visita do director da Sección de Arqueoloxía do IEM, Eduardo Méndez Quintas. Os cativos, ademais dunha charla informativa sobre o Paleolítico en Galicia, tiveron a posibilidade de observar pezas auténticas das atopadas durante a ultima tempada de escavacións no xacemento O Cabrón.
A actividade completouse cun obradoiro de arqueoloxía experimental no que Eduardo Méndez reproduciu as técnicas básicas de elaboración e uso de útiles e ferramentas de pedra.
Dim lights Embed Embed this video on your site