Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Laura Ramos Cuba gaña o XIº Premio de poesía VictorianoTaibo coa obra presentada baixo o título de A situación actual

O xurado do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, integrado polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición, resolveu que o libro gañador desta XIª edición era o presentado co título de A situación actual que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Laura Ramos Cuba.

O xurado valorou que se trata dunha obra absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación límite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo. O xurado tamén salientou a unidade do libro, que mantén ao longo da lectura o pulso e o ritmo.

Laura Ramos Cuba, é unha moza burelá graduada en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Este é o seu primeiro premio e, será, o seu primeiro libro publicado, co que o certame Victoriano Taibo ten a satisfacción de permitir que saia á luz esta voz actualísima que nos fala desde as súas propias coordenadas inseridas neste século XXI.

A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
José González no terceiro faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros”. Problemáticas do territorio en relación coa Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais. Venres 9 de marzo ás 20:30 h.

Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 04 Marzo 2018 00:24
gonzlez vzquez jos

José González, voceiro do Partido Popular de Galicia na Comisión de Agricultura, Gandaría e Montes, participará o vindeiro venres 9 de marzo ás 20:30 horas no terceiro faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros" no que seguiremos a tratar a situación de Galicia respecto das problemáticas do territorio en relación coa Lei de Montes e a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais".

Moderará a xornada David Reinero, xornalista de Praza Pública.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.