Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Presentación do documental “O lado escuro do carbón”. Venres 7 de decembro ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas. IEM -Gondomar

Escrito por IEM -Sec   
Martes, 04 Decembro 2018 02:16
carbon_gondomar2

Día: venres 7 de decembro
Hora: 20:30h
Lugar: Aula de Cultura Ponte de Rosas. IEM -Gondomar

 

Presentado e realizado por Greenpeace.

O carbón deixa un escuro rastro tras de si. A súa queima en centrais térmicas como as de Meirama e As Pontes xera inxentes emisións de CO2, converténdoo no principal causante do cambio climático e de graves problemas sociais e de saúde.

O documental "O lado escuro do carbón" (Título orixinal: El lado oscuro del carbón) fai unha recompilación dos impactos da súa extracción e combustión en diferentes localizacións do Estado. As desgarradoras testemuñas de médicos, exmineiros, activistas e asociacións veciñais de zonas con centrais térmicas de carbón e zonas de extracción relatan todo o que agacha o carbón: destrución da contorna, contaminación, problemas sociais, doenzas graves... Estas voces, case que sempre ignoradas e silenciadas, son as protagonistas dunha loita chea de dificultades pero tamén de esperanza.