Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Conferencia da artista e educadora interdisciplinaria Cristina Pato "Transcendendo disciplinas: artista sostible do século XXI". Venres 22 de xuño Ás 20:30h no Auditorio de Nigrán

O vindeiro venres 22 de xuño, ás 20:30 horas, o Instituto de Estudos Miñoráns organiza a conferencia de Cristina Pato "Transcendendo disciplinas: artista sostible do século XXI". Será presentada por Camiño Noia Campos. Nas breves interpretacións musicais será acompañada polo acordeonista miñorán, Premio Grammy, Roberto Comesaña. Terá lugar no Auditorio de Nigrán.

 

Cristina Pato (Ourense, 1980)

Artista e Educadora Interdisciplinaria.
Membro e Asesora de Educación do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma

Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (Departamento de Música).

 

Cristina Pato é unha gaiteira, pianista, produtora e educadora apaixonada. Aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” polo The New York Times, e como “un dos mestres vivos da gaita” polo The Wall Street Journal, a súa vida profesional está adicada ao intercambio cultural e a forxar novos camiños para a Gaita Galega. Cristina ten actuado en grandes escenarios de todo o mundo e ten lanzado e producido seis discos como gaiteira solista e dous como pianista, e colaborado en máis de 40 gravacións como artista invitada.

 

A educación xoga un papel esencial na vida persoal e profesional de Cristina. Traballa como Asesora de Educación do Silkroad, e é artista residente na Universidade de Harvard e na Universidade de California Santa Barbara, onde desenrola proxectos educativos interdisciplinares sobre o papel das artes na sociedade.

 

Cristina posúe un Doutorado en Musical Arts pola Rutgers University (EUA) os títulos superiores de Piano, Teoría da Música e Música de Cámara polo Conservatorio de Musica do Liceu, e un Master en Artes Dixitais (Música Dixital) da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. Foi a fundadora do festival Galician Connection, e escribe unha columna semanal para La Voz de Galicia.

 

En 2017 Cristina Pato foi nomeada Blodgett Distinguished Artist in Residence na Universidade de Harvard (Departamento de Música).

 

Está en:  Inicio
Skip to content
Imaxes da presentación do libro "Cántico dos topónimos esdrúxulos"
Xoves, 16 Setembro 2010 23:06

{youtube width="200" height="160"}hJcIiB6E6iU{/youtube}

Coincidindo coa inauguración (10 de setembro de 2010) da exposición "MATERIAL METÁFORA" tivo lugar a presentación do libro Cántico dos topónimos esdrúxulos de PEPE CÁCCAMO, editado por Espiral Maior nunha edición limitada de 100 exemplares con ilustracións do autor.

Ler máis...
 
Testemuña do fillo de Manuel Aballe Domínguez. Volta dos Nove
Mércores, 15 Setembro 2010 23:03

{youtube width="200" height="160"}IAQApEmpUFc{/youtube}

 

O martes 14 de setembro o IEM recibiu a visita de Luís Aballe Rial, fillo de Manuel Aballe Domínguez, uns dos nove  asasinados, na madrugada do 16 de outubro de 1936, na estrada de Camposancos, ao saír de  Baiona e antes de chegar a Baredo,  no lugar hoxe coñecido como Volta dos Nove.
Ler máis...
 
Fino Lorenzo presenta "Material Metáfora" na Aula de Cultura Ponte de Rosas
Xoves, 16 Setembro 2010 22:55

{youtube width="200" height="160"}zNPMbSKil9Q{/youtube}

O venres 10 de setembro ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, (Avda. Campo da Feira, 10, baixo, Gondomar) inaugurouse a exposición de PEPE CÁCCAMO "MATERIAL METÁFORA" .A presentación da mostra estivo a cargo do artista Fino Lorenzo (IEM).A exposición permanecerá aberta entre o 10 de setembro e o 8 de outubro e poderá ser visitada, os días laborables, entre as 19h e as 22h.

Ler máis...
 
Xeira en Cotobade
Mércores, 15 Setembro 2010 19:43

escudo_CotobadeO próximo venres 17 de setembro, ás 21h. na antiga Escola Aguasantas, no Concello de Cotobade, Xosé Lois Viar (IEM), dará unha charla sobre arte rupestre en Galicia. Posteriormente os asistentes visitarán xunto aos membros do IEM, os petróglifos de A Porteliña da Corte e de Portoval.
Deixamos esta escolma de imaxes da última xeira en Cotobade.

{youtube width="200" height="160"}azHpZIQjUgU{/youtube}

 
Unha historia da represión franquista no Val Miñor
Mércores, 15 Setembro 2010 23:06

murguiaAchegamos para descargar o artigo "A Volta dos Nove: notas para unha historia da represión franquista no Val Miñor", de Xosé Lois Vilar Pedreira (IEM), e Carlos Méixome Quinteiro (IEM), publicada na Revista Galega de Historia Murguía, no Nº 7/8, ano 2003.

 
O IEM nos CEIP de Nigrán
Martes, 14 Setembro 2010 22:10

edu-arboO noso compañeiro Eduardo Méndez Quintas realizará unha charla, mañá mércores 15 de setembro, para os alumnos do CEIP Carlos Casares e o CEIP Humberto Juanes do Concello de Nigrán, sobre o tema " A prehistoria en Galicia e no Val do Miñor". Eduardo Méndez Quintas é o director da sección de Arqueoloxía e Etnografía do IEM e ten nestes momentos baixo a súa responsabilidade os traballos de campo do Xacemento do Paleolítico Inferior en O Cabrón, Concello de Arbo

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 Seguinte > Final >>

Páxina 199 de 212