Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Nigrán acolle a presentación de A senda de sal de Fran Fernández Davila. Xoves día 14, ás 20 horas,

A editorial Galaxia, coa colaboración do IEM, presenta esta novela que ten a Panxón como un dos seus protagonistas

Este xoves día 14, ás 20 horas, no Salón de Plenos de Nigrán, a Editorial Galaxia, coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, presentan a novela A senda de sal de Fran Fernández Davila.

Na presentación, o autor estará acompañado de Juan González, alcalde de Nigrán, e a escritora Marta Dacosta, da Xunta de goberno do IEM.

O autor, Fran Fernández Davila

Vigués residente en Panxón, enxeñeiro de Minas, nos últimos anos comezou dar a coñecer a súa obra literaria. En poesía resultou finalista do Premio Victoriano Taibo nas dúas últimas edicións, coas obras Capetón e Saint-Pierre-et-Michelon. En 2017, comezou acadar os primeiros premios en narrativa, o de Relato Curto "A Cividade" de Mos, con "O premio", e o de MicroCatrorrelatos, con "As balas de Kock". Ese mesmo ano, obtén o Premio de novela por entrega de La Voz de Galicia con A senda de sal.

A senda de sal

Intriga, segredos, poesía, mar, historia e memoria son os ingredientes cos que o autor compón esta obra que nos vai enredando nas súas redes até atraparnos. A senda de sal é unha novela ambientada no sur de Galiza, que une presente e pasado e crea un fresco literario en que Panxón, o Val de Miñor, é protagonista.

Un vello mariñeiro de Panxón, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar unha serie de acontecementos da súa mocidade que se remontan á Segunda Guerra Mundial, cando Vigo e o Val Miñor xogaron un papel clandestino pero decisivo, e que tiveron un impacto histórico considerable. A senda de sal arrinca co encontro entre ese mariñeiro e unha muller en crise, a quen escolle para rescatar da

Está en:  Inicio
Skip to content
Mes da Memoria- Repertorio de Margarida Mariño martes 31, ás 20:00h.
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 31 Outubro 2017 00:26

 

margarida

O Instituto de Estudos Miñoráns, no fío de "Nigrán a través da Memoria", ofrecerá mañá martes ás 20:00 horas no Auditorio Municipal deste concello, un repertorio de cinco pezas interpretado pola violonchelista Margarida Mariño, que acompañará a lectura de narracións sobre a represión no Val Miñor.

Programa:

-Sarabande de la Suite 1 para violoncello Solo - J. S. Bach

-Unha noite na eira do Trigo - Curros Enríquez / Cesáreo Alonso Salgado

-El cant dels Ocells - Tradicional Catalana

-Lela - Castelao / Rosendo Mato

- El Cisne - Camille Saint Saëns

-Negra Sombra - Rosalía de Castro / Xoan Montes

Curriculum:

Comeza os seus estudos de violoncello ós oito anos no conservatorio de Vigo e licenciase en Barcelona polo Conservatorio Superior del Liceo. Recibiu clases de prestixiosos violoncellistas a nivel internacional coma Cristoph Coin, Asier Polo ou Arnau Tomás. Colaborou con proxectos orquestais coma La Via dei Concerti en Italia e Francia ou a Orquestra Solidaria Ressonance en Suiza, actualmente é membro titular da Orquestra Sinfónica Vigo 430.
Compaxina a súa traxectoria clásica con outros estilos coma a improvisación libre, o jazz e o folk no violoncello e o contrabaixo. Nos últimos anos formouse no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra co pianista e compositor Abe Rábade. Ten formado parte de distintos proxectos coma o dúoTreme, premio á mellor banda Galega no ano 2015 pola Concellería de Cultura de Santiago ou co mandolinista Fernando Barroso, co que presentará un novo traballo discográfico a partir do ano que ven.
Actualmente compaxina a súa carreira coma solista formando parte da programación do Teatro Real en Madrid coa súa faceta mais experimental, estudando os recursos do violoncello a través dos pedais e a electrónica.

 
Presentación do libro "Limaduras de prata" de Luisa Abad. Venres 27 de outubro ás 20:00h.
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 22 Outubro 2017 20:26

presentacin iem

O vindeiro venres 27 de outubro, ás 20:00h e na Aula de Cultura Ponte de Rosas en Gondomar, o IEM acolle a presentación do libro poemario “Limaduras de prata” escrito por Luisa Abad. Acompañarán a autora Mercedes Leobalde, escritora, M.J.Pérez, cantante e Bruno Centelles, membro do IEM, como presentador do acto.

Luisa Abad naceu no ano 1951 e traballou durante 40 anos no eido da educación.

Limaduras de prata é un poemario que esta coruñesa escribiu durante o tratamento dun linfoma. Agora, a autora está a percorrer diversos puntos de Galicia para presentar unha obra repleta de experiencias, sensacións e emocións, tratando de impulsar a súa venda xa que toda a recadación será destinada á Asociación Española contra o Cancro e aos proxectos de investigación que promove.

 
XII Xeira Alén Miñor- Compostela 2-3 de decembro 2017
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 30 Outubro 2017 00:37
santiago
Xurdida como "Locus Sancti Iacobi", iluminada polo culto ao sepulcro do Apóstolo Santiago, Compostela actuou sempre como punto de atracción, nun primeiro momento para as instancias relixiosas, da man da monarquía astur, e máis tarde para as civís. Lugar de peregrinaxe, lugar de destino, cidade que aglutina en torno á figura do Apóstolo un mundo complexo e rico.

Existen moitas formas de visitar unha cidade como Compostela, unha cidade con séculos de historia que agocha innumerables alternativas arquitectónicas de diferentes períodos e espazos de innegable interese e valor social.
Hai unha Compostela monumental e relixiosa do perímetro murado, unha Compostela monumental civil ou unha Compostela contemporánea. Ademais existen prazas públicas e zonas verdes con moita singularidade e historia.
Deste crisol fixemos, entre outras, a seguinte escolla:

• San Martiño Pinario

Foi o máis influínte e maxestoso mosteiro bieito de Galicia. A destacar o baldaquino da Igrexa e os cadeirados dos coros (a do coro alto, que pertenceu á Catedral, é renacentista do s. XVII). Así como a súa colección de pintura, escultura, ourivaría, restos arqueolóxicos e obxectos que se refiren o cotiá dos monxes que o habitaron: imprenta, botica e gabinete de historia natural do mosteiro, entre outros.
Actualmente ten distintos usos: Seminario Maior Diocesano, escola de Traballo Social (USC), Instituto Teolóxico Compostelán, residencia universitaria, hospedería, arquivo diocesano, dependencias administrativas da dioceses, espazo cultural e igrexa de culto.

• Hospital Real

O actual edificio foi mandado construír en 1501 polos Reis Católicos para atender os doentes e peregrinos "do divino Xacobe", segundo se pode ler na inscrición latina que recorre o friso superior da portada. A súa construción, non obstante, decidiuse no 1492 coincidindo co descubrimento de América.

• San Frutuoso.S. XVIII. Barroco.

Coñecida tamén como igrexa das Angustias de Abaixo. Templo de estilo churrigueresco proxectouse por Lucas Ferro Caaveiro no século XVIII. Na súa construción de planta central sobresae a grandiosa cúpula de media laranxa.
No seu interior destaca a Piedade Neoclásica de Antón Fernández o Vello, que preside o altar maior.
Ler máis...
 
Proxección do documental "Matriarcas", martes 24 de outubro ás 20:00 h.
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 20 Outubro 2017 19:46
matriarcas

O vindeiro martes 24 de outubro, no marco de actividades “Nigrán a través da memoria” terá lugar ás 20:00h a proxección do documental “ Matriarcas” no Auditorio de Nigrán.

 
Obradoiro de esteiróns. Coordinadora: Mª Luisa Fernández 20 e 21 de novembro, de 19:00H a 21:00H
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 29 Outubro 2017 23:49

obradoiro de esteirns

O Instituto de Estudos Miñoráns acolle este mes de novembro un obradoiro de folla de cana, no que se ensinará a facer esteiróns. Os días 20 e 21 de 19:00h a 21:00h no local do IEM (Avda.da Feira, 10 baixo- Gondomar).

O material para a súa confección será aportado polo IEM e o prezo deste obradoiro é de 5 €.

As prazas ofertadas son 15 por orde de inscrición.

Para anotarse haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

ESTEIRÓNS

Pezas feitas de folla de cana que se facía no outono, no tempo de recollida das canas. De formas redondas ou ovaladas, tiñan moitos usos, entre eles ser pezas para pousar os potes enferruxados e quentes que saían das lareiras. Tamén se usaban para poñer no chan diante da porta de entrada e limpar os pés, e mesmo para quentalos.

 

 
Suspensión da presentación de “ Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 16 Outubro 2017 22:23

8551473339712-bandera-de-galicia-con-lazo-negro

Como consecuencia da declaración polo Concello de Nigrán de tres días de loito oficial, quedan suspendidas tódalas actividades organizadas polo Concello, e polo tanto tamén a presentación de “Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 207