Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

O IEM e o Concello de Gondomar homenaxean a María Victoria Moreno.

O acto terá lugar na Paradela, na praza Latino Salgueiro de Gondomar, e comezará ás 19:30 horas

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o concello de Gondomar, a través da concellaría de Cultura, celebrarán as Letras galegas cunha homenaxe á escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica a data este ano.

Os escritores Iria Misa e Miguel Anxo Mouriño lerán fragmentos da obra desta profesora estremeña que namorou da lingua galega e dedicou a súa vida a escribir en galego, especialmente para os máis novos e novas. Ese lectorado tan presente para María Victoria Moreno estará representado neste acto por alumnado do CEIP Neira Vilas e IES plurilingüe Terra de Turonio, que lerán fragmentos de Eu conto, ti cantas.

Acompañando á palabra recitada estará o grupo musical Xardín desordenado que interpretará pezas do seu último traballo, "A vitoria da luz", baseado en textos de María Victoria Moreno e pechará o acto. Tamén, durante todo o acto a pintora Irene Silva realizará un mural en directo.

Palabra, música, pintura únense así para festexar a nosa lingua, esta que tanto amou María Victoria Moreno, quen non dubidou en utilizala no ensino ou en dar aulas de lingua alí onde for requirida en tempos da ditadura franquista. Os seus versos, os seus relatos en que os animais teñen un papel principal, o seu amor pola lingua son o legado que nos deixa unha estremeña que un día namorou deste noso país.

Está en:  Inicio
Skip to content
Crónica: Subida ao Galiñeiro
Venres, 16 Xullo 2010 20:07
P1010099Cheira. Cheira a monte, a fentos e piñeiros, a silvas e toxos. Cheiramos nós: sendeiristas da Xeira á Serra do Galiñeiro.
Ler máis...
 
Ultimos días da mostra No Grande Azul
Luns, 05 Xullo 2010 21:05
Romay1_copiaAs imaxes en branco e negro, de gran formato, que José Romay expón na "Aula de Cultura Ponte de Rosas", supoñen un excelente exemplo de fotografía documental nas que se retratan as duras condicións de traballo dos mariñeiros galegos de altura e litoral.
Ler máis...
 
Xeira: Mámoas de Prado e petróglifos de Agua da Laxe
Venres, 09 Xullo 2010 23:42

Crónica dunha aventura.

Eduardo_Agua_da_laxe

"Sobre as once da noite e logo do remate do partido do mundial de fútbol, os participantes na primeira Xeira do verán 2010 preparáronse para unha noite de calor, mosquitos e moita aventura.

Ler máis...
 
Paneis das Xornadas sobre a Emigración Inmigración do Concello de Nigrán.
Xoves, 01 Xullo 2010 22:33
xornadas_sobre_a_emigracionO Concello de Nigrán realizou as Xornadas sobre a Emigración Inmigración, dende o día 4 ao 19 de xuño pasado, no Pazo de Pías (A Ramallosa).
O IEM participou nas mesmas como institución colaboradora, coa participación de seu director Carlos Méixome e o xornalista Álvaro Peralta.
Ler máis...
 
Xeiras 2010
Xoves, 08 Xullo 2010 22:58

Pica aquí e visita o blog cos programas e crónicas das Xeiras  2010.as_xeiras_4_copia

Como xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns este ano, no que celebramos o noso décimo aniversario, por noveno ano consecutivo- unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor.
Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes ou ao anoitecer dirixidos por especialistas no tema da visita.

Ler máis...
 
III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns
Xoves, 24 Xuño 2010 22:27
cartel 2010 copiaO próximo 30 de xullo de 2010 remata o prazo de presentación de orixinais para o
III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao que poderá concorrer calquera autor que envíe, antes do 30 de xullo próximo, ao enderezo Apartado 30, 36380, Gondomar, un libro de poemas escritos en galego cunha extensión mínima de 300 versos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 Seguinte > Final >>

Páxina 206 de 211