Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XVIII XEIRA ALÉN MIÑOR A CORUÑA E A MARIÑA CORUÑESA (24-25 de novembro)

As primitivas dimensións da Coruña ocupaban o que hoxe se coñece como Cidade Vella. Era A Coruña intramuros, e tanto o seu trazado como a súa arquitectura explican a historia desta cidade.A Cidade Vella fíxose á medida humana.Pedra, vidro e madeira mesturáronse para dar acubillo a fidalgos como a artesáns ou mariñeiros. A Porta Real foi a primeira entrada á primitiva cidade.

Moito que ver ou recoñecer nesta cidade vella, acompañados por un guía que é un dos referentes da cultura contemporánea do país, Felipe Senén.

A sede oficial da Real Academia (edificio dezaoitesco), noutro tempo propiedade de Pardo Bazán, moi preto da Colexiata de Santa María (principios do sc. XIV) que foi a igrexa dos gremios do mar e do comercio

Na contorna sitúase a Praza de Azcárraga. Está trazada sobre dous planos diferentes. No máis elevado enmárcase a antiga praza da Fariña, en cuxa bonita bóveda se acubilla a fonte do Desexo; no plano inferior está o palacio neoclásico da rexión militar noroeste, que data de 1740 e que acolleu a constitución da Xunta Suprema do Reino de Galicia en 1808, con motivo do alzamento coruñés contra as tropas napoleónicas.

O Convento de Santo Domingo levantouse a finais do século XIII, foi incendiado polos homes de Francis Drake a fins do XVII. A Igrexa data do século XVII e é de estilo barroco galego.

Moitos persoeiros, aventureiros, escritores, filósofos, científicos, ou persoas sen título como María Pita, que se enfrontou a Drake ou lideraron a resistencia ós franceses, viviron ou tiveron relación coa cidade. O Duque de Toscana, Cosme de Medicis, nunha das súas viaxes de coñecemento, o mariño Alejandro Malaspina, militares ou estadistas, como Porlier ou Melchor de Macanaz. Sir John Moore (repousa nos xardíns de San Carlos). Personaxes, espíritos da cidade ou simples cidadáns que inspiraron á Condesa de Pardo Bazán en "A Pedra Angular" ou a obra de Murguía e de Rosalía, os que xogaron co neno Pablo Picasso, que iluminaron o pensamento de Wenceslao Fernández Flórez ou de Salvador de Madariaga.

A cidade vella agocha máis recunchos queridos polos seus veciños, como o A Praza e O Convento das Bárbaras, próximos o Castelo de San Antón (hoxe Museo Arqueolóxico), antiga fortaleza do século XVI que se edificou sobre unha illa para protexer a entrada da ría dos ataques do pirata Drake. Ou o arquivo do Reino De Galicia (1775), que está encargado da recollida, custodia e posta a disposición do público da documentación de ámbito galego e provincial, xerada por diversos organismos de carácter xudicial ou administrativo con sede na provincia da Coruña.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
GONDOMAR DOCUMENTA: Galeg@s Universais
Venres, 13 Agosto 2010 21:46

Calendario1-webDeixamos un avance do filme da próxima semana, do ciclo Gondomar Documenta: Galeg@s universais. Historias do Mar. Unha película documental do pontevedrés Lukas Santiago. A proxección será o xoves 26 de agosto ás 22h. na Praza do Centro de Saúde de Gondomar.

Ler máis...
 
Como se caza o lobo? Xeira "Noite de Estrelas e Lobos"
Xoves, 12 Agosto 2010 22:17

SC04199_CustomDescrición da caza do lobo por Xilberte Manso de la Torre durante a Xeira "Noite de Estrelas e Lobos" e imaxes do percorrido. 11/08/2010.

 

 

Ler máis...
 
GONDOMAR DOCUMENTA: Filme MULLERES DA RAIA, xoves 19 de agosto na Praza do Centro de Saúde Gondomar
Venres, 13 Agosto 2010 21:12

cartaz-documentario2 Unha viaxe ás fronteiras do norte de Portugal e Galicia transportanos ao noso pasado máis recente: o contrabando local e a emigración clandestina. En tempos de represión, con gobernos ditatoriais, un grande número de portugueses emigrou para Francia cruzando as dúas fronteiras ilegalmente.

Ler máis...
 
Noite máxica no Monte Terroso
Luns, 09 Agosto 2010 22:53
xeira-rupestre-a-guarda-webAs xeiras nocturnas teñen a maxia que escenifica a escuridade. A  presenza da natureza ten outras cores e outras mensaxes que baixo o reinado do sol non podemos observar. Si alguén o tiña claro foron os antigos habitantes da nosa terra, que deixaron os seus  gravados nas rochas para que só se amosen cando o astro rei se deita ou apenas se ergue polo horizonte.
Ler máis...
 
Xeira Rupestre: Petróglifos de Monte Tetón
Venres, 13 Agosto 2010 18:25
Monte_tetnXeira que comeza co punto de encontro ás 21:30 h. do venres 13 de agosto na Casa do Concello de Tomiño. Despois de xuntarnos todos continuaremos ata o Monte Tetón.
Guías: Xilberte Manso, Xosé Lois Vilar
RECOMENDACIÓNS:
1. Roupa de abrigo.
2. Levade lanterna
3. Levade moitas ganas de gozar da natureza con respecto e agarimo
4. Pica aquí para ver o calendario, imaxes e crónicas das Xeiras IEM do verán 2010.
 
Viaxe virtual pola Xeira dos montes de Couso.
Venres, 06 Agosto 2010 22:28
couso-webA xeira  iniciouse no Local do IEM ás 18 h, para continuar en coche ata a área de lecer do alto do Viso, perto de Santo Antoniño, onde deixamos os veículos. Logo subimos a pé ata o alto dos Castros para ver as fermosas vistas sobre o Val Miñor e a posible ubicación dun poboado castrexo.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 Seguinte > Final >>

Páxina 207 de 217