Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
Agresión ao conxunto arqueolóxico Agua da Laxe, Vincios (Gondomar).
Luns, 26 Xullo 2010 23:00

agresion agua da laxeTraballos de canalización de augas da Consellería do Medio Rural, danaron o soporte dunha rocha con petróglifos duns 4000 a 3500 anos de antigüidade. A pedra afectada contén un grupo de alabardas que integran o "Conxunto Agua da Laxe Nº 4", a maior colección de gravados de armas de Europa.

Ler máis...
 
Descarga o Calendario Rupestre IEM 2010
Venres, 16 Xullo 2010 22:49

2010_00_Portada_IEM_Medium

 

Ler máis...
 
Crónica: Xeira á Península de Monteferro
Venres, 23 Xullo 2010 20:26
nenosUn carreiro de estrelas esvara entre os piñeiros... É a Santa Compaña? Preguntan. Dende lonxe pouco se pode dicir. Temos que achegarnos. Un balbordo de voces indica que a Santa non é. Ela camiña silenciosa. Non tés que botarte ao chan. Non temas.Quérete levar, pero non ao cemiterio, se non a un sitio no que o tempo e o espazo conxugan o que foi có que é.
Ler máis...
 
Crónica: Subida ao Galiñeiro
Venres, 16 Xullo 2010 20:07
P1010099Cheira. Cheira a monte, a fentos e piñeiros, a silvas e toxos. Cheiramos nós: sendeiristas da Xeira á Serra do Galiñeiro.
Ler máis...
 
Illa de San Simón: Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo
Luns, 19 Xullo 2010 23:19

{youtube width="200" height="160"}yuEXH76Agv0{/youtube}

O Instituto de Estudos Miñoranos xunto con outra moitas Asociacións para a Recuperación da Memoria Histórica e as demais entidades adheridas á Iniciativa Galega pola Memoria (IGMigm participou no 18 de xullo na Illa de San Simón nunha homenaxe nacional ás vítimas do franquismo, seguindo a xeira comezada no 2006 -o ano da memoria- dedicado especialmente nesta ocasión a lembrar as familias dos represaliados que tiveron e teñen que sufrir as consecuencias do acontecido ao seu parente. Consecuencias polas que aínda hoxe non foron resarcidos.

Ler máis...
 
Xeira: Mámoas de Prado e petróglifos de Agua da Laxe
Venres, 09 Xullo 2010 23:42

Crónica dunha aventura.

Eduardo_Agua_da_laxe

"Sobre as once da noite e logo do remate do partido do mundial de fútbol, os participantes na primeira Xeira do verán 2010 preparáronse para unha noite de calor, mosquitos e moita aventura.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 Seguinte > Final >>

Páxina 215 de 221