Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PROSPECCIÓN ARQUEOLÓXICA, DOCUMENTACIÓN E RESTAURACIÓN DOS PETRÓGLIFOS DE GARGAMALA (Mondariz, Pontevedra)

Este proxecto de prospección arqueolóxica, documentación e restauración dos petróglifos de Gargamala (Mondariz), promovido polo Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo, será executado polo equipo técnico multidisciplinar do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) dirixido e coordinado polo historiador e arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira e do que forman parte: María Dolores Álvarez Rey, Eloy Martínez Soto, Bruno Centelles García, Xilberte Manso de la Torre, José Antonio Viña Arias, Eduardo Méndez-Quintas, Andrea Serodio Domínguez, Manuel Ledo Bernárdez e Jesús Rodríguez Diéguez coa colaboración especial, nas tarefas de prospección, de Cándido Verde e José Álvarez Alonso (O Buraco).

Nos días 5 e 6 de outubro de 2018 un incendio arrasou 150 Ha das parroquias de Sabaxáns e Gargamala (Mondariz) que afectou a área nuclear dos petróglifos de Gargamala con distinto grao de incidencia (termoclastos, ennegrecemento da superficie, arrastes de depósitos sobre as superficies) e deixando unha paisaxe depauperada e a pracer dunha forte erosión da tona terrea.

O conxunto de petróglifos obxecto desta actuación sitúase entre os 400 e os 470 m.s.n.m.. A gran maioría deles ocupando a parte alta dos outeiros (GA 36030023-18-11), as valgadas entre eles no caso do Campado (GA 36030055-14-15-54), chans como Campo Redondo (GA 36030038) cun amplísimo dominio visual ,que chega á Serra do Galiñeiro, parello ó emprazamento dos petróglifos da Coutada (Taboexa, As Neves) ou As Portaxes no Monte Tetón (Tebra, Tomiño) tamén obxecto de prospección, estudo, posta en valor e musealización por parte do Instituto de Estudos Miñoráns.

Na zona de actuación destaca a presenza dun ulleiro aproveitado polos veciños para a traída de augas doméstica e na outra vertente hai varios muíños hidráulicos.
Estamos ó redor das coordenadas 545.686/4.679.970 
(datum: ETRS 1989, fuso 29).

Esta concentración de petróglifos atópase na parroquia de Gargamala, no concello de Mondariz, composta polas aldeas de Vedrelos e O Soutiño na zona meridional e A Rúa, Mourelle, Boente e O Barro. A parroquia está rodeada por Frades, Riofrío, Sabaxáns e Toutón como freguesías do mesmo concello e polo norte polas de Traspielas e Ventín do concello de Fornelos de Montes. Estamos no sur do Suído nun mundo de serra onde as aldeas escasean e foi zona tradicional de pastoreo que deixou pegadas etnográficas nos chozos, neveiras, cerres para o gado e nos foxos de lobo.
Estamos no val medio-alto do río Tea cara o que drenan os núcleos habitados de Gargamala. A zona noroeste do Castro Chouso, O Foxo do Lobo, A Chan de Cairón... botan as augas no río Barragán que desauga no río Oitavén ó pé do castro da Cidade (Calvos, Fornelos) na mesma presa das Eiras.


Está en:  Inicio
Skip to content
Tertulia do IEM con Luís Liz Marzán
Escrito por IEM   
Xoves, 04 Marzo 2010 12:11
Luis MarzánContinúan os faladoiros do IEM. Nesta ocasión, o próximo venres 5 de marzo, estará con nós o catedrático de Química Física da Universidade de Vigo, *LUÍS LIZ MARZÁN* que será presentado polo membro da Xunta de Goberno do IEM, *Bruno Centelles.*

O relatorio do profesor Luís Liz, que dirixe un amplo equipo de investigación sobre nanoquímica, nanofotónica e nanomedicina, versará sobre “A nanotecnoloxía na nosa sociedade”
Ler máis...
 
Exposición de pintura de Manuel Izquierdo
Escrito por IEM   
Martes, 26 Xaneiro 2010 22:54

Manuel IzquierdoO próximo venres 22 de xaneiro ás 20:30h. será inaugurada, na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (avda. do Conde 10, baixo, Gondomar), a exposición do pintor MANUEL IZQUIERDO baixo o rótulo “CONSTRUCIÓN E VARIACIÓNS”

Na Aula de Cultura Ponte de Rosas, actual sede do Instituto de Estudos Miñoranos, (IEM), estreamos ano e, polo tanto, nova programación. Aínda sensibles, tralas datas que nos deixan, a certa noción repetitiva e circular do tempo, e recuperándonos dunha abusiva exaltación das emocións, sentimentos e aparencias, atopamos pracenteiro e especialmente pertinente presentar a obra singular de Manuel Izquierdo, un rara avis no panorama plástico contemporáneo.

Ler máis...
 
Nova revista do IEM
Escrito por IEM   
Martes, 23 Febreiro 2010 12:19
Amigos e amigas do IEM
Achegamos relación de traballos recollidos no novo número da Revista de Estudos Miñoranos:

*A prehistoria miñorá I: O paleolítico*, Eduardo Méndez Quintas

*O Outeiro dos Lameiros, o longo camiño da musealización, *Xosé Lois Vilar Pedreira e Eduardo Méndez Quintas
Ler máis...
 
Tertulia con Bieito Iglesias
Escrito por IEM   
Luns, 11 Xaneiro 2010 21:00

Bieito IglesiasCo novo ano continúan os faladoiros do IEM. Nesta ocasión estará con nós o escritor Bieito Iglesias Araúxo, nado en Ourense o 8 de xaneiro  de 1957. Licenciado en Historia e profesor de Lingua e Literatura Galega que será presentado polo director do IEM, Carlos Méixome.

Ler máis...
 
Tertulia con Albino Prada
Escrito por IEM   
Mércores, 03 Febreiro 2010 21:54
Albino PradaContinúan os faladoiros do IEM. Nesta ocasión estará con nós o economista e profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, ALBINO PRADA que será presentado polo membro da Xunta de Goberno do IEM, Xosé Manuel García Crego.
O relatorio do profesor Albino Prada versará sobre: “Galicia fronte á crise: Estructura e estratexia económica”.
Ler máis...
 
Tertulias do IEM con María do Cebreiro Rábade
Escrito por IEM   
Venres, 06 Novembro 2009 01:00
María do CebreiroO próximo venres 6 de novembro dará comezo o novo ciclo de Tertulias do IEM. Nesta ocasión estará con nós a poeta e profesora MARÍA DO CEBREIRO RÁBADE

VILLAR qye será presentado polo tamén poeta e estudante de Filoloxía Anxo M. Rodíguez Ratel.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 216 217 Seguinte > Final >>

Páxina 216 de 217