Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio
Skip to content
III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns
Xoves, 24 Xuño 2010 22:27
cartel 2010 copiaO próximo 30 de xullo de 2010 remata o prazo de presentación de orixinais para o
III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao que poderá concorrer calquera autor que envíe, antes do 30 de xullo próximo, ao enderezo Apartado 30, 36380, Gondomar, un libro de poemas escritos en galego cunha extensión mínima de 300 versos.

Ler máis...
 
Xornadas sobre a Emigración Inmigración en San Pedro da Ramallosa.
Venres, 11 Xuño 2010 09:39
xornadas_sobre_a_emigracionSábado 12 de xuño: no Pazo de Pías (Damas Apostólicas) San Pedro da Ramallosa 

20:00h. Proxección "Nuestras fiestas de allá". Película rodada a principios no ano 1927, dirixida por José Gil e financiada pola Asociación Hijos de Morgadanes en el Río de la Plata.

Presenta: Carlos Méixome, Director do Instituto de Estudos Miñoranos.

Ler máis...
 
Venres 25 de xuño. Presentación de As colareiras do Grove de Patricia Arias Chachero e Antón Mascato
Venres, 11 Xuño 2010 12:23

as_colareiras_do_groveVenres 25 de xuño
Ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar)
Presentación de As colareiras do Grove de Patricia Arias Chachero e Antón Mascato García
Interveñen: os autores, Miguel Muñiz (director da Editorial todogrove) e Serafín e Enrique Lorenzo propietario de Nacamar de Sabarís

Ler máis...
 
Fermín Bouza Álvarez pon o ramo ás Tertulias do IEM deste curso
Escrito por IEM   
Mércores, 09 Xuño 2010 09:32
A última das TERTULIA DO IEM deste cursos terá lugar o próximo venres 11 de xuño. Para rematar o ciclo estará con nós o catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid *Fermín Bouza Álvarez*. A súa charla leva por título */Galicia de perto e de lonxe/. O noso convidado será presentado polo profesor Manuel Sanseveriano.
Ler máis...
 
Venres 18 de xuño: Presentación do libro Catálogo Tipolóxico do Conto Galego de Tradición Oral.
Venres, 11 Xuño 2010 12:09
catlogo_tipolxico_do_conto_galego_de_tradicin_oralVenres 18 de xuño.

Ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar)

Presentación do libro Catálogo Tipolóxico do Conto Galego de Tradición Oral. Clasificación, antoloxía e bibliografía da profesora Camiño Noia Campos.
Presenta: Xosé Ramón Mariño Ferro. Profesor titular de Antropoloxía Cultural da Universidade Santiago de Compostela

Ler máis...
 
VII Premio de Xornalismo Nano Cambeiro
Escrito por IEM   
Mércores, 26 Maio 2010 01:53

Guillermo Rodríguez. Foto Riobó PradaO próximo venres 28 de maio de 2010 ás 20:30 h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas terá lugar o acto de entrega do VII Premio de Xornalismo Nano Cambeiro a Guillermo Rodríguez, director do xornal “A Peneira” pólo suplemento “A Perneira do Miñor”

No acto intervirán, o Presidente da asociación *Ponte nas Ondas, Santiago Veloso, *que realizará a xustificación do premio ao que responderá o premiado Guillermo Rodríguez, director de “A Peneira”

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 Seguinte > Final >>

Páxina 217 de 221