Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

SUSPENSIÓN DO FALADOIRO DE ADRIANA NOGUEIRA POR MOTIVOS DE SAÚDE.
POR MOTIVOS DE SAÚDE DE ADRIANA NOGUEIRA, QUEDA CANCELADO O FALADOIRO ESTE MÉRCORES 22 DE NOVEMBRO.

O IEM AGRADECE O SEU INTERESE E PREGA DISCULPEN AS MOLESTIAS OCASIONADAS.

Está en:  Inicio
Skip to content
A arquitectura de Xosé Bar Bóo en Gondomar
Escrito por Antonio Soliño - Rosa Mouriño   
Xoves, 11 Setembro 2014 20:35

bar_boo

Xosé Bar Bóo nace en Vigo o 25 de setembro de 1922. Comezou dende moi novo a paixón polo deseño, debuxando o mobiliario da casa de seus país na rúa Hernán Cortés así como a organización interior da vivenda, proxectada polo arquitecto vigués Francisco Castro Represas. Estudou bacharelato no Colexio Irmáns Maristas do Pilar de Vigo. Nos anos corenta trasládase a Madrid onde cursa os estudos na Escola Superior de Arquitectura e obtén o título no ano 1957. Continúa a súa formación e acada o título de doutor o 5 de novembro de 1964 na mesma Escola.

Ler máis...
 
Catro obras compiten como finalistas do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.
Escrito por IEM   
Luns, 08 Setembro 2014 22:11
obras-vt-web
Finalmente o xurado elixiu 4 obras como finalistas de entre os 49 orixinais aspirantes a conseguir o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. Trátase dos títulos Home Invisíbel, O caderno amarelo, Teoría contaminada do reality show e Onde as mulleres se chaman Galiza . O vindeiro venres 12 de setembro darase a coñecer cal dos catro é o gañador desta convocatoria cuxo ciclo pecharase na primeira quincena de novembro coa celebración do acto de entrega do premio, dotado con 3000 €, unha estatua conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e a publicación do libro na colección Victoriano Taibo do IEM.
Ler máis...
 
Presentación dos números 12/13 de Revista de Estudos Miñoranos
Escrito por IEM   
Martes, 09 Setembro 2014 23:57

web-revista-rem-12-13

O vindeiro venres 12 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a presentación do exemplar Nº 12/13 da Revista de Estudos Miñoranos. O acto, a desenvolverse na Aula de Cultura Ponte de Rosasa (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), contará coa condución de Xulián Maure, membro da Xunta de Goberno do IEM, quen estará acompañado por Lara Barros Alfaro,  Xosé Lois Vilar Pedreira e Antonio Soliño Troncoso. Durante a presentación terá lugar un concerto do músico Fernando Blanco,  quen interpretará un selecto repertorio de pezas da súa autoría. Haberá exemplares da revista á venda.

Ler máis...
 
Xeira arqueolóxica nocturna en Amoedo: Lenda e Pedra coa guía de Xosé Lois Vilar
Escrito por IEM   
Xoves, 04 Setembro 2014 19:52
10516764_755663494481092_5049668574994014135_n
A fregresía de San Sadurniño de Amoedo (Pazos de Borbén), agocha un conxunto arqueolóxico integrado por 22 mámoas e próximo a 60 petróglifos, a maioría deles representativos da arte rupestre abstracta. O vindeiro venres 5 de setembro, a Comunidade de Montes de Amoedo organizará unha xeira divulgativa deste patrimonio co título "Amoedo. Lenda en Pedra", coa colaboración do IEM. O punto de encontro será ás 21 horas na Casa Cultural de Amoedo. A guía arqueolóxica estará a cargo de Xosé Lois Vilar e contará cunha observación do ceo nocturno a cargo do astrónomo Julio Pereira, da Agrupación Astronómica Rías Baixas.
Ler máis...
 
VOLTA DOS NOVE
Escrito por Marta Dacosta   
Martes, 09 Setembro 2014 12:12
casas-volta-9

(un golpe) E a pouta de metal que estoupa tras dos ollos,
pouta que destrúe memoria, amor, desexo, vida.

(dous golpes) Pólvora, bala, pouta de metal que estoupa,
pouta que destrúe a imaxe amada, as voces infantís.

Ler máis...
 
Volta dos 9
Escrito por Gonzalo Navaza   
Xoves, 04 Setembro 2014 00:09

volta_dos_9

Foi nos días tristísimos de dor e de miseria

en que sopraba un vento de loito rigoroso

e a animalia afiaba na tobeira coitelos

para os ollos dos orfos 

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 Seguinte > Final >>

Páxina 49 de 206