Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio
Skip to content
Colaboracións Literarias: "Amor?", de Conchita Álvarez Lebredo
Escrito por IEM   
Mércores, 19 Febreiro 2014 23:27

Conchita Álvarez Lebredo, gañadora do V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns, encamíñase hoxe por unha senda moi querida polo Modernismo ofrecéndonos unha variante do soneto tradicional, o soneto dodecasílabo, con efluvios nostálxicos de Rubén Darío, Amado Nervo, Ricardo Gil, ... Desfrutemos da forza creativa desta poeta viguesa de adopción, que asturgalega de nación.

Preme aquí para descargar o texto

 
Gondomar convoca a XII edición do Certame Literario Conde de Gondomar para a mocidade do Val Miñor.
Escrito por IEM   
Xoves, 13 Febreiro 2014 19:24
12-conde-gondomar
-Poderán participar todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos
-Os traballos deberán ser remitidos antes do 23 de abril ás oficinas do Concello de Gondomar (Rexistro) ou ser entregados directamente no Rexistro
- A concellaría de Educación, dirixida por Paula Bouzós, acaba de convocar un ano máis, o Certame Literario Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar.
Ler máis...
 
Faladoiro de Xulia Alonso, autora do libro “Futuro Imperfecto”.
Escrito por IEM   
Martes, 18 Febreiro 2014 21:25

img_2215

Esta semana teremos o pracer de recibir a Xulia Alonso Díaz, autora do libro Futuro imperfecto, obra extensamente galardoada pola súa valía literaria e valentía vivencial. O acto terá lugar o vindeiro venres 21 de febreiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10 baixo, Gondomar).  A nosa convidada será presentada por Mercedes Espinosa Arévalo, membro do IEM. Futuro Imperfecto é un libro de memorias, de lembranzas,  ademais dun libro íntimo e persoal.

Ler máis...
 
Colaboracións Literarias: “Cicatrices do Insomnio”, de Ramón Sandoval.
Escrito por IEM   
Martes, 11 Febreiro 2014 20:43

Os textos A memoria do insomnio, No baleiro, Maneiras de vivir, Quebracabezas, De madrugada, e Noites de paixón conforman a peza poética titulada Cicatrices do Insomnio que hoxe compartimos por xentileza do seu autor, Ramón Sandoval (gañador da VI edición do Premio de Poesía Victoriano-Taibo - Entidade Local Menor de Morgadáns).

Preme aquí para descargar o poema

 
As treboadas achegan exemplares de aves mariñas de difícil observación desde terra.
Escrito por IEM   
Xoves, 13 Febreiro 2014 20:37
aves-madorra
Tres aves mariñas de difícil observación na costa foron atopadas esta tarde nos areais da Madorra (Nigrán), polo noso compañeiro Xilberte Manso. Trátase dun mascato (morus bassanus), un arao papagaio ou arao loro (fratercula ártica) e mais un arao dos cons (uría aalge), todos eles mortos e espallados nunha área de vinte metros por mor das últimas treboadas.
Ler máis...
 
Presentación do libro “Didáctica da Serra do Galiñeiro” de Pablo Casal
Escrito por IEM   
Luns, 10 Febreiro 2014 22:36

000

O vindeiro xoves 13 de febreiro de 2014 ás 20:30 horas  terá lugar a presentación do libro Didáctica da Serra do Galiñeiro, autoría de Pablo Casal Núñez. O acto celebrarase no Centro Cultural da Comunidade de Montes de Vincios (Vincios-Gondomar).

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 Seguinte > Final >>

Páxina 58 de 199