Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PROSPECCIÓN ARQUEOLÓXICA, DOCUMENTACIÓN E RESTAURACIÓN DOS PETRÓGLIFOS DE GARGAMALA (Mondariz, Pontevedra)

Este proxecto de prospección arqueolóxica, documentación e restauración dos petróglifos de Gargamala (Mondariz), promovido polo Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo, será executado polo equipo técnico multidisciplinar do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) dirixido e coordinado polo historiador e arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira e do que forman parte: María Dolores Álvarez Rey, Eloy Martínez Soto, Bruno Centelles García, Xilberte Manso de la Torre, José Antonio Viña Arias, Eduardo Méndez-Quintas, Andrea Serodio Domínguez, Manuel Ledo Bernárdez e Jesús Rodríguez Diéguez coa colaboración especial, nas tarefas de prospección, de Cándido Verde e José Álvarez Alonso (O Buraco).

Nos días 5 e 6 de outubro de 2018 un incendio arrasou 150 Ha das parroquias de Sabaxáns e Gargamala (Mondariz) que afectou a área nuclear dos petróglifos de Gargamala con distinto grao de incidencia (termoclastos, ennegrecemento da superficie, arrastes de depósitos sobre as superficies) e deixando unha paisaxe depauperada e a pracer dunha forte erosión da tona terrea.

O conxunto de petróglifos obxecto desta actuación sitúase entre os 400 e os 470 m.s.n.m.. A gran maioría deles ocupando a parte alta dos outeiros (GA 36030023-18-11), as valgadas entre eles no caso do Campado (GA 36030055-14-15-54), chans como Campo Redondo (GA 36030038) cun amplísimo dominio visual ,que chega á Serra do Galiñeiro, parello ó emprazamento dos petróglifos da Coutada (Taboexa, As Neves) ou As Portaxes no Monte Tetón (Tebra, Tomiño) tamén obxecto de prospección, estudo, posta en valor e musealización por parte do Instituto de Estudos Miñoráns.

Na zona de actuación destaca a presenza dun ulleiro aproveitado polos veciños para a traída de augas doméstica e na outra vertente hai varios muíños hidráulicos.
Estamos ó redor das coordenadas 545.686/4.679.970 
(datum: ETRS 1989, fuso 29).

Esta concentración de petróglifos atópase na parroquia de Gargamala, no concello de Mondariz, composta polas aldeas de Vedrelos e O Soutiño na zona meridional e A Rúa, Mourelle, Boente e O Barro. A parroquia está rodeada por Frades, Riofrío, Sabaxáns e Toutón como freguesías do mesmo concello e polo norte polas de Traspielas e Ventín do concello de Fornelos de Montes. Estamos no sur do Suído nun mundo de serra onde as aldeas escasean e foi zona tradicional de pastoreo que deixou pegadas etnográficas nos chozos, neveiras, cerres para o gado e nos foxos de lobo.
Estamos no val medio-alto do río Tea cara o que drenan os núcleos habitados de Gargamala. A zona noroeste do Castro Chouso, O Foxo do Lobo, A Chan de Cairón... botan as augas no río Barragán que desauga no río Oitavén ó pé do castro da Cidade (Calvos, Fornelos) na mesma presa das Eiras.


Está en:  Inicio
Skip to content
O IEM acolle a presentación de As cinzas de Pasolini de Xosé Manuel Millán Otero. Venres día 15, ás 20:30 horas
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 10 Xuño 2018 23:31
manuel milln otero

O venres día 15, ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas de Gondomar, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, presenta o libro de poesía..As cinzas de Pasolini de Xosé Manuel Millán Otero, publicado pola editorial Toxosoutos.

Na presentación, o autor estará acompañado polo poeta Xosé Daniel Costas Currás e a escritora Marta Dacosta, da Xunta Directiva do IEM.

Xosé Manuel Millán Otero publicou o seu primeiro libro de poesía en 1992,ÂEste é o tempo do sal, recoñecido co accésit do Premio Esquío de poesía. Tres anos antes obtivera o premio de poesía O Facho porRetrato de muller con navios ao fondo. En 1995, gaña o premio Eusebio Lorenzo Baleirón con..As palabras no espello. As cinzas de Pasolini é o seu terceiro libro de poesía, un dos títulos finalistas do último premio Victoriano Taibo.

Xosé Manuel Millán Otero destaca tamén como estudoso da nosa literatura, sendo unha das voces máis autorizadas sobre a obra de Bernardino Graña, de quen realizou a edición crítica de..Profecía do mar. En homenaxe a Bernardino Graña escribe e publica en 2010..Ode menor ao gran mascato Bernardino Graña cando se eleva sobre as terras do Morrazo.

Entre os anos 2003 e 2011 foi alcalde de Moaña. Durante ese período, como el mesmo di: “desatendín un chisco a Calíope e a punto estivo de abandonarme. Agora intentamos facer as paces.” As cinzas de Pasolini é o resultado deste regreso á poesía, un libro en que a crítica destaca a importancia da cinematografía, até o punto de asimilar os poemas a fotogramas que nos devolven a visión que o autor ten do mundo.

 
Presentación da toponimia de Chaín e visita guiada. Sábado 26 de maio ás 18:00 no Centro Cultural de Chain.
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 20 Maio 2018 01:38
cartelvisitachain
O vindeiro sábado, 26 de maio ás 18:00 h. no Centro Cultural de Chaín terá lugar a presentación "A toponimia de Chaín".

Haberá unha visita guiada dende o Centro Cultural. Visitaremos O Castelo, O Padrón, Faxide, Paraboa, A Mourisca, O Pedrouco, a Igrexa, e, de novo, ó Centro Cultural nas Mercedes.

A duración será aproximadamente de dúas horas.

A presentación no Centro cultural, realizarase unha vez rematada a visita guiada por Rita Fernández.

 
Patrimonio, cultura e desenvolvemento; experiencias dende o norte de Portugal. Luís Fernando de Oliveira Fontes .Venres, 8 de xuño ás 20:30 H
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 04 Xuño 2018 01:12
lus fernando de oliveira fontes copia

O Instituto de Estudos Miñoráns ofrecerá o vindeiro venres 8 de xuño ás 20:30 h o faladoiro:

Patrimonio, cultura e desenvolvemento; experiencias dende o norte de Portugal
con Luís Fernando de Oliveira Fontes.

Doutor en Arqueoloxía, Director da Unidade de Arqueoloxía da Universidade do Minho, Director da revista em linha Traballos Arqueolóxicos da U.A.U.M. / MEMÓRIAS,...

O acto será presentado por Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e doutor en Evolución Humana e membro do IEM.
Terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda, da Feira, 10 Baixo, Gondomar.

Luís Fernando de Oliveira Fontes
Nota biográfica

Luís Fernando de Oliveira Fontes nasceu em São Paulo (Brasil) em 7 de dezembro de 1959. Logo em 1961 regressou a Portugal, fixando-se na cidade de Braga.
É doutorado em Arqueologia (Paisagem e Povoamento) pela Universidade do Minho (Braga).
É o Diretor da Unidade de Arqueologia da Universidade do Minho desenvolvendo atividade no domínio das Paisagens e Povoamentos Antigos; Arquiteturas Medievais e Modernas; Evolução das Formas Urbanas; Valorização do Património Cultural, tendo sido responsável pelos centros de interpretação do PAVT (Parque Arqueológico do Vale do Terva; Boticas), do Castelo de Lindoso (Ponte da Barca) e do Núcleo Museológico de Dume (Braga).
Ler máis...
 
O IEM e o Concello de Gondomar homenaxean a María Victoria Moreno.
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 09 Maio 2018 00:24

17m18

O acto terá lugar na Paradela, na praza Latino Salgueiro de Gondomar, e comezará ás 19:30 horas

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o concello de Gondomar, a través da concellaría de Cultura, celebrarán as Letras galegas cunha homenaxe á escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica a data este ano.

Os escritores Iria Misa e Miguel Anxo Mouriño lerán fragmentos da obra desta profesora estremeña que namorou da lingua galega e dedicou a súa vida a escribir en galego, especialmente para os máis novos e novas. Ese lectorado tan presente para María Victoria Moreno estará representado neste acto por alumnado do CEIP Neira Vilas e IES plurilingüe Terra de Turonio, que lerán fragmentos de Eu conto, ti cantas.

Acompañando á palabra recitada estará o grupo musical Xardín desordenado que interpretará pezas do seu último traballo, "A vitoria da luz", baseado en textos de María Victoria Moreno e pechará o acto. Tamén, durante todo o acto a pintora Irene Silva realizará un mural en directo.

Palabra, música, pintura únense así para festexar a nosa lingua, esta que tanto amou María Victoria Moreno, quen non dubidou en utilizala no ensino ou en dar aulas de lingua alí onde for requirida en tempos da ditadura franquista. Os seus versos, os seus relatos en que os animais teñen un papel principal, o seu amor pola lingua son o legado que nos deixa unha estremeña que un día namorou deste noso país.

 
Presentación da revista REM nº 16/17 o venres 1 de xuño ás 20:30 h no Auditorio de Nigrán.
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 29 Maio 2018 00:59
nuevodocumento 2018-05-28_3
O venres 1 de xuño, ás 20:30h no Auditorio de Nigrán, presentarase a revista REM nº 16/17 do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará coa colaboración e actuación de alumnas do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar e as intervencións de Xulián Maure Rivas, director do IEM, Xosé Lois Vilar Pedreira, Xilberte Manso de la Torre, Víctor Lorenzo, Antonio Soliño Troncoso e José Ramón Ojea Vidal que farán unha breve presentación das súas colaboracións. Presenta o acto María Lemos Cerqueira.

Presentación REM 16

Estas son as novas "Achegas" que entrega a Revista de Estudos Miñoráns (REM). § Empeza cunha breve memoria das contribucións que a Sección de Etnografía e Arqueoloxía do IEM foi elaborando e que acaba de culminar coa presentación da tese doutoral de Eduardo Méndez-Quintas na Universidade de Burgos: Caracterización y variabilidad tecnomorfológica de las industrias achelenses de la cuenca baja de río Miño (NO de la Península Ibérica). § Esta mesma Sección presenta un adianto dos estudos que ven facendo sobre a presenza dos garranos nos montes das terras miñotas e a súa posible relación temática cos petróglifos desta comarca. § Nestes anos en que os desafiuzamentos marcaron a gravidade da crise económica e social, achegamos varios documentos nos que uns veciños da Baiona medieval (século XV) quedan privados do foro que tiñan coa igrexa de Santa María. § No número 12-13 desta revista apareceu un pequeno dosier con varios artigos sobre o Porto do Molle. Agora neste número dáse unha breve pero cumprida información do estado actual deste parque empresarial con cerca de mil novos postos de traballo cunha grande porcentaxe de alta cualificación. § Sobre o proceso sociolingüístico do Val Miñor hai dous estudos de moi distinta
Ler máis...
 
XVI XEIRA ALÉN MIÑOR ALTO MIÑO- CASTRO DE VILADONGA (2-3 de xuño de 2018)
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 08 Maio 2018 00:20
101_8317
O nacemento do rio Miño e todo o seu curso alto forman parte do espazo natural "Reserva de Biosfera Terras do Miño" que nos seus máis de 363.000 hectáreas integra diversos hábitats e paisaxes de montaña e fluviais. A Reserva de biosfera Terras do Miño alberga unha das mellores representacións de ecosistemas naturais atlánticas, con grandes carballeiras, bosques de ribeira e matogueira. O sistema fluvial complétase con outras pequenas zonas húmidas como a Lagoa de Cospeito, as Lagoas de Pedroso ou Riocaldo en Begonte, a Lagoa de Bardancos ou Caque en Castro de Ribeiras de Lea, a Veiga de Pumar en Castro de Rei e a Lagoa do Rei de Rábade A paisaxe da Reserva conserva aínda os sistemas agrarios tradicionais, en forma de agras, así como o pastoreo extensivo nas zonas máis elevadas. As parcelas están cercadas por sebes vivas e grandes ferros de xisto ou lousa. A Reserva contén un rico patrimonio cultural que inclúe a maior concentración de xacementos paleolíticos de Galicia (cun gran número de túmulos megalíticos), castros e asentamentos romanos. A iso hai que engadir edificacións medievais de gran interese como o Mosteiro de Meira. Do patrimonio tradicional consérvanse muíños, mazos, ferrerías e olerías, vinculados ao aproveitamento industrial da forza da auga.
Primeiro día
Viladonga é un castro de gran tamaño, monumentalidade e sona. Xacemento senlleiro, da primeira historia dos poboadores galegos. Ten unha forte pegada na tradición oral e no folclore da comarca. E unha das referencias culturais galegas polo seu interese histórico e cultural, pero tamén por como se planificou e se xestionou dende o seus comezos, cumprindo cunha función social, cultural e didáctica, a maiores da puramente turística.
Viladonga é un exemplo dos castros que se seguen habitando despois da conquista romana do noroeste, e convérteo nun lugar clave para estudar e entender o desenvolvemento e a evolución da Cultura Castrexa na etapa galaico-romana, conservando estruturas e materiais de tradición anterior (Idade de Ferro) pero achegando trazos e elementos foráneos procedentes doutras partes do Imperio Romano, próximas ou distantes. Ocupa a coroa dun monte, a unha altura de 550 m e ten unha extensión
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 217