Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Nigrán acolle a presentación de A senda de sal de Fran Fernández Davila. Xoves día 14, ás 20 horas,

A editorial Galaxia, coa colaboración do IEM, presenta esta novela que ten a Panxón como un dos seus protagonistas

Este xoves día 14, ás 20 horas, no Salón de Plenos de Nigrán, a Editorial Galaxia, coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, presentan a novela A senda de sal de Fran Fernández Davila.

Na presentación, o autor estará acompañado de Juan González, alcalde de Nigrán, e a escritora Marta Dacosta, da Xunta de goberno do IEM.

O autor, Fran Fernández Davila

Vigués residente en Panxón, enxeñeiro de Minas, nos últimos anos comezou dar a coñecer a súa obra literaria. En poesía resultou finalista do Premio Victoriano Taibo nas dúas últimas edicións, coas obras Capetón e Saint-Pierre-et-Michelon. En 2017, comezou acadar os primeiros premios en narrativa, o de Relato Curto "A Cividade" de Mos, con "O premio", e o de MicroCatrorrelatos, con "As balas de Kock". Ese mesmo ano, obtén o Premio de novela por entrega de La Voz de Galicia con A senda de sal.

A senda de sal

Intriga, segredos, poesía, mar, historia e memoria son os ingredientes cos que o autor compón esta obra que nos vai enredando nas súas redes até atraparnos. A senda de sal é unha novela ambientada no sur de Galiza, que une presente e pasado e crea un fresco literario en que Panxón, o Val de Miñor, é protagonista.

Un vello mariñeiro de Panxón, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar unha serie de acontecementos da súa mocidade que se remontan á Segunda Guerra Mundial, cando Vigo e o Val Miñor xogaron un papel clandestino pero decisivo, e que tiveron un impacto histórico considerable. A senda de sal arrinca co encontro entre ese mariñeiro e unha muller en crise, a quen escolle para rescatar da

Está en:  Inicio
Skip to content
RESERVA DE PRAZAS: Xeira nocturna polo mar de Panxón. Talasonimia e naufraxios. Venres, 21 de xullo.
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 10 Xullo 2017 11:07

Comeza o prazo de apertura para inscribirse na xeira nocturna "Polo mar de Panxón. Talasonimia e naufraxios" dende mañá martes 11 de xullo ata o 19 de xullo no teléfono 986 36 05 75 dende 10:00 h a 13:00 h.

Esta terá lugar o venres 21 de xullo, e contará coa presenza e guía do especialista Xosé Lois Vilar Pedreira .

O punto de encontro será o Porto de Panxón ás 22:00H e, para participar hai que reservar a praza chamando ao teléfono antes mencionado e posteriormente confirmar a praza enviando o xustificante de pago ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo no día posterior a reserva.

O prezo por persoa máis o número de conta son os seguintes:

PREZO SOCIOS: 12EUROS
PREZO NON SOCIOS: 15EUROS
Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164

Nota: Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros/as.

 
XEIRAS IEM VERÁN 2017
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 28 Xuño 2017 16:42

XEIRAS IEM VERÁN 2017

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza ás xeiras para este verán 2017. Son trece visitas guiadas e dirixidas por especialistas no tema da visita, de interese histórico, artístico, natural e paisaxístico que se realizarán nos tres concellos do Val de Miñor: Gondomar, Nigrán e Baiona e no Baixo Miño: Tomiño.

A duración media das xeiras é de 3:00H a 3:30H, agás na xeira en barco por Panxón que será de 2:30H aproximadamente.
Para xeira de Nigrán: " Xeira nocturna polo mar de Panxón. Talasonimia e naufraxios" haberá que confirmar praza no teléfono do IEM, 986 36 05 75, de 10:00 h a 13:00 h.
O prezo para socios/as é 12 € e non socios/as 15 €.

 

2017-xeiras. d-vern iem 2017

 
XEIRAS VERÁN IEM: Tomiño - Monte Tetón. Mércores 12 de xullo ás 21:00H
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 10 Xullo 2017 10:27

mtetn

Este mércores 12 de xullo gozaremos dunha nova xeira dentro do programa Xeiras do verán 2017 do IEM, e coa colaboración do concello de Tomiño, no Monte Tetón.
O punto de encontro será no Alto do Padrón ás 21:00 H e o especialista que guiará a mesma será Xosé Lois Vilar.

 

A ter en conta:

Levar lanternas.

Enlace Google maps Alto do Padrón:

https://drive.google.com/open?id=15haC-1_rMFiW8ijA6fT5tjZ_U_0&usp=sharing

 
Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e doutor en Evolución Humana no faladoiro " Pasado e presente no coñecemento das primeiras ocupacións humanas de Galicia", o venres 30 de xuño ás 20:30H.
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 25 Xuño 2017 17:49
O Instituto de Estudos Miñoráns organiza o vindeiro venres 30 de xuño ás 20:30H o faladoiro "Pasado e presente no coñecemento das primeiras ocupacións humanas de Galicia" por Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e doutor en Evolución Humana e membro do IEM, que se desenvolverá na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.
eduardo

PASADO E PRESENTE NO COÑECEMENTO DAS PRIMEIRAS OCUPACIÓNS HUMANAS DE GALICIA

O coñecemento sobre o “cando” e o “como” da orixe do poboamento humano do que hoxe coñecemos como Galicia sufriu un forte retraso na investigación con respecto a outros períodos da nosa Prehistoria. É máis as escasas nocións que se tiñan sobre este período esbozaban unha imaxe de atraso e de conservadorismo anacrónico, que sustentaban o a decimonónica idea do “atraso secular e Galicia”. Na actualidade as investigacións desenvoltas en diferentes puntos de Galicia, nomeadamente na bacía do rio Miño permite ter unha idea totalmente diferente desta época.Estes traballos permítennos falar do intre no que os primeiros grupos humanos establécense na rexión fai algo máis de 300.000 anos. As mostras das actividades destes primeiros galegos as podemos observar en xacementos tan representativos como as Gándaras de Budiño, O Cabrón ou Porto Maior. En Porto Maior temos as primeiras mostras seguras de presenza humana en Galicia, datadas en cerca de 300.000 anos. Tamén atopamos un escenario de ocupación, caracterizado por unha grande acumulación de útiles, a cal non atopa paralelo estrito en todo o continente europeo. Gándaras de Budiño e O Cabrón nos falan dos últimos grupos que empregan unha forma de traballar a pedra que chegou de África miles de anos antes. Os humanos que habitaban estes dous xacementos son dos últimos exemplos das xentes que usaban esta tecnoloxía e xa son
Ler máis...
 
XEIRAS IEM GONDOMAR- Vincios: Antiga parroquia de señorío. Xoves 6 de xullo ás 18:00H.
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 01 Xullo 2017 13:39

ermida_de_santa_luca_en_vincios_gondomar

Iniciamos as xeiras do IEM de este verán 2017 e coa colaboración do concello de Gondomar o vindeiro xoves 6 de xullo, "Vincios: Antiga parroquia de señorío".

O punto de encontro será no local do IEM (Avda. Da Feira, 10 baixo), ás 18:00H e o inicio da mesma na Capela de Santa Lucía.

O especialista nesta xeira será Antonio Soliño Troncoso.

 
Presentación do segundo traballo de Zurrumalla " Camiño por ti" o venres 16 de xuño ás 20:30H.
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 04 Xuño 2017 19:53
praia2_21
O Instituto de Estudos Miñoráns presentará o vindeiro venres 16 de xuño ás 20:30H o segundo traballo do grupo musical Zurrumalla " Camiño por ti". Composto por Patri González: Pandeireta, pandeira e voz, Carlos Sabaríz,"Pelouro": Bombo, Suso Comesaña: Gaitas, saxo soprano e voz, Juan Comesaña, "Viti": Tamboril, Nacho Álvarez: Acordeón e voz, Bieito Lobariñas: Gaitas, cunchas, pandeireta e voz. O acto terá lugar na sede do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. Da Feira , 10 baixo. Gondomar) e será presentado por Xilberte Manso de la Torre.
"Zurrumalla naceu como grupo ala por febrero do ano 2000 cando un grupo de amigos decidimos dar pulo aos nosos anceios e ás nosas inquedanzas musicais. Desde o inicio, co esforzo e o tempo roubado aos nosos quefaceres cotiáns para os ensaios por acá e acolá, fonos quen de ilusionarnos e gozar coas notas que iamos arrincando á historia e tradición musical da terra. Arredor dela creamos un universo no que nos sentimos unidos, ledos e orgullosos. O noso desexo é compartir este gozo, esta ledicia e este orgullo amáis de que entre todos e todas, dignifiquemos a tradición. Por iso, durante estes anos da vida do grupo, e ao longo dos moitos concertos pola xeografía do país, procuramos ofrecer o mellor que como gaiteros podemos arrincar de nós".

Podedes acceder a máis info en: https://zurrumalla.wordpress.com

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 207