Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h.
O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

Está en:  Inicio
Skip to content
O IEM precisa da túa axuda
Mércores, 03 Xullo 2013 20:08
Logo_IEM
Ante a necesidade de facer fronte a diversos gastos derivados das nosas actividades e o retraso en varios ingresos pendentes de cobro vémonos na obriga de demandar a vosa colaboración económica. Precisamos con urxencia 5860€ que agardamos reunir coas achegas que consideredes oportunas na conta do IEM 2080 5035 07 3040014164. As vosas achegas podedes facelas de forma nominal ou anónima e daremos cumprida conta das mesmas na nosa web.
Ler máis...
 
Ignorancia ou vandalismo?
Escrito por IEM   
Venres, 28 Xuño 2013 22:38
9405_265160506960168_782471255_n
Con máis frecuencia da desexada atopámonos con agresións ao noso patrimonio cultural xa sexa arqueolóxico, etnográfico ou monumental. Tamén se dá o caso co patrimonio común do mobiliario urbano e o privado que podemos ver ao pasear por calquera das rúas e parques da nosa contorna, e o patrimonio natural leva a cotío agresións que resulta difícil entender nun mundo que chamamos civilizado.
Ler máis...
 
Ábrense inscricións para a Xeira Marítima pola Ría de Baiona.
Escrito por IEM   
Mércores, 03 Xullo 2013 19:59
costa-ria-baiona
A segunda Xeira do IEM (17/07/2013) deste verán é unha visita ó mar do Val Miñor. Non é un simple paseo pola coido do mar, senón que escollemos as 8 da tarde como hora de partida para ollar a posta do sol do horizonte inmenso contando a súa historia e a talasonimia dos mariñeiros, percebeiros, argaceiras da costa de Oia, Baiona e Panxón.
Falaremos de maufraxios, de represión no 36 á beira do mar, de faros, de balizas, de illas, illotes, gamelas, artes de pesca, marcas en terra... e do fondo de area, de cuncha, de pedra e do sebeiro que o apalpou.
Ler máis...
 
Recordatorio comunal a Luís García Crego
Escrito por IEM   
Venres, 28 Xuño 2013 21:52
Historicas_213_editado
O sábado 29, ás 12,00 horas, terá lugar na Taberna A´de Lino, na Fraga, en Moaña, un acto comunal en lembranza de Luís García Crego, falecido na noite do 24 de xuño.
Amigas, amigos, familia reunirémonos arredor da memoria de Luís, un home afable, íntegro, sempre disposto, desde os seus tempos de estudante (con Manolo Reinoso, Celso L. Pazos e outros) no Instituto vigués do Calvario, en pleno franquismo, ao apoio e á solidariedade cos desfavorecidos; un home xeneroso. Entre os seus mellores amigos de sempre, aqueles traballadores da loita de Ascón (Lois, Toñito, Chéchare, Pancho, Xulio Abollo, Xulio Torres...) cos que tantas horas gozosas de conversas e de leria pasou no barrio de Teis.
Ler máis...
 
Colaboracións Literarias: “Luzdivina para os amigos”, por Paco Álvarez de Senra.
Escrito por IEM   
Martes, 02 Xullo 2013 22:40

Paco Álvarez de Senra é o autor de Luzdivina para os amigos, un relato literario que compartimos nesta achega semanal de Colaboracións Literarias.

Preme aquí para descargar o relato “Luzdivina para os amigos”.

 
A escritora Marta Dacosta acada un novo premio literario polo seu poemario “Argola”.
Escrito por IEM   
Xoves, 27 Xuño 2013 23:43

martadacosta

Temos o grato pracer de informar que a escritora e membro desta casa, Marta Dacosta acaba de recibir ex aequo o I Premio de Poesía Figurante polo seu poemario Argola. Esta primeira edición organizada pola editorial galega O Figurante Edicións, tamén premiou a obra María da escritora  Eli Ríos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 Seguinte > Final >>

Páxina 85 de 202