Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Nigrán acolle a presentación de A senda de sal de Fran Fernández Davila. Xoves día 14, ás 20 horas,

A editorial Galaxia, coa colaboración do IEM, presenta esta novela que ten a Panxón como un dos seus protagonistas

Este xoves día 14, ás 20 horas, no Salón de Plenos de Nigrán, a Editorial Galaxia, coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, presentan a novela A senda de sal de Fran Fernández Davila.

Na presentación, o autor estará acompañado de Juan González, alcalde de Nigrán, e a escritora Marta Dacosta, da Xunta de goberno do IEM.

O autor, Fran Fernández Davila

Vigués residente en Panxón, enxeñeiro de Minas, nos últimos anos comezou dar a coñecer a súa obra literaria. En poesía resultou finalista do Premio Victoriano Taibo nas dúas últimas edicións, coas obras Capetón e Saint-Pierre-et-Michelon. En 2017, comezou acadar os primeiros premios en narrativa, o de Relato Curto "A Cividade" de Mos, con "O premio", e o de MicroCatrorrelatos, con "As balas de Kock". Ese mesmo ano, obtén o Premio de novela por entrega de La Voz de Galicia con A senda de sal.

A senda de sal

Intriga, segredos, poesía, mar, historia e memoria son os ingredientes cos que o autor compón esta obra que nos vai enredando nas súas redes até atraparnos. A senda de sal é unha novela ambientada no sur de Galiza, que une presente e pasado e crea un fresco literario en que Panxón, o Val de Miñor, é protagonista.

Un vello mariñeiro de Panxón, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar unha serie de acontecementos da súa mocidade que se remontan á Segunda Guerra Mundial, cando Vigo e o Val Miñor xogaron un papel clandestino pero decisivo, e que tiveron un impacto histórico considerable. A senda de sal arrinca co encontro entre ese mariñeiro e unha muller en crise, a quen escolle para rescatar da

Está en:  Inicio
Skip to content
10º XEIRA ALÉN MIÑOR- As fortificación da Raia Húmida: Goián-Vila Nova de Cerveira-Estás. O Conxunto defensivo de Goiás-Vila Nova de Cerveira-Medos Sábado, 13 de maio ás 8:00h
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 10 Abril 2017 22:57
s
10º XEIRA ALÉN MIÑOR MAIO 2017

As fortificacións da Raia Húmida: Goián-Vila Nova de Cerveira-Estás

O Conxunto defensivo de Goián-Vila Nova de Cerveira-Medos

ITINERARIO Sábado 13
Mañá
Comezaremos no Alto do Cervo dende onde poderemos ter unha panorámica da paisaxe e facer unhas explicacións xerais. Logo baixaremos á Atalaia do Espírito Santo, o Forte de Lovelhe e Vila Nova de Cerveira..
Xantar en Goián
Tarde
Visitaremos Goián: A Concepción, As Chagas e O Forte de San Lourenzo. Este sería o conxunto que construíron os portugueses no seu territorio e no noso. Logo iriamos ao Castelo de Medos en Estás, feito polos galegos para evitar o paso dos portugueses cara a Tui.
Se finalmente houbese tempo, visitaríase a Fortaleza de Amorín no concello de Tomiño que pertence xa a outro conxunto.
CARACTERÍSTICAS DA VIAXE
DATA: 13 de Maio
GUÍA: Rebeca Blanco (Dra. en arqueoloxía pola Universidade do País Vasco. Actualmente investigadora postdoutoral da Xunta de Galicia con estancia na Universidade de Minho. A sea especialidade son as paisaxes fortificadas da época moderna e a arquitectura eclesiástica altomedieval)
HORARIO APROXIMADO
SAÍDA DO AUTOCAR : 8:00 de Gondomar dende a explanada do Pavillón de deportes.
CHEGADA: Aproximadamente as 21.00, o mesmo lugar de partida.
Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao telefono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
PREZO SOCIOS:33 EUROS
PREZO NON SOCIOS:38 EUROS
Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164
O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, co seguro, o xantar, e a guía.
Ler máis...
 
Presentación da Toponimia de Camos "Os nomes de Camos: Do Outeiro dos enforcados ao Sampiaio"
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 29 Marzo 2017 19:54
Este sábado, 1 de abril ás 19:00h da tarde, no centro cultural de Camos " A Camoesa" terá lugar a presentación "Os nomes de Camos: Do Outeiro dos enforcados ao Sampiaio".

 

En caso de bo tempo, haberá unha saída dende o centro cultural con visita toponímica polo lugar das Pedras, A Bandeira e Muiño do Grilo ás 17:30 h.

jpg

 
Presentación do libro " Na casa da avoa" de Marta Dacosta o venres 21 de abril ás 20:00h
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 07 Abril 2017 19:15

presentacin na casa da avoa-gondomar

O venres 21 de abril ás 20:00h terá lugar a presentación do libro " Na casa da avoa" de Marta Dacosta, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.

Acompañada por María Reimóndez (escritora) e Franciso Castro (Editorial Galaxia)

Interpretarán poemas: Carlota Mosquera, Marta Fialho, Noelia Flannagan e Aldán Dacosta (estudantes da ESAD)

Na casa da avoa

Na casa da avoa é unha reflexión tecida con tres fíos: o da literatura, o da historia e o da vida. O tear en que se encontran mulleres míticas e mulleres reais, personaxes literarias e personaxes históricas, todas invisíbeis, porque se unhas son anónimas, outras, malia teren nome e coñecérmolo, foron deformadas, asimiladas e precisamos re-coñecelas.

Estas mulleres son as nosas avoas. Eses seres fabulosos que nos coidaron, que nos amaron e nos inculcaron dunha forma sutil, mais constante, o desexo de rebelarnos ou revelarnos, retirar os veos para vernos como somos, para descubrirnos, coñecernos. Abrazarnos tamén.

Avoas que nos sementaron a necesidade de falarmos coa nosa propia voz. E chegou o tempo de sermos nós as que falemos de Medea, Nefertiti, Ofelia ou Urraca.

Na casa da avoa é un libro de poesía, mais ten vocación de "cobertor desmesurado para abrigar as nosas almas do silencio". Por iso nas súas páxinas hai mulleres de carne e óso, as avoas que nos foron parindo, xeración tras xeración.

 

Ler máis...
 
II Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 28 Marzo 2017 20:19

3.1 cartel teatro web

A partir do vindeiro domingo 9 de abril o Auditorio Municipal Lois Tobío acollerá a II Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar.
"Cabaret tres" será a obra que abrirá esta parte da mostra organizada polo IEM, a cargo de Pritis-guomins, a partir das 19:00h. no Auditorio Municipal Lois Tobío.

O programa continuará o domingo 23 de abril con "A tía lambida" a cargo de A Moura, a partir das 19:00h. no Auditorio Municipal Lois Tobío.

Para finalizar a Mostra, o grupo de O mellor de cada casa, sairá a escena o domingo 7 de maio con "A illa deserta" ás 19:00h, no Auditorio Municipal Lois Tobío.
 
Presentación da Toponimia de Parada: "Os nomes de Parada de Miñor: Da Eira dos mouros de Castelo á Carrasca"
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 05 Abril 2017 19:06
Este sábado, 8 de abril ás 19:00h, no Centro cultural de Parada terá lugar a presentación "Os nomes de Parada de Miñor: Da Eira dos mouros de Castelo á Carrasca".

En caso de bo tempo, haberá unha saída dende a igrexa de Santiago de Parada con visita toponímica pola parroquia ás 17:00 h.

captura de pantalla 2017-04-05 a las 19.24.27

 
CONVOCATORIA X PREMIO DE POESÍA VICTORIANO TAIBO
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 26 Marzo 2017 12:27

captura de pantalla 2017-03-26 a las 12.23.38

 

CONVOCATORIA

X PREMIO DE POESÍA VICTORIANO TAIBO

Por décimo ano consecutivo, o Concello de Gondomar, en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, comprácese en convocar unha nova edición do premio de poesía que pretende honrar a figura de Victoriano Taibo, poeta das Irmandades da Fala, mestre galeguista, creador de ducias de artigos sobre a lingua e sobre feitos e personaxes galegos, narrador, membro da Real Academia Galega e do Instituto Histórico do Minho, persoeiro, en fin, de méritos acreditados e fondamente comprometido coa lingua e a cultura galegas.

O premio instituíuse no ano 2008 co mecenado inicial da Entidade Local Menor de Morgadáns que, en 20015, a través do novo equipo de goberno resultante das últimas eleccións, eliminou unilateralmente o compromiso adquirido, e a continuidade do premio quedou garantida polo concello de Gondomar, que asumiu o mecenado a partir dese momento. Dende aquela data inicial o acervo literario galego incrementouse con 10 novos poemarios de 11 autores diversos que acadaron sempre críticas favorables.

 

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 207