Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Marítima
Skip to content
Novas
A Seccións Marítima participou no 1º Encontro de Embarcaçoes Tradicionais en Póvoa de Varzim. PDF Imprimir Correo-e
Marítima - Novas
Luns, 05 Setembro 2011 20:29

setembro_lancha

A pasada fin de semana tivo lugar na Póvoa de Varzim (Portugal) o 1º Encontro de Embarcações Tradicionais, organizado con motivo do 20 aniversario da construción da lancha poveira Fé em Deus. A lancha é coñecida de todos por ser asidua participante en moitos do eventos organizados en Galicia nestes 20 anos. O Instituto de Estudos Miñoranos estivo presenta a través dunha delegación da Sección Marítima. Unha dorna polbeira foi a representante miñorana, a que integrou a flota de embarcacións tradicionais que levou a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
Ler máis...
 
Imaxes da 3ª Mostra das Tradicións Mariñeiras PDF Imprimir Correo-e
Marítima - Novas
Luns, 08 Agosto 2011 23:13

A sección marítima do Instituto de Estudos Miñoranos participou da 3ª Mostra das Tradicións Mariñeiras celebrada no Concello da Guarda os pasados 30 e 31 de xullo de 2011. A escolma fotográfica pertenece ao evento.

 
3ª Mostra das tradicións mariñeiras no concello da Guarda : Unha dobre gratificación. PDF Imprimir Correo-e
Marítima - Novas
Martes, 02 Agosto 2011 22:21
Mostra Mariñeira de A Guarda A participación da Seccións Marítima do IEM na 3ª Mostra das tradicións mariñeiras desenvolvida no concello da Guarda deixounos unha dobre gratificación: o feito de divulgar e compartir a tradición mariñeira do Val Miñor con turistas e guardeses e por outra banda, a posibilidade de xuntar nunha fin de semana ao equipo de compañeiros que integran esta sección do IEM nunha actividade conxunta.
Ler máis...
 
O concello da Guarda acolle a III Mostra das tradicións mariñeiras. PDF Imprimir Correo-e
Marítima - Novas
Martes, 19 Xullo 2011 19:57

Programa-Mostra-2011-en-A5

A Sección Marítima do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) anuncia a presentación da III Mostra das tradicións mariñeiras o vindeiro venres 22 de xullo nun acto que terá lugar ás 20:30 horas na Casa da Cultura do concello da Guarda. O programa do día anuncia unha charla da filóloga Marta Dacosta sobre "O traballo da muller no mar" e a posteriori o pase do documental "Un mar de mulleres" dirixido por Paula Pérez González. No acto intervirán Helena Herbello do Grupo de Acción Costeira (GAC) de Vigo - A Guarda e José Manuel Domínguez Freitas, alcalde da Guarda.

Ler máis...
 
Guías Prácticas de actividades e náutica de recreo. Campaña Verán 2011. PDF Imprimir Correo-e
Marítima - Novas
Luns, 11 Xullo 2011 19:36

salvamento-martimo-guias

A Campaña de Verán 2011 do Ministerio de Fomento está centrada na difusión de información útil -consellos básicos de actuación e normativas de seguridade- e diríxese principalmente aos tripulantes das embarcacións de recreo. Unha flota que aumenta en número, de forma considerable, durante os meses de verán, pola presenza nas nosas augas de embarcacións de recreo de bandeira estranxeira. Tamén se dirixe aos miles de cidadáns que practican deportes e actividades náuticas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 4