Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

SUSPENSIÓN DO FALADOIRO DE ADRIANA NOGUEIRA POR MOTIVOS DE SAÚDE.

POR MOTIVOS DE SAÚDE DE ADRIANA NOGUEIRA, QUEDA CANCELADO O FALADOIRO ESTE MÉRCORES 22 DE NOVEMBRO.

O IEM AGRADECE O SEU INTERESE E PREGA DISCULPEN AS MOLESTIAS OCASIONADAS.

Está en:  Inicio Marítima A navegar coa Asociación de Mariñeiros Deportivos de Bouzas
Skip to content
A navegar coa Asociación de Mariñeiros Deportivos de Bouzas PDF Imprimir Correo-e

Marítima - Novas
Venres, 13 Maio 2011 21:12
velero

Tras conversas mantidas por parte da Sección Marítima do IEM coa Asociación de Mariñeiros Deportivos de Bouzas, asociación coa que mantemos excelentes relacións, estes invitan aos socios do IEM, ás saídas a navegar que realizan todos os mércores pola tarde nas súas embarcacións tradicionais, como son a buceta, o racú, a dorna xeiteira, etc. As saídas comezan esta semana ata o comezo do "X Encontro de embarcacións tradicionais", que este ano será en Carril do 30 de xuño ó 3 de xullo que ven sendo algo así coma o Campionato da Península Ibérica de embarcacións tradicionais (son os máis importantes de toda a Península). Unha vez pasado o Encontro, volveran retomar as saídas ata que remate a tempada de verán.
As persoas que desexen acudir teñen que estar diante da porta da asociación, no paseo marítimo de Bouzas, xusto diante da igrexa de Bouzas, onde comeza a praia (é un galpón con portal verde, inconfundible, e a maiores teñen un mastro coa súa bandeirola e máis do letreiro co nome) as 5 da tarde.
É unha moi boa oportunidade de aprender navegar en Vela Tradicional, que se manobra diferente que a vela deportiva, e de paso fórmanse os nosos socios coma navegantes tradicionais, fornecendo a súa afección porque é unha actividade que "engancha" e a maiores de balde.
O único requisito é que os nosos socios teñan o cartón de navegante, ou sexa darse de alta no seguro de navegante (seguro de accidentes) da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) que custa só 10 euros, e é válido por todo o ano ata marzo-abril do ano que ven e en calquera embarcación tradicional ou recreativa. Para facer o seguro tedes que mandar os vosos datos a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .