Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size
Está en:  Inicio Marítima Proseguen as actividades de cara ao X Encontro de Embarcacións Tradicionais Galegas.
Skip to content
Proseguen as actividades de cara ao X Encontro de Embarcacións Tradicionais Galegas. PDF Imprimir Correo-e

Marítima - Novas
Mércores, 29 Xuño 2011 22:09
dornas-na-praia

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial informa que xa arribaron as primeiras dornas que participarán no X Encontro de Embarcacións Tradicionais Galegas, no que participa o IEM a través da súa Sección Marítima. Por outra banda, este mércores 29 inaugurouse a exposición Berros no roncar das ondas ás 19:00 h na rúa do Carmo. Esta exposición consiste en imaxes do fotógrafo Xacobe Meléndrez Fassbender que ilustran fragmentos da poesía de Bernardino Graña, un dos poetas do mar galego máis salientable.
Xacobe Meléndrez xa colaborou anteriormente noutros encontros como o de Cambados nos que expuxera imaxes fotográficas reveladas sobre fragmentos dun barco de ferro. Unha hora despois, ás 20:00 tivo lugar no peirao de Carril o primeiro izado de velas do galeón de Rompetimóns Illa de Cortegada.
A previsión de ventos fortes do norte aconsellaron adiantar a travesía que tiña prevista a ACD Dorna para o xoves. A organización comunica que "hai moitos anos que a praia de Carril non tiña tantos barcos varados, e aínda faltan máis de dobre por chega".
Dim lights Embed Embed this video on your site