Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- NIGRÁN- Ao son das campás de Parada. II Certame de Campás e Campaneiros. Martes 17 de xullo ás 18:30h.

O vindeiro martes 17 de xullo ás 18:30h terá lugar a cuarta xeira de verán polo concello de Nigrán (Parada) Ao son das campás de Parada. II Certame de Campás e Campaneiros, dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Anxo Rodríguez Lemos.

O punto de encontro será na Igrexa de Santiago de Parada de Miñor:

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

Rosalía de Castro choraba co seu maxín, plasmado na súa obra Cantares Gallegos, as nostálxicas campás de Bastavales que atronaban co seu tocar o ceo do Val da Maía. Eran as campás un dos elementos sonoros que cada un levaba consigo no seu pensar xunto ás cantigas e pezas musicais aprendidas dende a nenez, rexedoras dun mundo daquela sen a sofisticada tecnoloxía actual pero ben regulado por un tocar encargado de marcar as horas de traballo, anunciar nacementos, casamentos, mortes, festas ou quizáis afastar as temerosas treboadas da comunidade. Modernas maquinarias a base de mazos electrónicos substitúen, aos poucos nas nosas parroquiais, ás mans daquelas persoas encargadas de facer falar as campás. Seguindo ás xornadas iniciadas no ano 2007 pola Asociación Cultural Os Chichisos de Pontevedra, o Instituto de Estudos Miñoráns iniciou en 2015 un certame na vila de Baiona chamado a continuar polas igrexas do Val de Miñor co fin de recoller, da man dos seus campaneiros, aqueles toques antigos en vías de desaparecer para sempre. Este ano serán dúas as campás, do século XIX e XX, as que, dende a igrexa parroquial de Santiago de Parada de Miñor, serán tocadas por Esther Nande Figueroa, sancristana e campaneira do lugar do Sobreiro, a partir das 18:30 na cuarta xeira do IEM.

Está en:  Inicio Marítima Xa está dispoñible o Nº 6 da Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial "ARDENTÍA".
Skip to content
Xa está dispoñible o Nº 6 da Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial "ARDENTÍA". PDF Imprimir Correo-e

Marítima - Novas
Mércores, 06 Xullo 2011 21:23
Sin-ttulo-2

"O señor Daniel Pazó Vila foi un conveciño noso que naceu o 19 de xuño de 1914 no barrio de Tarela da parroquia de Nigrán no concello do mesmo nome, e que inventou, entre outros, os casulos para carnada das nasas de polbo, que actualmente son usados, en practicamente todas as nasas polos nosos mariñeiros da pesca de baixura." Así comeza o artigo "Daniel Pazó Vila. Rendido, desarmado, pero nunca vencido" escrito por José Manuel Rodríguez Crespo, director da Sección Marítima do Instituto de Estudos Miñoranos e publicado no Nº6 da Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial ARDENTÍA.
Home de mar, Pazó Vila foi mariño voluntario da Armada da República Española, pescador e inventor e adaptador de instrumentos mariñeiros: "Home de firme determinación e vontade e dotado dunha grande intelixencia natural, pero sen máis estudos que os das catro regras na escola da súa parroquia...", afirma José Manuel Rodríguez, que achega esta pescuda que amosa a vida dun home que deixou a súa pegada no eido mariñeiro, e que recolle esta publicación da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
As 100 páxinas deste novo número de ARDENTÍA, comeza cun limiar de Luís Rei "A Atalaia", e contén os artigos "A plataforma para o estatuto jurídico das embarcações históricas e tradicionais" de Ivone Magalhães; "Carril, Vinte anos recuperando patrimonio", da Xunta Directiva da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial; "Cortegada" de Marcelino Abuín; " A Illa de Ons; unha mestura de terra e mar", de Celestino Pardellas de Blas; "Lendas, realidades e triunfos da Illa de Arousa" por Susana Rial; Se o Vello Simbad volvese ás Illas navegaría ata o norte de Galiza", de Bernardo Máiz con fotografías de Carmen Bar; "Ínsuas", con textos e fotos de Orlando Viveiro Veiga; "Memorias de Salgueirón", por Carmelo Parrado; "Massó ou a loita dun pobo" de Santiago Pérez González; "O porto de San Cibrao (Cervo) ao longo da historia" de Emilio Xosé Insúa; "Naseiros" de Fernando e Manolo Parada; "Ondas da Irmandade. Memorias do asociacionismo mariñeiro sadense", por Xavier Brisset Martín; "Daniel Pazó Vila. Rendido, desarmado pero nunca vencido", de José Manuel Rodríguez Crespo; "Crónicas Muradás", de Sole Rei.
Este número de ARDENTÍA coincide coa realización do X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, desenvolvidas pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e apoiadas polo Museo do Mar de Galicia, institución tamén patrocinante da revista. ARDENTÍA pode solicitarse na Aula de Cultura Ponte de Rosas (sede do IEM), na Avenida da Feira nº 10, baixo, Gondomar, ou a través do teléfono 986360575. Tamén no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .