Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- TOMIÑO- Arquitectura militar histórica. Fortalezas. Xoves 19 de xullo ás 18:30h.

O vindeiro xoves 19 de xullo ás 18:30 h terá lugar a quinta xeira de verán polo concello de Tomiño, Arquitectura militar histórica. Fortalezas. dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Antonio Soliño Troncoso.

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

O punto de encontro será no Pazo-Torre dos Correa. Goián:

https://drive.google.com/open?id=1vF-TpyWSLjdaaPzHo8R-rCtn6cDIYqsn&usp=sharing

 

AS XEIRAS DO IEM. VERÁN 2018

ARQUITECTURA MILITAR HISTÓRICA. FORTALEZAS DE GOIÁN

Guía

ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO

O lugar foi considerado estratéxico dende o medievo e consecuentemente controlado por diversos señoríos e as distintas monarquías. En Goián levantouse a Torre dos Correa no século XIV, con xurisdición sobre a desaparecida Vila da Barca, inmediata a ela e ao río ata que se trasladou despois da guerra do XVII para o lugar que agora ocupa a parroquial na parte alta. O nome víñalle da embarcación utilizada para cruzar o río. Tamén en 1321 D. Denis, o rei poeta, concede foro a Vila Nova de Cerveira e fortifícaa. Tempo máis tarde, no XVII, durante a Guerra de Restauración, o exército portugués constrúe un complexo sistema militar, que recolle as innovacións incorporadas no trazado e fundación de fortalezas para contrarrestar os avances da balística, con base en Vila Nova e cabeza en Goián, unidas por unha ponte de barcas, ata que asinada a Paz de Lisboa, en 1668, a coroa española ordena levantar unha fortaleza pétrea de catro baluartes, a actual de San Lourenzo, como contrapunto ás edificacións militares do lado portugués presididas polo antigo castelo gótico.

Ao longo da xeira teremos ocasión de ver e comentar o Pazo-Torre dos Correa, o Castelo da Nosa Señora da Concepción, a Fortaleza de San Lourenzo, o Castelo medieval de Vila Nova de Cerveira, o antigo embarcadoiro da Vila da Barca no Miño e o inicio do Camiño da Nosa Señora do Norte en territorio galego. Tamén falaremos da Atalaia do Espírito Santo, do Forte de Lobelhe, do Facho, do Forte das Chagas e do Castelo de Medos intentando contextualizalos no seu tempo. Farémolo durante as tres horas que nos levará percorrer os 3,4 Km. dunha xeira circular de baixa dificultade. O punto de encontro é o Pazo-Torre dos Correa. Todo o traxecto será acompañado de intérprete de lingua de signos.

 

 

Está en:  Inicio Marítima Guías Prácticas de actividades e náutica de recreo. Campaña Verán 2011.
Skip to content
Guías Prácticas de actividades e náutica de recreo. Campaña Verán 2011. PDF Imprimir Correo-e

Marítima - Novas
Luns, 11 Xullo 2011 19:36
salvamento-martimo-guias

A Campaña de Verán 2011 do Ministerio de Fomento está centrada na difusión de información útil -consellos básicos de actuación e normativas de seguridade- e diríxese principalmente aos tripulantes das embarcacións de recreo. Unha flota que aumenta en número, de forma considerable, durante os meses de verán, pola presenza nas nosas augas de embarcacións de recreo de bandeira estranxeira. Tamén se dirixe aos miles de cidadáns que practican deportes e actividades náuticas.

A iniciativa está centrada especialmente na difusión, mediante as novas tecnoloxías, de consellos para mellorar a seguridade nas actividades náuticas.  Este obxectivo recollido no novo Plan Nacional de Salvamento (PNS) 2010 - 2018, que persegue reforzar a seguridade e a protección marítimas. Ademais, o PNS oriéntase ao reforzo da prevención e a concienciación dos profesionais e usuarios da mar, ademais do fomento da difusión da cultura da seguridade

Seguridade na Náutica de Recreo a través das novas tecnoloxías

Como novidade máis destacada, a Campaña de Seguridade na Náutica de Recreo 2011, utiliza as novas tecnoloxías para achegar os consellos de seguridade aos usuarios.

Concretamente, creouse una páxina web  (www.seguridadnautica.es) que ofrece a posibilidade de consulta sinxela, grazas á súa aparencia áxil e intuitiva. (Tamén se pode acceder ao contido da Campaña a través dun enlace na web de Salvamento Marítimo:( www.salvamentomaritimo.es)

Así mesmo poderanse realizar consultas a través da aplicación desenvolvida para teléfonos móbiles -en iphone e android-, que recolle as comprobacións que se deben realizar antes de partir para asegurar a travesía.

Os consellos están recompilados en dous guías:

Consellos prácticos de seguridade nas actividades náuticas

Responde á necesidade de profundar na prevención dos accidentes, abordando a seguridade nas embarcacións de recreo de todo tipo, así como na práctica do submarinismo, surf e windsurf, esquí acuático, baño, pesca costeira, motos de auga, kitesurf, kayaquismo, etc.

Guía para a náutica de recreo

Nela recóllense as normas básicas que se deben cumprir para unha navegación e desenvolvemento das actividades náuticas, así como para a defensa do medio ambiente mariño.

A Sección Marítima do IEM salienta o contido das páxinas  15  a 25, onde están descritas as faltas graves contra a seguridade marítima e o medio ambiente.

O secretario de Estado de Transportes, Isaías Táboas, e a directora Xeral da Mariña Mercante, Isabel Durántez, presentaron a campaña no Salón de Actos da Autoridade Portuaria de Vigo no peirao de transatlánticos. Tamén asistiron ao acto o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a directora de Salvamento Marítimo, Esther González Saavedra e o director Xeral da Asociación Nacional de Empresas Náuticas (ANEN), Alejandro Landaluce; e outras autoridades.