Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Marítima O concello da Guarda acolle a III Mostra das tradicións mariñeiras.
Skip to content
O concello da Guarda acolle a III Mostra das tradicións mariñeiras. PDF Imprimir Correo-e

Marítima - Novas
Martes, 19 Xullo 2011 19:57
Programa-Mostra-2011-en-A5
Download this file (Programa Mostra 2011 en A5.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A Sección Marítima do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) anuncia a presentación da III Mostra das tradicións mariñeiras o vindeiro venres 22 de xullo nun acto que terá lugar ás 20:30 horas na Casa da Cultura do concello da Guarda. O programa do día anuncia unha charla da filóloga Marta Dacosta sobre "O traballo da muller no mar" e a posteriori o pase do documental "Un mar de mulleres" dirixido por Paula Pérez González. No acto intervirán Helena Herbello do Grupo de Acción Costeira (GAC) de Vigo - A Guarda e José Manuel Domínguez Freitas, alcalde da Guarda.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

 

A III Mostra das tradición mariñeiras desenvolverase no porto da Garda durante os días sábado 30 e domingo 31 de xullo. Nese marco desenvolverase unha exposición de embarcacións tradicionais no Paseo Marítimo onde estarán presentes algunhas das gamelas da Sección Marítima do IEM. Durante a fin de semana tamén terá lugar nunha carpa colocada no peirao gardés unha mostra da Exposición Permanente do Museo do Mar de Galicia, e do Museo Atalaia a mostra "O Patrimonio marítimo de Galicia". Completa estas exhibicións unha escolma de fotografías antigas.

Obradoiros e Mercado Mariñeiro

O evento contará con diversos obradoiros (cerámica, cestería, encascado, etc) abertos á participación do público. Os devanditos talleres desenvolveranse na Nave Redeiras e na carpa do porto. Para a ocasión levantarase un Mercado Mariñeiro na Rúa do Porto con diversos postos.

Dim lights Embed Embed this video on your site

Deporte, lecer e festa gastronómica.

Os visitantes tamén poderán participar de actividades lúdico - deportivas, xa que terá lugar competencias de remoergómetro e varios deportes náuticos, no varadeiro do porto.
Unha Taberna Mariñeira posibilitará a degustación de percebes no cuberto de percebeiras no Porto. Tamén haberá degustación de peixe espada no posto da Organización de Palangreros Guardenses (OR.PA.GU) na Rúa do Porto. Para completar a festa gastronómica, os restaurantes situados fronte ao porto ofrecerán pratos típicos da cociña mariñeira.

Dim lights Embed Embed this video on your site

Música Tradicional.

A carpa do porto tamén acollerá recitais de música tradicional. Este eido cultural comezará o sábado 30 ás 22 horas na carpa do porto cun Serán Mariñeiro con grupos tradicionais da Guarda e Baixo Miño. O domingo 31, ás 21 horas, actuará o grupo de mulleres caboverdianas BATUKO TABANKA de Burela.

Dim lights Embed Embed this video on your site