Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Marítima 3ª Mostra das tradicións mariñeiras no concello da Guarda : Unha dobre gratificación.
Skip to content
3ª Mostra das tradicións mariñeiras no concello da Guarda : Unha dobre gratificación. PDF Imprimir Correo-e

Marítima - Novas
Martes, 02 Agosto 2011 22:21
Mostra Mariñeira de A Guarda
A participación da Seccións Marítima do IEM na 3ª Mostra das tradicións mariñeiras desenvolvida no concello da Guarda deixounos unha dobre gratificación: o feito de divulgar e compartir a tradición mariñeira do Val Miñor con turistas e guardeses e por outra banda, a posibilidade de xuntar nunha fin de semana ao equipo de compañeiros que integran esta sección do IEM nunha actividade conxunta.
A mostra congregou 7 embarcacións da Federación Galega pola Cultura Mariñeira e Fluvial, das cales 4 pertencían ao Val Miñor e das outras 3, un bote de Ribadeo de mariñeiros deportivos artesanais de Bouzas, outra, unha gamela coruxeira en vela de Breadouro (Canido-Coruxo), e a única gamela guardesa que "velea" hoxe en día, a de Sodinautica de Bouzas. Do Val Miñor viaxou unha gamela coruxeira (adaptada modernamente para motor), unha dorna polbeira, unha gamela de 20 cuartas (propia do Val Miñor) e mais unha vellísima embarcación (unha buceta do norte do ano 1960) partiron dende Nigrán cara a Guarda o venres 29 pola tardiña. O sábado o equipo chegou cedo ao porto da Guarda para deixar as naves prontas para recibir aos visitantes, para iso colocouse carteis informativos. A media mañá todo estivo listo e os visitantes comezaron a chegar en gran número. A actividade se mantivo ata a chegada da noite.
A xornada do domingo despregou toda a beleza da costa guardesa, e trouxo novamente unha gran cantidade de viandantes. Dende a media mañá os grupos de visitantes aproveitaron para informarse das características das diversas embarcacións, así como para tomar fotografías das mesmas. Non foron poucos os pequenos e os non tanto que retratáronse xunto con estas verdadeiras testemuñas do coñecemento tradicional mariñeiro.
Sobre a tardiña as embarcación comezaron a retirarse cara Nigrán e Bouzas, nembargante a mostra continuou ata a media noite con espectáculos artísticos e unha xenerosa festa gastronómica.