Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRA IEM-Gondomar: Polas extremas de Gondomar. Mércores 19 de xullo, ás 18:30h

O vindeiro mércores 19 de xullo gozaremos doutra nova xeira do IEM, esta vez polo concello de Gondomar "Polas extremas de Gondomar". O punto de encontro será no local do IEM (Avda. Da Feira, 10 baixo)ás 18:30H, e será guiada polos especialistas Xosé Lois Vilar Pedreira e Xosé Ramón García Martínez.


Está en:  Inicio Marítima "En Galego agora e sempre". Homenaxe da EML de Morgadáns aos devanceiros da parroquia.
Skip to content
"En Galego agora e sempre". Homenaxe da EML de Morgadáns aos devanceiros da parroquia. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Martes, 15 Maio 2012 11:59
placa-devanceiros-morgadans

O pasado domingo 13 de maio, 35 veciños de Gondomar asinaron unha declaración voluntaria de reafirmación da súa galeguidade "ante un dos momentos máis transcendentes da vida, o da morte", ca manda para os seu herdeiros "da protección do legado cultural e lingüístico de Galicia". Entre outras manifestacións, os asinantes rexistraron a súa peticiión expresa de ser lembrados nas súas lápidas cunha inscrición na nosa lingua. O acto tivo lugar no marco da iniciativa "En Galego agora e sempre", que se desenvolveu na Entidade Menor Local de Morgadáns.


A iniciativaxurde en outubro de 2011 a instancia do vogal nacionalista Xaime Lugilde, concretouse sete meses despois co apoio unánime da Xunta da Entidade. No adro da igrexa parroquial, varias decenas de veciños escoitaron antes da sinatura do documento, a Xosé González Martínez -impulsor en toda Galicia destes actos- quen salientou o feito de que os galego- falantes sexan recordados na súa lingua por sempre. "Nese intre de recollemento, cando os familiares ante a tumba do ser querido pechan os ollos e buscan o seu recordo, faisei na lingua que eles falaban: o galego".
Posteriormente, Urbano Esmerode Domínguez, presidente da EMLM, destacou o feito desta homenaxe aos devanceiros da parroquia, no marco do mes das Letras Galegas. Con voz emocionada leu unhas verbas de Vicente Risco, para finalmente convocar a tódolos veciños a defender o maior patrimonio "que temos os galegos, a nosa lingua".
Finalmente, inaugurouse unha placa no cemiterio de Morgadáns coa inscrición "Na memoria de todos os que xacen aquí, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu".
O acto, que foi amenizado pola agrupación tradicional de gaitas Balcón do Miñor, contou ademais coa participación do Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela García, Secretario Xeral de Política Lingüística Valentín García, e o escritor e membro da Real Academia Galega (e veciño de Vilaza) Xosé Luís Franco Grande. Tamén entre o público asistente, estiveron presentes o Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián Guitián, xunto a concelleiros de goberno do municipio, membros do Instituto de Estudos Miñoranos, así como representantes das distintas agrupacións políticas e sociais do concello de Gondomar.