Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Memoria Histórica Causas militares
Skip to content
Causas militares

 

Ao abeiro da axuda concedida polo Ministerio de la Presidencia do Gobierno de España, en novembro de 2009, estamos a traballar na dixitalización e transcrición das Causas Militares instruídas contra veciños e veciñas do Val Miñor entre 1936 e 1939.

Estas causas atópanse no Arquivo Intermedio da Rexión Militar Noroeste de O Ferrol e agora podemos ofrecerllas en formato dixital acompañadas da súa transcrición literal, realizada por Uxío Méixome Juiz. Paulatinamente engadirase un resumo descritivo de cada unha delas.

iemministerio

Filtrar por título     Amosar # 
# Título do Artigo Accesos
1 1936 Causa 297 contra o Garda Forestal de Baiona Jaime Martínez Estévez 3766
2 1936 Causa 644 contra os panadeiros de Gondomar 2524
3 1936 Causa 718, contra o sindicato de Gondomar 3132
4 1936 Causa 917 contra Mandado Marcote 2611
5 1936 Causas 772 contra Moisés Fernández e 1317 contra Vicente Misa 2556
6 1937 Causa 1468 contra Urbaniño o Municipal de Baiona 2707
7 1939 Causa 285 cotra José Veiro Guisande. Tres anos nunha cova. 2377