Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PROSPECCIÓN ARQUEOLÓXICA, DOCUMENTACIÓN E RESTAURACIÓN DOS PETRÓGLIFOS DE GARGAMALA (Mondariz, Pontevedra)

Este proxecto de prospección arqueolóxica, documentación e restauración dos petróglifos de Gargamala (Mondariz), promovido polo Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo, será executado polo equipo técnico multidisciplinar do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) dirixido e coordinado polo historiador e arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira e do que forman parte: María Dolores Álvarez Rey, Eloy Martínez Soto, Bruno Centelles García, Xilberte Manso de la Torre, José Antonio Viña Arias, Eduardo Méndez-Quintas, Andrea Serodio Domínguez, Manuel Ledo Bernárdez e Jesús Rodríguez Diéguez coa colaboración especial, nas tarefas de prospección, de Cándido Verde e José Álvarez Alonso (O Buraco).

Nos días 5 e 6 de outubro de 2018 un incendio arrasou 150 Ha das parroquias de Sabaxáns e Gargamala (Mondariz) que afectou a área nuclear dos petróglifos de Gargamala con distinto grao de incidencia (termoclastos, ennegrecemento da superficie, arrastes de depósitos sobre as superficies) e deixando unha paisaxe depauperada e a pracer dunha forte erosión da tona terrea.

O conxunto de petróglifos obxecto desta actuación sitúase entre os 400 e os 470 m.s.n.m.. A gran maioría deles ocupando a parte alta dos outeiros (GA 36030023-18-11), as valgadas entre eles no caso do Campado (GA 36030055-14-15-54), chans como Campo Redondo (GA 36030038) cun amplísimo dominio visual ,que chega á Serra do Galiñeiro, parello ó emprazamento dos petróglifos da Coutada (Taboexa, As Neves) ou As Portaxes no Monte Tetón (Tebra, Tomiño) tamén obxecto de prospección, estudo, posta en valor e musealización por parte do Instituto de Estudos Miñoráns.

Na zona de actuación destaca a presenza dun ulleiro aproveitado polos veciños para a traída de augas doméstica e na outra vertente hai varios muíños hidráulicos.
Estamos ó redor das coordenadas 545.686/4.679.970 
(datum: ETRS 1989, fuso 29).

Esta concentración de petróglifos atópase na parroquia de Gargamala, no concello de Mondariz, composta polas aldeas de Vedrelos e O Soutiño na zona meridional e A Rúa, Mourelle, Boente e O Barro. A parroquia está rodeada por Frades, Riofrío, Sabaxáns e Toutón como freguesías do mesmo concello e polo norte polas de Traspielas e Ventín do concello de Fornelos de Montes. Estamos no sur do Suído nun mundo de serra onde as aldeas escasean e foi zona tradicional de pastoreo que deixou pegadas etnográficas nos chozos, neveiras, cerres para o gado e nos foxos de lobo.
Estamos no val medio-alto do río Tea cara o que drenan os núcleos habitados de Gargamala. A zona noroeste do Castro Chouso, O Foxo do Lobo, A Chan de Cairón... botan as augas no río Barragán que desauga no río Oitavén ó pé do castro da Cidade (Calvos, Fornelos) na mesma presa das Eiras.


Está en:  Inicio Memoria Histórica Novas
Skip to content
Novas
Presentación do libro " Os nomes do terror" Martes 7 de novembro ás 20:00h Auditorio municipal de Nigrán PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 01 Novembro 2017 22:56
cartaz miorns

Seguindo co fío de " Nigrán a través da Memoria", o vindeiro martes 7 de novembro ás 20:00h, organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns en colaboración co concello de Nigrán, o Auditorio municipal acollerá a presentación do libro "Os nomes do terror", que fóra aprazada da súa data inicial en outubro.

Coordinado polos historiadores Xosé Ramón Ermida, Dionisio Pereira, Eliseo Fernández e Xoán Carlos Garrido. Nel participan moitos dos principais investigadores desta época en Galicia, como Emilio Grandío, Carlos Nuevo Cal, Bernardo Máiz, Xosé Álvarez, Manuel Pazos, Judith Carbajo, Ana Cebreiros, Carlos F. Velasco ou Julio Prada.

Intervendrán na presentación:

Xosé Lois Vilar. Historiador

Xoán Carlos Garrido. Coordinador do libro

Xosé Álvarez Castro. Co-autor do libro

Marga Romero Lorenzo. Conselleira de Sermos Galiza
 
Proxección do documental "Matriarcas", martes 24 de outubro ás 20:00 h. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 20 Outubro 2017 19:46
matriarcas

O vindeiro martes 24 de outubro, no marco de actividades “Nigrán a través da memoria” terá lugar ás 20:00h a proxección do documental “ Matriarcas” no Auditorio de Nigrán.

 
Suspensión da presentación de “ Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 16 Outubro 2017 22:23

8551473339712-bandera-de-galicia-con-lazo-negro

Como consecuencia da declaración polo Concello de Nigrán de tres días de loito oficial, quedan suspendidas tódalas actividades organizadas polo Concello, e polo tanto tamén a presentación de “Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

 
Presentación do libro " Os nomes do terror" PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 12 Outubro 2017 10:18

cartaz miorns

O vindeiro martes 17 de outubro ás 20:00h, organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns, o Auditorio municipal de Nigrán acollerá a presentación do libro "Os nomes do terror" sobre os represores e represión franquista no Val Miñor.

Falarán:

Xosé Lois Vilar. Historiador

Xoán Carlos Garrido. Coordinador do libro

Xosé Álvarez Castro. Co-autor do libro

Marga Romero Lorenzo. Conselleira de Sermos Galiza

 
 "NIGRÁN A TRAVÉS DA MEMORIA" PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 08 Outubro 2017 22:19

Martes 10 ás 20.00 horas. Auditorio Municipal de Nigrán

'Camilo, o último guerrilleiro de Galicia'. Proxección do documental

Venres 13 ás 20:00 horas. Auditorio Municipal de Nigrán

Inauguración da exposición 'Rexas' comisariada por Montse Fajardo

(aberta ata o 17 de novembro)

Sábado 14-Conmemoración da 'Volta dos 9'

10:45 Cemiterio de Sabarís

11:30 Curva da Bombardeira, Baredo

12:30 Xardín da memoria no Pavillón de Panxón

Martes 17 ás 20:00 horas. Auditorio Municipal de Nigrán
'Os nomes do terror'. Presentación do libro

Martes 24 ás 20:00 horas. Auditorio Municipal de Nigrán

'Matriarcas'.Proxección do documental

Venres 28 ás 12:00 horas. Cemiterio de Parada

Día da Recuperación da Memoria Lingüística de Galicia

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 13