Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Suspensión da presentación de “ Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

Como consecuencia da declaración polo Concello de Nigrán de tres días de loito oficial, quedan suspendidas tódalas actividades organizadas polo Concello, e polo tanto tamén a presentación de “Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

Está en:  Inicio Memoria Histórica Novas Imaxes da Homenaxe Nacional ás vítimas do franquismo
Skip to content

Relacionados

Imaxes da Homenaxe Nacional ás vítimas do franquismo PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Martes, 07 Setembro 2010 21:08
{youtube width="200" height="160"}yuEXH76Agv0{/youtube}
O Instituto de Estudos Miñoranos xunto con outra moitas Asociacións para a Recuperación da Memoria Histórica e as demais entidades adheridas á Iniciativa Galega pola Memoria (IGM)  participou no 18 de xullo na Illa de San Simón nunha homenaxe nacional ás vítimas do franquismo, seguindo a xeira comezada no 2006 -o ano da memoria- dedicado especialmente nesta ocasión a lembrar as familias dos represaliados que tiveron e teñen que sufrir as consecuencias do acontecido ao seu parente. Consecuencias polas que aínda hoxe non foron resarcidos.

O levantamento fascista escolleu precisamente a data 18 de xullo, como fundacional dunha orde antidemocrática e xerárquica, que aínda na actualidade non foi debidamente desmontada, tal como acredita a simboloxía que segue a presidir espazos públicos, a pesares de que a chamada lei da memoria impón eliminar. Para o movemento memorialista o 18 de xullo de 1936 comezou unha infamia que debe ser recordada, facendo aboiar a verdade silenciada e restaurando a honra calumniada dos demócratas perseguidos. Por isto se escolle a Illa de San Simón, un dos moitos lugares da memoria que lamentablemente ten o noso país, mais que pola concentración no tempo e no espazo que se produciu aquí nos momentos álxidos da represión, e polos acontecementos de illamento, arbitrariedade e brutalidade que aquí tiveron lugar, simboliza a realidade vivida en toda Galicia. Por iso as asociacións de recuperación da memoria histórica insistimos en manter viva a chama da memoria nesta illa.
Participaron 300 persoas, as que collían nas dúas viaxes do barco, membros das diferentes asociacións adheridas á IGM, e que embarcaron dende o porto de Cesantes a partir das 9:30 da mañá. Ás once da mañá comezaron os actos, despois do saúdo de benvida do Xerente da Fundación Illa de San Simón e da presentación do acto por parte da xornalista Comba Campoy, coa intervención en representación das familias dos represaliados de Antonio Monroy Álvarez, fillo de Adolfo Monroy Figueroa, dirixente do sindicato de industrias pesqueiras da CNT, asasinado ás portas do cemiterio municipal de Mos, na madrugada do 10 de novembro do 1936. Antonio é o oitavo dos nove fillos e fillas do matrimonio formado por Adolfo Monroy e Josefa Álvarez, e daquela aínda non contaba catro anos de vida. Aínda que neno foi testemuña do sufrimento da súa nai, e, criándose nun ambiente de incomprensión e pobreza.

En representación dos presos da Illa de San Simón falou Heriberto Rodríguez Bermejo, nacido en Guimarei-A Estrada, en 1913. Despois do golpe de estado de 1936 aprésano na Estrada e reclúeno nos cárceres do Lazareto de San Simón, Santiago e Pontevedra, pasa despois a batallóns de Traballadores en Canarias e Marrocos. Ao saír da cadea pasa un tempo na Estrada e logo, pola presión á que era sometido polos falanxistas locais emigra a Arxentina, de onde regresa anos despois, para establecer o seu domicilio de novo na vila pontevedresa.

Continuou ao acto cun recital poético a cargo de Carmen Blanco (neta de avós represaliados, un deles preso nun barco que puido ser o Upo Mendi en San Simón, autora de libros sobre a memoria como Vermella con Lobos e Atracción Total e de Claudio Rodríguez Fer (Fillo de represaliado, autor de libros sobre a memoria como A loita continúa e Ámote Vermella).

Avanzou o acto coa intervención musical de A Quenlla. Grupo implicado co movemento memorialista co que colabora continuamente e membro adherido á IGM.

A continuación Xosé Lois Santos Cabana, da Asociación para a recuperación da Memoria Histórica e defensa do Patrimonio Inmaterial A Oliveira, deu lectura á declaración de principios acordada polas entidades adheridas a IGM.

 

Rematou o acto cunha ofrenda floral no Cemiterio da Illa, na Illa de San Antón despois de facer un percorrido polo illa guiados por Heriberto Rodríguez e Matías Da Torre e tras a lectura por parte de Manuel Monge, presidente da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña da táboa reivindicativa da IGM

18.07.10 Illa de San Simón día da Memoria