Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Memoria Histórica Novas
Skip to content
Novas
Pontevedra nos anos do medo PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 31 Outubro 2011 22:55

os-anos-do-medo

O Blog Pontevedra nos ano do medo do profesor Xosé Álvarez Castro achega unha moi interesante e rigorosa información histórica sobre a represión franquista na bisbarra de Pontevedra. De xeito metódico, dende o ano 2008 o autor acumula artigos de información sobre distintos temas e episodios relacionados coa memoria histórica.
Ler máis...
 
Artigo de Francisco Rodríguez Sánchez sobres as exhumacións no cemiterio de Grandal (Vilarmaior). PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Mércores, 26 Outubro 2011 20:17

"Relacionándome con moi boas persoas da parroquia, comprobei canta resistencia para seguir vivindo, canto esforzo individual para mellorar, sen amparo institucional ningún, canta capacidade e potencialidade, canta dignidade malia a consciencia de non seren respectados nin valorados, como se debese"

Ler máis...
 
Vídeo da rolda de prensa co informe preliminar das exhumacións na fosa de Grandal. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 20 Outubro 2011 18:30

{youtube width="250" height="200"}-Cq8W_q8rzc{/youtube}

Con motivo dos traballos desenvolvidos no cemiterio de Grandal (Vilarmaior), o equipo arqueolóxico do IEM celebrou unha rolda de prensa onde comunicou as características das exhumacións realizadas. Achegamos imaxes da mesma.

 
Péchase a fosa de Grandal (Vilarmaior) co retiro de cinco corpos exhumados. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Martes, 18 Outubro 2011 21:09

portada-cemiterio

Co retiro dos restos exhumados polo equipo arqueolóxico do IEM, dirixido por Xosé Lois Vilar, pechouse a fosa común no cemiterio de San Pedro de Grandal (Vilarmaior) na tarde deste martes 18 de outubro. Aos dous cadáveres atopados na xornada do venres 15, sumáronse os restos doutras tres persoas, todos eles pendentes de identificar por parte das unidades forenses. Xunto cos restos, foron atopados unha moeda, unha medalla, un chisqueiro, un calzado, minas de grafito, e unha folla escrita que poden ser de utilidade na seguinte fase de identificación dos corpos.
Ler máis...
 
O equipo arqueolóxico do IEM atopa a dous das cinco vítimas soterradas na fosa de Grandal. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 14 Outubro 2011 21:39

grandal

Dous cadáveres foron atopados este venres 14 de outubro na fosa de Grandal (Vilarmaior) polo equipo arqueolóxico do IEM. Hai bos indicios de que outro terceiro estaría probablemente a carón destes, o que será escavado na xornada de mañá. Como xa informáramos, os traballos de exhumación ten por obxectivo atopar os restos de catro das cinco persoas fusiladas en 1936 neste paraxe, e soterradas nunha fosa no cemiterio de Grandal, no concello de Vilarmaior. Un dos corpos fora retirado meses despois do incidente polos familiares da vítima, polo cal, só restaría encontrar un dos represaliados.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 13