Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Memoria Histórica Volta dos nove
Skip to content
Volta dos nove
A volta dos nove 2016 PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Volta dos nove
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 17 Outubro 2016 23:34

A volta dos nove 2016

Dim lights Embed Embed this video on your site

 
A Volta dos Nove PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Volta dos nove
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 11 Outubro 2016 01:42
Neste mes de outubro cúmprense 80 anos do asasinato dos veciños de Sabarís Ventura Pérez, Dolores Samuelle Álvarez e os irmáns Luís e José López Luís, "Os Ineses”, en mans da represión franquista na mañá do 13 de outubro de 1936. Cúmprese tamén un novo cabodano da execución de nove mariñeiros do Val Miñor acaecida días despois, na madrugada do 16 de outubro , no lugar de Baiona que agora os lembra, A Volta dos Nove.

En honor á memoria destes veciños e veciñas da nosa bisbarra, o Instituto de Estudos Miñoráns convoca a unha serie de homenaxes que terán lugar este sábado 15 de outubro, e que contarán coas intervencións de Montse Fajardo Pérez, María Xosé González Chamorro e Cristina Fernández Ameal, e as actuacións instrumentais de David Arroyos Juan no fagot e Margarida Mariño Suárez no violonchelo.

O punto de encontro será ás 11:45h no aparcamento da rotonda do cámping da Ladeira.

Programa:

Ás 12:00 h visita á casa onde se agocharon os “Ineses” Luís e José López Luís .
Ás 12:30 h visita ó cemiterio de Sabarís.
Ás 13:00 h ofrenda floral no monumento á memoria dos Nove, obra do artista Fernando Casás
 
IV Cine e memoria Represaliadas PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Volta dos nove
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 02 Outubro 2016 23:35
captura de pantalla 2016-10-03 a las 21.44.09
captura de pantalla 2016-10-05 a las 16.23.47
Neste mes de outubro de 2016 lembramos 80 anos máis tarde o asesinato dos Ineses, Pepe e Luís, máis de Dolores Samuelle o 13 de outubro de 1936. O 15 de outubro seguinte na Volta dos Nove en Baiona foron asasinados nove homes.
Os actos conmemorativos deste ano xirarán ó redor do mundo da muller represaliada a partir do golpe de estado do 36. Por elo o IV ciclo de Cine e Memoria leva o título de REPRESALIADAS. Celebrarémolos todos os venres do mes no Auditorio da Casa do Concello de Nigrán e comezaremos o día 7 cunha conferencia de Montse Fajardo sobre a represión da muller en Galicia logo do golpe de estado. Nos venres seguintes tres documentais nos que participarán directores, directoras, guionistas e investigadores.
IV Cine e memoria

Represaliadas

Auditorio do Concello de Nigrán
7 outubro 2016 venres 20h. Conferencia
MONTSE FAJARDO
"A represión sobre as mulleres tras o golpe de estado do 36".
Ler máis...
 
En memoria dos “Ineses”, os “Nove” e todas as vítimas da represión franquista. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Volta dos nove
Escrito por IEM   
Martes, 20 Outubro 2015 22:08

V9_XoseLois

Dous actos de represión. Dúas xornadas que deixaron pegada na memoria dos veciños e veciñas do Val Miñor dende hai case oito décadas. Os asasinatos por parte das forzas golpistas do cego Ventura Pérez, a súa criada Dolores Samuelle e dos irmáns Luis e José López Luis, “Os Ineses” en Sabarís, o día 13 de setembro do 36. Tres días despois e a consecuencia da morte do falanxista Refojos no asalto á casa de Ventura Pérez, foron sacados da cadea e executados nove veciños da bisbarra, coa vinganza como única razón.  Este último acto foi lembrado ano a ano coa marca de nove cruces na curva da execución. E dende 2006 co monumento que os lembra e os actos de memoria de familiares e o IEM

Ler máis...
 
VOLTA DOS NOVE PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Volta dos nove
Escrito por Marta Dacosta   
Martes, 09 Setembro 2014 12:12
casas-volta-9

(un golpe) E a pouta de metal que estoupa tras dos ollos,
pouta que destrúe memoria, amor, desexo, vida.

(dous golpes) Pólvora, bala, pouta de metal que estoupa,
pouta que destrúe a imaxe amada, as voces infantís.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 3