Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Suspensión da presentación de “ Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

Como consecuencia da declaración polo Concello de Nigrán de tres días de loito oficial, quedan suspendidas tódalas actividades organizadas polo Concello, e polo tanto tamén a presentación de “Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

Está en:  Inicio Memoria Histórica Volta dos nove
Skip to content
Volta dos nove
Un centenar de persoas homenaxearon na Volta dos Nove, a memoria das vítimas da represión franquista. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Volta dos nove
Escrito por IEM   
Domingo, 14 Outubro 2012 20:40

IMG_0581

Como tódolos anos dende o 2005, tivo lugar unha homenaxe na Volta dos Nove organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos e familiares das vítimas. Ao redor do monumento do escultor Fernando Casás, que lembra aos nove miñoranos asasinados en Baiona na madrugada do 15 de outubro de 1936 pola represión franquista, un centenar de persoas asistiron baixo unha intensa choiva, nun acto de "memoria e dignidade", en palabras do historiador Carlos Méixome (IEM), quen fixo unha breve oratoria previa ás ofrendas florais.
Ler máis...
 
A 76 anos do asasinato dos nove veciños do Val Miñor en Baiona. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Volta dos nove
Escrito por IEM   
Xoves, 11 Outubro 2012 23:38

ofrenda-floral-volata-dos-9

O vindeiro domingo 14 de outubro, ás 13 horas, volveremos  reunirnos en torno al monumento "Volta dos Nove", na curva da Bombardeira (Baredo - Baiona). Un ano máis, familiares, veciñas e veciños lembraremos a memoria dos nove veciños miñoranos asasinados pola represión franquista na madrugada do 15 de outubro de 1936, á altura do quilómetro 58 da estrada Baiona - Camposancos. Como parte da conmemoración deste 76 cabodano, días atrás, familiares e membros do IEM replantaron 45 loureiros na zona do monumento, en substitución dos orixinais afectados polas inclemencias do tempo.

Ler máis...
 
Vídeo da homenaxe no 75º cabodano dos Nove de Baredo. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Volta dos nove
Escrito por IEM   
Mércores, 19 Outubro 2011 21:56

{youtube width="250" height="200"}mRr7V0aUhhI{/youtube}

Achegamos o vídeo da sinxela homenaxe aos nove veciños do Val Miñor asasinados en Baredo, na madrugada do 16 de outubro de 1936.

 
No 75 cabodano do asasinato dos 9 veciños do Val Miñor. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Volta dos nove
Escrito por IEM   
Luns, 17 Outubro 2011 20:41

{youtube width="250" height="200"}xQbpIzuWjNo{/youtube}

No 75 cabodano, nunha sinxela e sentida homenaxe foron recordados os nove veciños do Val Miñor asasinados na madrugada do 16 de outubro de 1936 no quilómetro 58 da estrada Pontevedra Camposancos. No mediodía do sábado 15, reunidos ao pé do monumento-homenaxe obra do escultor Fernando Casás, membros do Instituto de Estudos Miñoranos, a Comisión Volta dos Nove, familiares dos asasinados, concelleiros dos tres municipios do Val Miñor e veciñas e veciños da bisbarra, fixéronse presentes para acompañar a memoria das vítimas.

Ler máis...
 
No 75 aniversario dos asasinatos na Volta dos Nove PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Volta dos nove
Escrito por IEM   
Xoves, 13 Outubro 2011 23:11

 

volta-dos-nove

A Comisión de familiares "Volta dos Nove" e o Instituto de Estudos Miñoranos realizarán o próximo sábado 15 de outubro, ás 13h, unha ofrenda floral en memoria dos nove veciños do Val Miñor asasinados na noite daquela triste xornada de 1936.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 3