Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Novas Outubro recibe o ciclo “Cine e Memoria II” no Val Miñor
Skip to content
Outubro recibe o ciclo “Cine e Memoria II” no Val Miñor PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 26 Setembro 2014 20:29
webCine_memoria

O informe provisional do Relator da ONU, Pablo Greiff  trala súa visita a Galicia en xaneiro, así como o reclamo do mesmo organismo –por 4ª vez – ao Estado español para que cumpra coas diferentes lexislacións que en materia de dereitos humanos ten asinadas, reflicten o estado marxinal na que se atopa a problemáticas das vítimas do franquismo e a impunidade dos crimes dese réxime. As xornadas provinciais de Memoria Histórica organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos no 2009, deixaron en evidencia que arestora emprender unha investigación na procura de información para esclarecer o acontecido así como calquera intento de desenvolver exhumacións de fosas enfronta innumerables pegas por parte das administracións públicas.

Neste contexto, o Instituto de Estudos Miñoranos organiza como todos os anos dende 2005 unha actividade especial no mes de outubro, onde se lembra o asasinato dos nove veciños do Val Miñor en mans da represión franquista na madrugada do 14 ao 15 de outubro en Baiona.

O ciclo “Cine e Memoria II”, será o evento cultural que como en 2009, pretende achegar ao Val Miñor os últimos traballos documentais e de investigación en materia de Memoria Histórica. O mesmo congregará a directores, produtores e protagonistas dos cinco títulos que acolle o ciclo. Películas que abordan desde diferentes miradas o tema da recuperación da memoria familiar (O segredo da Frouxeira), a vida clandestina nos monte de fuxidos e guerrilleiros (O meu nome é Luis “Ferreiro”), os masacres colectivos (La Sauceda. De la Utopía al horror), a represión ás mulleres da resistencia (As silenciadas), e un documental de especial pegada na historia recente do Val Miñor, A Volta dos Nove.

Os pases dos filmes terán lugar todos os días mércores do mes de outubro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, agás o 15 de outubro no que será a estrea no Val Miñor do filme A Volta dos Nove, que será exhibida no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío. A entrada será gratuíta e ata completar o aforo das salas.

Achegamos programa e cartel do Ciclo

1 de outubro: O segredo da Frouxeira, de Xosé Abad. (Galicia, 2009)

8 de outubro: O meu nome é Luis “Ferreiro”. Unha historia do antifranquismo galego, de Roi Caxiao e Fernando Llor. (Galicia, 2010)

15 de outubro: A Volta dos Nove, de Antonio Cairo. (Galicia, 2014)

22 de outubro: La Sauceda. De la utopía al horror, de Juan Miguel León Moriche. (Málaga, 2013)

29 de outubro : As silenciadas, de Pablos Ces. (Galicia, 2010)