Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Novas Inscricións para participar na homenaxe ás vítimas do franquismo na Illa de San Simón.
Skip to content
Inscricións para participar na homenaxe ás vítimas do franquismo na Illa de San Simón. PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Xoves, 02 Xullo 2015 21:38
Isla-Vigo-utilizada-carcel-franquismo_EDIIMA20130724_0533_13

Como todos os anos nestas datas Iniciativa Galega pola Memoria organiza o acto nacional de homenaxe ás vítimas do franquismo na Illa de San Simón. Este ano será o domingo 19 de xullo e terá como núcleo central da cerimonia o recordo para todos aqueles que deberon emigrar ou exiliarse por mor da represión da ditadura.

Como sabedes, para participar é necesario inscribirse previamente para coordinar as prazas dispoñibles nos barcos que fan o cruce á illa ese día. Os amigos e amigas do IEM que estean interesados en participar deben dirixir unha solicitude ao correo oficina @minhor.org . A data límite en principio é o martes 7 de xullo. Coma todos os anos, as persoas que participen da homenaxe deben trasladarse por medios propios até o porto.


En principio -falta a definitiva confirmación-, o barco sairá do porto de San Adrián de Cobres (Vilaboa) en catro quendas:

 

Saída do 1º barco .- 09,45 h.
Saída do 2º.barco - 10,10 h.
Saída do 3º barco - 10,35 h.
Saída do 4º barco - 11,00 h.

Nos vindeiros días, e segundo a cantidade de participantes inscritos a organización confirmará o horario de embarque que corresponda ao IEM. De momento sabemos que o acto central na illa sería ás 12,00 horas e o regreso faríase a partir das 13:00 h.