Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Novas San Simón, illa de Memoria
Skip to content
San Simón, illa de Memoria PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 20 Xullo 2015 05:57
San-simon-2015

O reclamo de xustiza e non esquecemento para as vítimas da ditadura franquista uniu a máis de 400 persoas este domingo no antigo campo de concentración da illa de San Simón. Convocados polas asociacións reunidas na Iniciativa Galega pola Memoria, participaron dun acto, este ano inspirado na lembranza das persoas exiliadas por causa da represión. A xuntanza, cun fondo carácter tamén emotivo, contou coa testemuño de Darío Rivas, quen aos 94 anos lidera a querela na Arxentina contra os responsables do xenocidio iniciado en 1936, entre cuxas vítimas atópase seu pai, alcalde de Castro Rei executado por falanxistas.


Nesta homenaxe anual ás vítimas, a IGM reiterou demandas centrais como a derrogación da lei de amnistía, lembrando ao Estado español que está a incumprir coas recentes recomendacións que en materia de dereitos humanos fíxolle Nacións Unidas .

 

Especial fincapé tivo o reclamo por devolver o carácter de lugar de memoria á illa de San Simón, un dos maiores campos de concentración montados polo franquismo entre 1936 e 1943. Pedido estendido a un debido recoñecemento ás familias da parroquia de Cesantes, pola súa labor solidaria e humanitaria naquel período cos repesaliados e as súas familias.

Os asistentes á homenaxe chegaron á illa en catro quendas dun barco que partiu do porto de San Andrés de Cobres (Vilaboa). E no mediodía comezou a homenaxe coa interpretación do Himno de Reigo por parte do grupo de gaitas presente. Inmediatamente Fernando Souto (da CRMH da Coruña) fixo un resumo aos presentes das demandas históricas da IGM, para logo dar paso á lectura por parte de Queta Molas (ARMH de Marín) dun texto de Luís Bará (Asociación "A Regaduxa" de Vilaboa) que lembra a testemuña de Isabel Gómez Costas e a súa familia, veciños de Redondela, que marcharon ao exilio no ano 1937.

Darío Rivas foi presentado polo músico e mestre Mero a quen une unha afastada relación de amizade. Espazo da homenaxe altamente emotivo para eles e o público que seguiu cun silencio respectuoso a lembranza das horas difíciles que viviron esas familias de Lugo. A intervención de Darío Rivas, puxo broche final ao acto xunto coas tradicionais soltas de pombas e achegas florais que familiares e amigos das vítimas achegaron una ano máis a San Simón. Unha sentida entoación do Himno Galego pechou a homenaxe.